Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.032

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1996 pola que se inscribe a Asociación Astur Jacobea de Avilés no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación Astur Jacobea de Avilés, de data 3 de outubro de 1996.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Dirección Xeral de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación Astur Jacobea de Avilés quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 065.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 1996.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

5881