Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.091

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 5424/1996, interposto por Ramón Manuel Varela Lafuente.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 5424/1996, interposto por Ramón Manuel Varela Lafuente, contra a desestimación por silencio da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do recurso ordinario contra outro CPU da Coruña, do 23-3-1996, que aprobou definitivamente o proxecto das normas subsidiarias de planeamento municipal de Arteixo, esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos

na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1996.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7888