Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.091

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 8 novembro de 1996 pola que se determinan os servicios mínimos que se manterán durante a folga convocada no Concello das Pontes de García Rodríguez para o día 11 de novembro de 1996.

Ante a convocatoria de folga convocada no Concello das Pontes de García Rodríguez procede que, de conformidade co establecido no artigo 3 do Decreto 155/1988, de 9 xuño, esta consellería determine os servicios mínimos que permitan, en sintonía co establecido no artigo 28.2º da nosa Constitución, compaxiña-lo exercicio do lexítimo dereito á folga dos traballadores co mantemento dos servicios esenciais á comunidade.

Na súa virtude, e de conformidade co establecido no Decreto 61/1985, do 18 de abril e do Decreto 155/1988, do 9 de xuño,

DISPOÑO:

Os servicios mínimos que deberán manterse durante a folga convocada no Concello das Pontes de García Rodríguez serán os seguintes:

Servicios regulares de uso especiais para transporte de escolares e de estudiantes.

Deberanse manter tódolos servicios de escolares e estudiantes nas expedicións normalmente establecidas no día 11 de novembro de 1996.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 1996.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7887