Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.032

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1996 pola que se inscribe a Asociación Cultural Os Lobos no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación Cultural Os Lobos, de data 8 de agosto de 1996.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Dirección Xeral de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación Cultural Os Lobos quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 064.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1996.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

7896