Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.108

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1996 pola que se nomean novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso nas categorías de persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa María Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense convocado por Resolución do 8 de abril de 1996.

Por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 17 de outubro de 1996 (DOG nº 210, do 25 de outubro), nomeáronse os tribunais cualificadores para o ingreso nas categorías de persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa María Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense convocado por Resolución do 8 de abril de 1996.

O apartado 6 da base quinta da convocatoria dispón que a autoridade convocante ordenará a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se nomeen os novos membros dos tribunais que teñan que substituír ós que perdan a súa condición así como os seus substitutos, producíndose deste xeito unha nova composición deles.

Por todo isto, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.- Modifica-la Resolución do 17 de outubro de 1996, nos termos reflectidos nos seus respectivos anexos.

Segundo.-A presente resolución producirá os seus efectos a partir do mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1996.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Tribunal de xestión da función administrativa/traballador social.

-Membros titulares:

O secretario, Justo Jorge López é substituído por Arturo Hermida Paredes.

ANEXO II

Tribunal de ATS/DUE:

-Membros titulares:

O secretario, Arturo Hermida Paredes é substituído por Justo Jorge López.

-Membros suplentes:

O secretario, Javier Bouzada Romero é substituído por Miguel Anxo Cadavid Rodríguez.

O vocal Francisco López Rois é substituído por Mario Páramo Fernández, xefe de Servicio de Saúde Mental, Docencia e Investigación en Atención Espe

cializada da Dirección Xeral de Atención Especializada.

ANEXO III

Non varía.

ANEXO IV

Tribunal de auxiliar administrativo:

-Membros titulares:

Nos vocais, onde di María Fernández Pérez, debe dicir María Pérez González; e onde di Juan Antonio Serafín Pereira, debe dicir Juan Antonio Serafín Pereira Jorge.

-Membros suplentes:

O secretario, Francisco Javier Patiño Patón é substituído por Andrés Castro Bande.

O vocal, Rafael Mateo Rodríguez é substituído por Francisco Javier Patiño Patón.

ANEXO V

Tribunal de auxiliar de enfermería:

-Membros titulares:

O vocal, Rafael Mateo Rodríguez é substituído por Antón Gavela Gesto.

Onde di, Marisa Peña Pérez, debe dicir Luisa de la Ascensión Peña Pérez.

-Membros suplentes:

O vocal, Mª Luisa Pulido Puente é substituída por Martín Mario Díaz López, xefe de Sección de Atención Especializada da Dirección Xeral de Atención especializada.

7862