Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.107

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de novembro de 1996 pola que se resolve a convocatoria, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola Orde do 16 de setembro de 1996 (DOG nº 187, do 24 de setembro).

Esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas polo artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, (modificado polas leis, 4/1991 e 3/1995), da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican ós funcionarios dos que se expresan os seus datos no anexo desta orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron as prazas, producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do

cesamento, se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta o funcionario, realizará, dentro dos prazos sinalados nos apartados anteriores, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente levaranse a cabo os trámites necesarios para a entrada en nómina.

Das dilixencias efectuadas darase traslado, mediante fotocopia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicándolle previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1996.

Celso Ramón Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Denominación e código do postoDependenciaLocalidadeGrupoNivelCorpo/

Escala

Apelidos e nome

Nº rexistro persoal

Subdirectora xeral de Construccións e Equipamentos

ED.C02.00.003.15770.001

Secretaría XeralSantiago de CompostelaA30XeralPaz Romero, Mª Inmaculada

34.719.345.35.A2060

Xefe de Servicio de Persoal

ED.C99.10.000.15001.111

Delegación ProvincialA CoruñaB28XeralBullón Llorente, Mª de los Ángeles

32.394.153.13.A2051

Secretaria do secretario xeral

ED.C02.00.000.15770.001

Secretaría XeralSantiago de CompostelaD18XeralCostas Queijeiro, Mª Elisa

36.064.104.68.A1622

Secretaria

ED.C01.00.000.15770.003

Gabinete do conselleiroSantiago de CompostelaD18XeralMarcote Villar, Mª Pilar

33.250.284.46.A2059

Secretario do director xeral de Persoal

ED.C03.00.000.15770.001

Dirección Xeral de

Persoal

Santiago de CompostelaD18XeralGutiérrez de Salvador, Godofredo

34.923.019.57.A2059

8153