Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.032

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Aluflet, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Aluflet, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-7-1996, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social, polo delegado de persoal o día 27-6-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de xullo de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Aluflet, S.A. e o seu persoal de flota

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio, que ten ámbito de empresa, regula as condicións laborais e salariais dos tripulantes comunitarios do buque Xove, propiedade da empresa.

Artigo 2º.-Vixencia.

O presente convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1996 e estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 1996.

Prorrogarase por períodos anuais se con tres meses de antelación ó seu vencemento ou prórroga non fose denunciado por calquera das partes.

O novo convenio que substitúa a este terá vixencia desde o 1 de xaneiro do exercicio de que se trate, con independencia da data da súa sinatura.

Artigo 3º.-Vinculación á totalidade.

Para tódolos efectos, o presente convenio constitúe unha unidade indivisible, polo que non poderá pretenderse a aplicación dunha ou varias das súas cláusulas, rexeitando o resto, senón que sempre deberá ser aplicado e observado na súa integridade e considerado globalmente.

Se a autoridade laboral competente non aprobase ningunha das normas deste convenio, e este feito desvirtuase o seu contido, quedará sen eficacia a súa totalidade, que deberá ser considerado de novo pola comisión negociadora.

Artigo 4º.-Compensación e absorción futuras.

As condicións e retribucións que se pactan no presente convenio compensan na súa totalidade calquera outra existente no momento da entrada en vigor deste, calquera que sexa a natureza, orixe, motivo, denominación ou sinatura das existentes.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, a publicación e entrada en vigor de calquera disposición de carácter xeral ou específico para o sector da mariña mercante que modificase calquera dos temas pactados de carácter non salarial, será de aplicación inmediata no seu contido e regulación sobre o establecido no presente convenio, que en todo caso terán consideración de mínimos.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para interpretar e vixia-la aplicación do presente convenio constitúese unha comisión paritaria composta, dunha parte, polo representante legal dos traballadores, e da outra polo representante legal

da empresa, podendo conta-las partes co asesoramento que consideren oportunos.

Artigo 6º.-Período de proba.

1. Toda contratación de persoal para as actividades abranguidas neste convenio considerarase provisional durante un período de proba variable, de acordo co labor ó que o tripulante se dedique, que non poderá ser superior ó que establece a escala seguinte:

a) Titulados: 3 meses.

b) Mestranza e subalternos: 45 días.

Durante o período, que deberá ser pactado por escrito, ámbalas partes poden rescindir unilateralmente o contrato de traballo comunicándollo á outra parte en igual forma cunha antelación mínima de oito días naturais.

2. En caso de que o período de proba expire no curso dunha travesía, este considerarase prorrogado ata que o buque toque porto, pero a vontade por parte do armador de rescindi-lo contrato de traballo por non supera-lo período de proba, deberá ser notificado por escrito ó tripulante polo capitán dentro do prazo estipulado, indicado no parágrafo anterior. En caso contrario, considerarase que o tripulante superou o período de proba.

3. En tódolos casos de rescisión do contrato por fin do período de proba por vontade do tripulante, os gastos de viaxe serán pola súa conta.

4. Transcorrido o período de proba sen que se producise o desestimento, o contrato producirá plenos efectos computándose o tempo de servicios prestados na antigüidade do traballador na empresa.

5. A empresa, no suposto de rescisión do período de proba, entregará a documentación relativa ó tempo efectivamente traballado e o certificado de empresa das cotizacións efectuadas á Seguridade Social.

6. Unha vez rematado o período de proba por vontade da empresa e coa chegada a porto, os gastos de viaxe e axudas de custo desde o porto de desembarque ata o domicilio do traballador serán por conta da empresa.

7. A situación de incapacidade laboral transitoria, durante o período de proba, interrompe o seu cómputo.

Artigo 7º.-Comisión de servicio.

Entenderase por comisión de servicio a misión profesional ou cometido especial que circunstancialmente ordene a empresa realizar ós tripulantes en calquera lugar.

En comisión de servicio os tripulantes devengarán os mesmos conceptos retributivos que viñan desfrutando no último posto.

Cando a comisión de servicio se realice embarcado, devengaranse vacacións de convenio. Se se

realiza en terra devengaranse vacacións de 30 días por ano na proporción que corresponda, agás naquelas circunstancias en que o traballo se realice fóra do domicilio habitual, neste caso, e ademais das vacacións sinaladas, terá dereito a catro días laborables de estadía no seu domicilio por cada tres meses, sen computar como tales as viaxes e sendo por conta da empresa os gastos de viaxe.

Se a comisión de servicio se realiza fóra do domicilio do tripulante, este percibirá as axudas de custo estipuladas no presente convenio.

A empresa adiantaralle ó tripulante nesta situación unha cantidade estimativa dos gastos que se poidan producir para este, estando obrigado o traballador a xustificalos documentalmente.

Artigo 8º.-Expectativa de embarque.

Considerarase expectativa de embarque a situación do tripulante do cadro de persoal que estea no seu domicilio procedente dunha situación diferente á de embarque ou comisión de servicio, dispoñible e ás ordes da empresa.

En ningún caso se poderá mante-lo tripulante por un tempo superior a 30 días, pasando a partir dese momento á situación de comisión de servicio.

Durante a expectativa de embarque, o tripulante percibirá o salario profesional e desfrutará das vacacións a razón de 30 días por ano na proporción que lle corresponda.

Antigo 9º.-Excedencia.

1. Excedencia voluntaria.

Poderá solicitala todo tripulante que conte, polo menos, con dous anos de antigüidade na empresa. As peticións resolveranse dentro dos 30 días seguintes á data de solicitude.

O prazo mínimo para as excedencias será un ano e o máximo de cinco.

A concesión ou denegación da licencia ó tripulante é potestade exclusiva da empresa.

O tempo transcorrido nesta situación non se computará a ningún efecto, excepto no suposto recollido no artigo 46.3 do Estatuto dos traballadores.

Se o excedente, un mes antes de remata-lo prazo para o que se lle concedeu a excedencia non solicitase o seu reingreso na empresa, causará baixa definitivamente nela.

Se solicitase o seu reingreso en tempo e forma, este efectuarase tan pronto como exista vacante da súa categoría. Se non existise vacante e o excedente optase voluntariamente por algunha categoría inferior, dentro da súa especialidade, reincorporaríase á empresa nesta categoría, percibindo o salario correspondente a esta ata que non se produza a súa incorporación á categoría que lle corresponde.

O excedente, unha vez incorporado á empresa, non poderá solicitar unha nova excedencia mentres

non transcorresen catro anos de servicio activo na compañía, desde o remate da anterior.

2. Excedencia forzosa.

Dará lugar á situación de excedencia forzosa calquera das causas seguintes: nomeamento para cargo político ou sindical de ámbito provincial ou por designación.

Nos casos de cargo político ou sindical, a excedencia abranguerá todo o tempo que dure o cargo que o determine e outorgará dereito a ocupa-la mesma praza que se desempeñaba anteriormente; o tempo de excedencia computarase como en activo para tódolos efectos.

O excedente deberá solicita-lo seu reingreso dentro dos 30 días seguintes ó cesamento do seu cargo político ou sindical. No caso de non exerce-la dita petición dentro do prazo dos 30 días perderá o seu dereito ó reingreso na empresa.

Artigo 10º.-Licencias.

Con independencia do período de vacacións recoñécese o dereito a desfrutar de licencia polos motivos que a seguir se enumeran, as cales serán retribuídas.

-Matrimonio: 15 días.

-Nacemento de fillos: 10 días.

-Enfermidade grave de cónxuxe, fillos, pais e irmáns propios: 10 días.

-Enfermidade grave de pais e irmáns políticos: 4 días.

-Morte de cónxuxe, fillos, pais e irmáns propios: 10 días.

-Morte de pais e irmáns políticos: 4 días.

Non obstante estes prazos, e atendendo ás excepcionais circunstancias que puidesen concorrer nalgunhas situacións xustificadas, a empresa concederá os días necesarios.

Ningunha das licencias descritas neste apartado serán acumuladas a vacacións, a excepción do matrimonio, que se se poderá acumular. Non obstante, o tripulante embarcado, logo de comunicación á empresa, poderá optar á dita acumulación no caso de natalidade.

Os tripulantes que desfruten das licencias previstas neste apartado percibirán o seu salario profesional.

As licencias empezarán a contar desde o día seguinte ó desembarco.

Artigo 11º.-Escalas.

A empresa levará obrigatoriamente unha escala pública onde figure todo o seu persoal, co seu cargo e antigüidade. A dita escala deberá encontrarse actualizada anualmente e á disposición directa dos tripulantes do buque.

Artigo 12º.-Axudas de custo e viaxes.

Axuda de custo é a cantidade que se devenga diariamente para paga-los gastos de manutención e estadías que se orixinen no desprazamento e permanencia fóra do domicilio ou do buque de enrolamento.

Só se percibirán axudas de custo nos casos seguintes:

-Comisión de servicio fóra do domicilio.

-Durante o tempo necesario para o embarque ou desembarque ata a chegada ó seu domicilio.

-Na expectativa de embarque fóra do domicilio.

As axudas de custo en territorio nacional estarán integradas polo conxunto dos seguintes conceptos e a súa correspondente valoración:

-Comida: 4.500 ptas.

-Aloxamento: 4.500 ptas.

Correspondente a día de 24 horas ou parte proporcional.

En caso de que por motivos xustificados teñan que realizar gastos superiores entregaránselle á empresa os recibos oportunos para a súa consideración para efectos de reembolso.

Artigo 13º.-Manutención.

A empresa achegará a cantidade necesaria para a alimentación a bordo, con obxecto de que esta sexa sempre sa, abundante e nutritiva a base de productos de calidade e en perfecto estado de conservación.

Formarase a comisión composta por un representante da empresa, o delegado dos tripulantes e o mordomo ou cociñeiro.

A comisión será a encargada do exacto cumprimento das normas sobre manutención e as súas funcións serán as de:

-Controla-las propostas de pedidos, as facturas e realizar inventario de pesos e calidades.

-Realiza-lo inventario de despensa ó rematar cada mes para coñece-lo gasto por tripulación/día.

-Vixiar que os frigoríficos e oficios á disposición dos tripulantes conteñan unha variedade de alimentos básicos así como que durante a noite os frigoríficos terán que ter artigos de primeira necesidade, tales como leite, queixo, embutido, galletas, manteiga, café, azucre, pan, etc.

-Elaboración de menús.

A todo o persoal que acredite, mediante certificado médico, encontrarse a réxime, elaboraráselle a comida adecuada ó seu tratamento, con cargo á empresa.

A comisión vixiará diariamente a relación entre comidas preparadas e tripulantes que efectuarán as comidas, de forma que a cociña coñeza coa debida

antelación o número de tripulantes que as van efectuar.

Enténdese por comidas especiais as que se preparan para datas sinaladas como os días: 1 de maio, Nosa Señora do Carme, Noiteboa, Noitevella. A cantidade, calidade e tipo de comida para estes días será a criterio da comisión e tódolos gastos serán por conta da compañía.

A manutención para ningún efecto terá a consideración de salario. Por conseguinte, non será esixible durante as vacacións, permisos, licencias, baixa por enfermidade, accidente ou outras situacións. Tampouco se aboará coas pagas extraordinarias nin as horas extraordinarias nin con calquera outro devengo.

Artigo 14º.-Xornada de traballo.

A xornada ordinaria de traballo será de 1826, 27 horas de traballo efectivo en cómputo anual. A xornada ordinaria diaria será de oito horas durante o período de embarque.

Na tarde do sábado, domingo e festivo, non se farán traballos de mantemento normal do buque.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

De conformidade co artigo 35 do Estatuto dos traballadores, terán a consideración de horas extraordinarias aquelas horas de traballo que se realicen en exceso sobre a xornada diaria establecida no artigo anterior.

Non se terán en conta, para efectos da duración máxima da xornada laboral ordinaria, nin para o cómputo do número máximo de horas extraordinarias, de conformidade co establecido polo artigo 16 do Real decreto 1561/1995, do 21 de setembro, as horas de traballo realizadas en casos de forza maior, en que perigue a seguridade do buque ou da carga ou cando se trate de prove-lo buque de víveres, combustible ou material lubricante, en casos de premente necesidade, de descarga urxente por deterioración da mercadoría transportada ou da atención debida por manobras de entrada e saída a porto, atracada, desatracada e fondeo.

As horas extraordinarias serán de libre ofrecemento por parte do armador ou dos seus representantes e a prestación destas será sempre voluntaria por parte dos tripulantes, agás nos supostos sinalados a seguir, nos que a súa prestación será obrigatoria:

1. Os traballos de fondeo, atracada e desatracada, variacións de rumbo, apertura e peche de zapóns e arranches.

2. No mar, sempre que as necesidades da navegación o esixan para levar a boa fin a viaxe iniciada polo buque e en porto cando a saída programada do buque o esixa.

3. Atención a autoridades de porto e traballos similares de ineludible realización.

4. En situación de socorro a outros buques ou persoas en perigo ou cando sexan necesarias ou urxentes durante a navegación para a seguridade do buque, persoas ou cargamento.

5. No suposto de formalidades aduaneiras, corentena e outras disposicións sanitarias.

A natureza das horas extraordinarias na mariña mercante ten carácter especial, dado que estas se producen por continxencias necesarias na navegación, imprevisibles na maior parte dos casos, tendo todas a consideración do horas extraordinarias estructurais.

A consideración do buque como centro de traballo fai que a compensación retributiva das horas extraordinarias teña unha natureza específica de cálculo do seu valor.

Artigo 16º.-Vacacións.

As vacacións devengaranse segundo o coeficiente de 0,5 a razón de 60 días de vacacións por cada 120 días de traballo efectivo enrolado.

Devengaranse vacacións en situación de enrolamento e de hospitalización fóra do domicilio do traballador.

Nas mesmas circunstancias, devengaranse vacacións a razón de 30 días ano.

As vacacións comezarán a computarse desde o día seguinte do desenrolamento por vacacións do tripulante e durarán ata o día anterior do enrolamento deste por fin de vacacións.

A empresa realizará os enrolamentos e desenrolamentos por vacacións dos seus tripulantes a mediodía.

Artigo 17º.-Incremento salarial.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán o incremento salarial para o ano 1996 do 3,5% sobre as táboas de 1995.

Artigo 18º.-Traballos sucios, penosos e perigosos.

Están abranguidos neste artigo todos aqueles traballos que, en determinadas circunstancias, e por non seren realizados por persoal alleo á tripulación, deban ser efectuados polos propios tripulantes e que, pola súa especial condición ou natureza, implican suciedade, esforzo ou perigo superior ó normal.

En concreto, considéranse e serán remunerados de acordo co que se establece a seguir:

-Limpeza de caixa de cadeas29.686 ptas.

-Limpeza total coferdams22.518 ptas.

-Limpeza Tks. lastre ou AD29.569 ptas.

-Limpeza sentina de máquinas PP3.492 ptas.

-Limpeza cárter MP6.402 ptas.

-Picado e pintado total interior

caixa cadeas54.017 ptas.

-Tks. de lastre ou AD con

encalichado54.017 ptas.

-Limpeza de tódalas sentinas

da máquina46.614 ptas.

-Limpeza Tks. de aceite

ou combustible22.235 ptas.

-Limpeza completa Tk de

servicio de aceite31.770 ptas.

-Rascado e pintado da sentina

do departamento de

cubasPor valor de hora sucia.

-O valor de hora sucia

para 1996 é de663 ptas.

-O valor de hora sucia para 1996 é de663 ptas.

Cando se realicen traballos de retirada de alúmina das pocetas, a hora sucia pagarase a 1.000 ptas. Procurarase non realizar este traballo en navegación nocturna. Para o resto dos traballos considerados como sucios, penosos, perigosos ou especiais non recollidos neste artigo 18º, para a súa realización e cuantificación económica observarase o que pacten as partes en cada momento.

Artigo 19º.-Baixas por enfermidade común ou accidente.

No suposto de IT derivado de enfermidade común, profesional ou accidente de traballo, os tripulantes percibirán o 100% da base de cotización en cada caso. Durante o período de hospital devengaranse vacacións de convenio e o resto vacacións como persoal de terra. A partir do 6º mes de IT a comisión paritaria decidirá se se continúa aboando o 100% da base correspondente ou polo contrario o estipulado pola lexislación vixente.

Artigo 20º.-Seguro de accidentes.

A parte do seguro obrigatorio de accidentes e como complemento deste, a empresa establece pola súa conta e a favor dos tripulantes, un seguro de accidentes, que cubrirá os riscos de morte ou invalidez permanente na súa actuación profesional, cos seguintes capitais asegurados:

-Por morte: 3.600.000 ptas.

-Por invalidez permanente: 4.000.000 de ptas.

Artigo 21º.-Perda de equipaxe.

Cando por causa de accidente se produza unha perda total de equipaxe, aboaráselle ó tripulante a cantidade de 281.197 ptas.

Cando a perda sexa total, rateará sobre esta mesma base, tomando como valor máximo o valor anterior.

Artigo 22º.-Postos en terra.

A empresa dará trato preferente ós tripulantes fixos da súa flota sobre o persoal alleo a ela co obxecto de ocupar prazas en terra. Isto, sempre que os mariños reúnan as condicións esixidas pola empresa para ocupa-las prazas. A empresa comu

nicaralles ós delegados sindicais a existencia das ditas prazas.

A preferencia no trato inclúe a espera para os casos en que o tripulante estea embarcado.

Artigo 23º.-Correspondencia.

A empresa adoptará medidas co fin de enviar ós buques as cartas dirixidas ós tripulantes que se recibisen na compañía.

Artigo 24º.-Natalidade.

Tódolos tripulantes fixos ó servicio da empresa percibirán a cantidade de 18.295 pesetas por nacemento de cada fillo.

Será requisito formal para o aboamento do indicado plus a presentación do libro de familia ou certificado de inscrición no Rexistro Civil.

Artigo 25º.-Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal do buque Xove percibirá anualmente dúas pagas extras na contía que se especifica na táboa de salarios aboadas nos primeiros vinte días de xullo e decembro de cada ano.

Artigo 26º.-Cambio de horario de traballo.

Non se iniciará unha manobra, nin se efectuará ningún traballo, agás forza maior ou en situacións que a xuízo do capitán se considere necesario, durante o horario de comidas.

Os horarios de comidas serán, sempre, respectados.

A xornada non se poderá partir por ningún concepto en máis de dous períodos de traballo.

Os cambios de horario produciranse a criterio do capitán, logo de audiencia do delegado ou dos tripulantes, os que lle comunicarán a este a súa aprobación ou oposición. Neste último suposto, o capitán trasladará a súa decisión ó delegado ou membro do comité de empresa por escrito e con expresión dos argumentos en que basea aquela; en todo caso, o delegado ou membro do comité de empresa, por escrito e con expresión dos argumentos en que se basea esta, poderá recorrer perante o armador.

Artigo 27º.-Medios de comunicación.

En San Cibrao e sempre que o teléfono público existente no peirao estea fóra de servicio, os tripulantes poderán facer uso do teléfono existente na oficina da consignataria para aquelas notificacións que non admitan demora, sendo pola súa conta o importe delas.

Artigo 28º.-Servicios recreativos e culturais.

A empresa dotará o seu buque dun aparello de TV e un de radiocasete, e serán por conta daquela tódolos gastos de instalación.

O buque estará dotado dun aparello de video, por conta da empresa. Tódalas fitas de vídeo que se utilicen serán por conta dos tripulantes.

Artigo 29º.-Roupa e servicio de lavandería.

A roupa de traballo será por conta da empresa, que observará o establecido nas normas de seguridade e hixiene no traballo.

O lavado de roupa de cama, toallas e servicio de fonda será por conta da empresa, así como prove-los buques de medios pertinentes para o lavado dos efectos persoais dos tripulantes (lavadora, ferro de pasar, repasadora e secadora).

Disposicións adicionais

Primeira.-Comisión de seguridade e hixiene.

Fórmase unha comisión de seguridade composta, baixo a presencia e supervisión do capitán, por:

-Xefe de máquinas.

-Primeiros oficiais de ponte e máquinas.

-Un titulado e un non titulado.

-Delegado dos tripulantes.

Para efectos do establecido na Lei 31/1995, do 8 de novembro, sobre prevención de riscos laborais, o delegado de persoal asume a función de delegado de prevención.

Segunda.-Actividade sindical.

O tripulante que resulte elixido como representante dos traballadores, exercerá as súas funcións sindicais representativas con toda liberdade durante o tempo para o que fose elixido, a salvo sempre das súas obrigas de traballo e rexerase polo estipulado no título 3º do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto lei 1/1995, do 24 de marzo.

Terceira.-Xornada.

O artigo 14 deste convenio, en canto a xornada, cumpre o disposto no Real decreto 1561/1995, do 21 de setembro, regulador do réxime de xornada e descanso no traballo no mar.

Cuarta.-Mariñeiro que fai funcións de contramestre.

O mariñeiro que realice as funcións de contramestre recibirá tódolos emolumentos correspondentes ó contramestre, segundo as táboas salariais, durante o período de embarque e as vacacións correspondentes a este, agás o plus de descarga que o cobrará só no período de embarque.

Quinta.-Traballos de limpeza.

O servicio de lavandería citado no artigo 29 realizarase no porto da Coruña, por medio dunha empresa especializada elixida polo armador. O mariñeiro de garda no momento da chegada desta empresa encargarase da entrega e recepción da rou

pa. A recollida e entrega da roupa de fonda será realizada polo mariñeiro de garda entre as 12 e as 16 horas.

O cociñeiro, ademais de realiza-las tarefas propias do seu cargo, ocuparase das funcións de poñer e recolle-las mesas dos comedores, limpa-la louza do almorzo, do xantar e da cea, repoñe-los frigoríficos e da limpeza do piso dos comedores.

Cada tripulante encargarase da limpeza dos utensilios uitlizados por el fóra dos horarios das comidas.

Sexta.-No caso de discrepancia na aplicación ou interpretación deste convenio, e unha vez que actuase sen éxito a comisión paritaria, as partes comprométense a acudir ó Consello Galego de Relacións Laborais, con carácter previo e preceptivo, antes do inicio de calquera conflicto.

Sétima.-As partes asinantes deste convenio acordan que os tripulantes do buque Xove por excepción e unicamente durante a vixencia deste convenio serán cidadáns da Unión Europea.

1996

Táboa mensual Xove. Subida 3,5%

Salario

base

Gratif.

voluntaria

Paga

extra

Horas

presenc

Paga

vacac.

Horas

extras

Plus

transp.

TotalTrienioTotal

ano

Capitán277.99292.664370.65519.234389.89072.15827.718489.7669.9826.218.998
1º oficial200.81366.938267.75019.234286.98554.35327.718369.0566.8724.635.889
2º oficial172.46357.448229.95119.234249.18643.46927.718320.3735.7614.019.627
Contrame.116.33138.777155.10819.234174.34323.13227.718225.1934.3352.809.133
Mariñeiro100.29933.433133.73119.234152.96618.66027.718199.3443.7052.474.078
Xefe máq.269.85889.953359.81119.234379.04569.60427.718476.3679.7076.046.737
Xefe mecá.205.79968.600274.39919.234293.63446.78127.718368.1336.9374.668.396
1º mecánico169.96956.656226.62519.234245.85943.47027.718317.0476.2753.973.065
2º mecánico151.35350.451201.80419.234221.03936.91727.718285.6745.7603.573.159
Engraxador106.28835.429141.71719.234160.95219.77027.718208.4403.9352.594.759
Cociñeiro116.41938.806155.22519.234174.46023.16827.718225.3464.3372.811.060
Camareiro100.62733.542134.16919.234153.40420.96127.718202.0833.7042.498.614

Totais1.988.210662.7362.650.947230.8132.881.760472.443332.6203.686.82371.30946.323.518

Hora sucia:641
Incentivo desc. contramestre:8.491

Táboa diaria Xove. Subida 3,5%

Salario

base

Gratif.

voluntaria

Paga

extra

Horas

presenc

Paga

vacac.

Horas

extras

Plus

transp.

Total

Capitán9.2663.08912.35564112.9962.40592416.326
1º oficial6.6942.2318.9256419.5661.81292412.302
2º oficial5.7491.9167.6656418.3061.44992410.679
Contrame.3.8781.2935.1706415.8117719247.506
Mariñeiro3.3431.1144.4586415.0996229246.645
Xefe máq.8.9952.99811.99464112.6353.32092415.879
Xefe mecá.6.8602.2879.1476419.7881.55992412.271
1º mecánico5.6661.8897.5546418.1951.44992410.568
2º mecánico5.0451.6826.7276417.3681.2319249.522
Engraxador3.5431.1814.7246415.3656599246.948
Cociñeiro3.8811.2945.1746415.8157729247.512
Camareiro3.3541.1184.4726415.1136999246.736

Totais66.27422.09188.3657.69496.05915.74811.087122.894

9606396