Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 13 de novembro de 1996 Páx. 10.206

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (137/1995-01).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario en funcións do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nnúmero un de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas indicado, seguido por danos, no que é denunciante Gabriel Vázquez Suárez e denunciado Manuel Suárez Barreiro, se dictou sentencia cunha decisión que di como segue:

Que debo absolver e absolvo a Manuel Suárez Barreiro da presunta falta á que se refire o presente procedemento, declarando as custas de oficio.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a derradeira notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo. Seguen sinaturas, Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz, Jorge Villar Trabazos, secretario.

E para que conste e lles sirva de notificación ó denunciado Manuel Suárez Barreiro, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o trece de setembro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

7360