Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.073

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 1996 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa para a adquisición do baixo do edificio número 56 da rúa Areal de Vigo, para garaxe do parque móbil desta universidade.

De acordo coa lexislación que regula os contratos patrimoniais da Administración do Estado e de conformidade coas competencias que teño atribuídas na Lei orgánica 11/1993, do 25 de agosto, de reforma universitaria, resolvo facer públicas as razóns polas que despois da tramitación do correspondente expediente utilízase o procedemento de contratación directa para adquisición do baixo do edificio número 56 da rúa Areal de Vigo (cunha superficie aproximada de 700 m para garaxe do parque móbil desta universidade).

No expediente próbanse, a xuízo deste rectorado, as limitacións do mercado mobiliario na localiza

ción do garaxe para o parque móbil desta universidade, polas razóns do servicio que este debe prestar xa que segundo información pericial as ofertas das que se dispón son as únicas que satisfacen as necesidades desta universidade para os fins expostos e de todas elas a máis idónea, sen dúbida de ningunha clase, é a que se refire ó baixo do edificio número 56 da rúa Areal.

Vigo, 11 de outubro de 1996.

José Antonio Rodríguez Váquez

Rector da Universidade de Vigo

8141