Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 13 de novembro de 1996 Páx. 10.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 7 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da resolución do expediente sancionador T-26/1995 incoado por infracción da normativa vixente en materia de epizootias devolto polo servicio de correos ó resultar descoñecido o seu destinatario.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán a seguir, as resolucións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presunta infracción da Lei de epizootias do 20-12-1952, e o seu Regulamento do 4-2-1955.

O importe da sanción que, en cada caso corresponda, farase efectivo na conta 44030/003919-6 da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, empregando o impreso que se facilitará en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, agás a presentación do recurso pertinente. Caso contrario procederase ó seu cobro pola vía executiva.

Contra esta resolución caberá interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da presente publicación, perante o con

selleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia. De non se-lo caso, aquela adquirirá firmeza para tódolos efectos.

Ourense, 7 de outubro de 1996.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: T-26/1995.

Nome e apelidos do denunciado: Valentín Baos Ruiz.

Último enderezo coñecido: Juan de Ávila, 11, Bolaños de Calatrava (Ciudad Real).

Feito denunciado: transporte de gando sen documento de Inscri./Autoriza. do vehículo.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 52 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción imposta: 10.000.

8017