Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 13 de novembro de 1996 Páx. 10.205

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NEGREIRA

CÉDULA de emprazamento (106/1996),

En virtude do acordado pola xuíza deste xulgado, María Cristina Navares Villar, no xuízo de menor contía número 106/1996, seguido por instancia de Manuel Liñares Rey contra Pilar Camiño Trigo e herdeiros descoñecidos e incertos de José Martelo, sobre reclamación de cantidade, pola presente cédula emprázanse os herdeiros descoñecidos e incertos de José Martelo para que no improrrogable prazo de dez días comparezan nos autos por medio de procurador que os represente en legal forma, baixo apercibimento de que, se non o verifican no prazo indicado, continuará o xuízo na súa rebeldía

e recaerán sobre eles os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Negreira, o doce de xuño de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

6972