Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.073

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para o servicio de limpeza das dependencias municipais na rúa da Franxa nº 18 a 22.

1. entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras. b) Número de expediente: L96/10.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: prestación do servicio de limpeza.

b) Número de unidades que se entragaran.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de execución: dependencias municipais na rúa da Franxa nº 18 a 22.

e) Prazo de execución: catro anos, prorrogándose ata un máximo de seis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 10.000.000 de pesetas (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 200.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No

caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automáticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

1ª Entidade: véxase punto 1.

2ª Domicilio: véxase punto 6 b.

3ª Localidade e código postal: véxase punto 6 c.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: anual.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes (Oferta económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema «Proposición que presenta ... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a prestación do servicio de limpeza nas dependencias municipais na rúa da Franxa nº 18 a 22».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 25 de outubro de 1996.

O alcalde

P.D.

Rubricado

7886