Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 13 de novembro de 1996 Páx. 10.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 7 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da apertura dos expedientes sancionadores de epizootias, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios. (Expediente T-7/1996 e seis máis).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPA), notifícolles ós denunciados que teñen os datos personais e último enderezo coñecido que se sinalarán a seguir, as incoacións dos correspondentes expedientes sancionadores acordados polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei de epizootias, do 20-12-1952 e do seu Regulamento do 4-2-1955.

Así mesmo, designo instructora dos expedientes a Mª Rosa Rodríguez Cougil, quen poderá ser obxecto de recusación en calquera momento da tramitación dos expedientes, cando concorra calquera dos supostos determinados nos artigos 28 e 29 da LRXPA.

Os denunciados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Progreso nº 161, entresellado

e presenta-los descargos e documentos que consideren convenientes na súa defensa.

De non presentaren alegación no prazo fixado, consonte o artigo 13 do Regulamento 1398/1993, do 4 de agosto, de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución para tódolos efectos.

Este órgano administrativo acordará a terminación do procedemento no suposto de que o interesado recoñeza a súa responsabilidade nos cargos que se lle imputan e proceda, en calquera momento anterior á resolución do procedemento e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas oficinas desta delegación provincial ou en calquera outra dependente da Xunta de Galicia, ó pagamento voluntario da sanción que en cada caso corresponda, todo isto sen prexuízo da posibilidade que asiste a cada expedientado de formula-los recursos que establece a lexislación aplicable e vixente, e ó abeiro do artigo 8 do citado regulamento.

O órgano competente para resolve-los procedementos sinalados dentro da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense virá determinado polo tipo de infracción cometida, segundo o artigo 12 da LRXPA e no Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Ourense, 7 de outubro de 1996.

Jacobo Gómez Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº Expte.Nome e apelidos do

denunciado

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecep. infrinxido

e sancionador

Sanción

proposta

Instructora

T-7/1996Joaquín González Gonzálezr/ Progreso 55 (A Rúa)Transporte de gando sen guía de orixeArt. 32. do regulamento da Lei de epizootias15.000Mª Rosa Rguez. Cougil

Nº Expte.Nome e apelidos do

denunciado

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecep. infrinxido

e sancionador

Sanción

proposta

Instructora

T-8/1996Severino Fernández DomínguezCortegada (Rios)Transporte de gando sen gúia de orixe e sen Doc. Insc./Aut. do vehículoArt. 32 e 52 do regulamento da Lei de epizootias20.000Mª Rosa Rguez. Cougil
T-13/1996Antonio Alonso Gonzálezr/ Joaquín Loriga, 20 (Pontevedra)Sen tarxeta de inscripción/autorización do vehículoArt. 52 do regulamento da Lei de epizootias10.000Mª Rosa Rguez. Cougil
T-26/1996Ramón Augusto Vences GonzálezCortegada s/n (Ourense)Transporte de gando sen guía de orixeArt. 32 do regulamento da Lei de epizootias15.000Mª Rosa Rguez. Cougil
T-27/1996José Fernández Rodríguezr/ Caldas 51, 4º (Ourense)Transporte de gando sen guía de orixeArt. 32 do regulamento da Lei de epizootias15.000Mª Rosa Rguez. Cougil
T-33/1996José Manuel Díaz Vilarr/ Goya 29, Monforte de Lemos (Lugo)Venda de gando sen autorizaciónArt. 159 do regulamento da Lei de epizootias15.000Mª Rosa Rguez. Cougil
T34-/1996Juan José García Lópezr/ Hornos, 4, Ponferrada (León)Venda de gando sen autorizaciónArt. 159 do Regulamento da Lei de epizootias15.000Mª Rosa Rguez. Cougil

8016