Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.032

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 1996 pola que se inscribe a Asociación de Cofrades de Santiago Apóstol de Lugo no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación de Cofrades de Santiago Apóstol de Lugo, de data 6 de xuño de 1996.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Dirección Xeral de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación de Cofrades de Santiago Apóstol de Lugo quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 063.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1996.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura é Comunicación Social

7895