Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 13 de novembro de 1996 Páx. 10.206

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (117/1995).

Eu, Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo, baixo o nº 117/1995, por instancia de Bankinter, S.A., representado pola procuradora Sánchez Silva, contra Antonio Rafael Silva Costoyas, nos que se acordou sacar a pública

poxa, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o vindeiro día 20 de decembro, ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 11.975.000 pesetas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día 20 de xaneiro de 1997, ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo da primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día 20 de febreiro, ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores- agás o acredor demandante- deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos a licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0117/95, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Oitava.-En caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa realización á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana na que se sinalase a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor ofertante, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima.-De o pedi-lo acredor ata o mesmo momento da realización da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos par

ticipantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros ofertantes e sempre pola orde destas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa:

-Bens mobles.

Turismo Renault R-5, matrícula C-5281-C.

Valorado en 50.000 ptas.

-Bens inmobles.

Piso na segunda planta alta, destinado a vivenda, sinalado coa letra D, dunha casa sinalada co número 12 da rúa Diego de Muros, do grupo Santiago Apóstol, sita na cidade de Santiago de Compostela. Ten unha superficie útil aproximada de 79,85 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela, no tomo 994, libro 26, folio 67, predio número 2.912.

Valorada en 11.925.000 pesetas.

Valoración total: 11.975.000 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o 25 de setembro de 1996.

Rubricado

6987