Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.072

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1996 de notificación da resolución do contrato de obras de remodelación de accesos na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa Deconnorsa a resolución do contrato de obras de remodelación de accesos na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Lugo.

Antecedentes.

1) Con data 22-10-1992, dictábase resolución pola que se adxudica a obra de referencia á empresa Deconnorsa, por importe de 4.918.954 ptas., e 1 mes de prazo.

2) Con data 18-7-1993, a dirección facultativa solicita a recepción provisional da obra de referencia.

3) Con data 23-8-1993 a delegación provincial fixa o día 25-8-1993 ás 11.30 h. da mañá para proceder á recepción provisional das obras. A dita recepción concorreron o delegado provincial Luis Abades Álvarez, o arquitecto Eduardo Herráez Fernández como director de obra e José Luis Valderrama Jiménez pola empresa Deconnorsa, sen que puidese comproba-lo funcionamento do ascensor, por canto estaba desconectado e non foi posible a localización da persoa responsable da casa Schindler, subministradora do aparello elevador, quedando fixada a dita comprobación a partir do día 6 de setembro.

4) Transcorrido un tempo a dirección facultativa da obra púxose en contacto coa empresa subministradora, a que en conversación telefónica manifestou que o contratista da obra non lle pagara o importe da máquina instalada e que non podía atende-los requirimentos de poñer en funcionamento o ascensor e poder face-la recepción provisional.

5) Con data 28-10-1993 envíase un escrito con xustificante de recepción á empresa Deconnorsa no que se lle solicitan os boletíns de industria para poder dar de alta a instalación do ascensor e face-lo contrato de mantemento, escrito que foi devolto por correo por non recollelo a empresa destinataria.

6) Con data 1-2-1995 a empresa Deconnorsa presenta un escrito no que solicita a recepción definitiva das obras, carecendo da sinatura do director da obra.

7) Con data 28-5-1996 remítese escrito da Subdirección de Investimentos á Delegación Provincial de Lugo no que se insta ó reinicio da recepción provisional.

8) Con data 6-6-1996 a delegación provincial fixa como data para a recepción o día 17 ás 12 horas.

9) Con data 17-6-1996 ás 12 horas levántase acta de recepción provisional cos seguintes reparos:

1. Incomparecencia da empresa, citada por escrito con xustificante de recepción. Segundo informa o servicio de correos, cesou na súa actividade.

2. A empresa non achegou documentación que acredite autorización administrativa do aparello elevador.

10) De acordo co artigo 60 da LCAP, solicítase informe da asesoría xurídica, que o emite en sentido favorable.

Resolución:

Por isto, en vista do exposto, e do artigo 170 de Regulamento xeral de contratos, acórdase a resolución do contrato de obras coa empresa Deconnorsa, para a remodelación de accesos na Delegación de Sanidade de Lugo, adxudicado por resolución do presidente do Sergas o día 22-10-1992, con incautación da garantía definitiva (211.568 ptas).

A presente resolución pon fin á vía administrativa, podendo intepoñerse contra a ela recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó desta publicación, de conformidade co disposto no artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, ou exercitar calquera outro que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 1996.

P.D. (Decreto 64/1996, do 15-2-1996)

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director Xeral de Recursos Económicos

7618