Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.107

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da corrección de erros do convenio colectivo de limpeza de edificios e locais.

Visto o expediente de corrección de erros do convenio colectivo de limpeza de edificios e locais, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 18-10-1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de Limpeza de Edificios e Locais da Coruña e da parte social pola CIG e CC.OO. o día 10-10-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcions e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de outubro de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta da reunión celebrada para a rectificación do erro advertido no convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña.

Asistentes.

Pola parte empresarial: Arsenio Mezquiriz Andrade (Asociación de Empresarios de Limpieza de Edificios y Locales da Coruña).

Pola parte social: Luis Soto Sabio (CIG), José Luis Paz Pena (CC.OO).

Na Coruña, nos locais da Asociación de Empresarios de Limpeza de Edificios y Locales, ás 12 horas do día 10 de outubro de 1996, reúnense as persoas enriba relacionadas, para proceder á rectificación do erro advertido na redacción do convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña.

Inciada a reunión, obsérvase que no artigo 8, referente á xornada laboral, omitiuse por erro un pará

grafo. Detectado tal erro, é vontade da representación sindical e da representación empresarial emendalo, e por iso acordan:

-O parágrafo segundo do artigo 8 do covenio colectivo de limpeza de edificios e locais da provincia da coruña, debe te-la seguinte redacción:

«Establécese o día de Sábado Santo como día festivo e non recuperable naqueles centros de traballo nos que o persoal propio non o teña establecido como día de traballo. A partir do 1-1-1998, o día de Sábado Santo establécese como día festivo e non recuperable; a aqueles traballadores que por necesidades do servicio non puidesen desfrutar este día, daráselles outro día de descanso en compensación; este día sinalarao a empresa dependendo das necesidades do servicio».

-Manda-la citada acta de rectificacion de erro á delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para o seu rexistro, depósito e envio da publicación no BOP.

Sen máis asuntos que tratar, dáse por rematada a reunión ás 12.30 horas da data enriba indicada.

9608185