Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.038

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Automóbiles de Tui, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Automóbiles de Tui, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-8-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 24-7-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo

que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación

ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbiraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación, no BOP e no Diario Oficial de Galicia, en galego e castelán.

Vigo, 22 de agosto de 1996.

Ramón Hermo Rey

Delegado provincial en funcións de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Automóbiles de Tui, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio afectará a tódolos traballadores da empresa Automóbiles de Tui, S.A., así como a aqueles que entren ó servicio desta durante a vixencia do dito convenio.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

As presentes normas obrigan á totalidade do persoal ocupado pola empresa, tanto se realizan función técnica como manual, agás unicamente aquelas persoas ás que alude o artigo 2 do vixente Estatuto dos traballadores. Tódolos conceptos salariais teñen carácter normativo e condición mínima indispensable.

Artigo 3º.-Compensación de melloras.

As condicións pactadas son compensables na súa totalidade coas que xa viñeran rexendo por mellora voluntaria concedida pola empresa.

Artigo 4º.-Absorción.

As melloras que por disposición legal ou regulamentaria poidan establecerse no futuro, serán absorbibles polos acrecentamentos acordados no presente convenio, sempre e cando superen ós beneficios que se concedan no seu conxunto.

Artigo 5º.-Situacións persoais.

Respectaranse as situacións persoais que con carácter de cómputo anual excedan destas normas estrictamente ad personam.

Artigo 6º.-Duración, vixencia, prórrogas e denuncia.

O presente convenio terá unha duración de dous anos. A súa vixencia, para tódolos efectos, comezará en data do 1 de abril de 1996.

O convenio entenderase tacitamente prorrogado por períodos anuais, en tanto non sexa denunciado por calquera das partes, en forma e en data, e cunha anticipación mínima de 30 días ós seus respectivos vencementos, con traslado da denuncia á outra parte e no devandito prazo, axustándose en canto a esa materia se refira ó vixente Estatuto dos traballadores.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo ordinaria será de 1.826 horas e 27 minutos de traballo efectivo, non podendo realizar máis de 9 horas diarias e 40 semanais. Nembargantes, acórdase a distribución da xornada nos termos que se reflicten no cadro de quendas que se estableza, á marxe deste convenio (non formando parte del), de tal xeito que o posible exceso da xornada nalgunha quenda se poida compensar con outro de xornada inferior, de xeito que no cómputo trisemanal non se excedan as 40 horas de traballo efectivo, respectándose o criterio actual de descanso semanal existente coas adaptacións necesarias para cumpri-la lexislación vixente.

Artigo 8º.-Organización do traballo.

A organización do traballo é facultade e responsabilidade da dirección da empresa.

Sen mingua desa facultade, a modificación das quendas ou establecemento doutras novas deberá ser negociado entre a dirección e o comité de empresa, podendo este último presentar propostas ou emitir informe ó respecto.

Se non se produce acordo entre as partes, a implantación dun novo sistema de traballo, (entendendo como tal a modificación substancial ou implantación de novas quendas), será facultade e decisión da dirección da empresa. Con independencia das accións xudiciais que lles poidan corresponder ós afectados, a dirección e o comité comprométense a non opoñerse no caso de que os afectados soliciten a intervención do AGA, ó abeiro do disposto no seu regulamento.

Artigo 9º.-Licencias.

No caso de matrimonio, as licencias serán de quince días naturais, e aboaranse co salario convenio.

Artigo 10º.-Permisos.

A empresa concederá permisos ó persoal segundo segue:

-Por intervención cirúrxica grave ou enfermidade grave do cónxuxe, fillos ou pais: 3 días.

-Por morte do cónxuxe: 4 días.

-Por morte de fillos, pais ou irmáns: 3 días.

-Por morte de avós: 2 días.

-Por morte de tíos carnais, afíns e consanguíneos: 1 día.

-Por matrimonio de fillos, irmáns ou pais, coincidindo co día da súa voda: 1 día.

-Por traslado do seu domicilio habitual: 1 día.

-Polo tempo necesario para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

-Para funcións sindicais ós representantes do persoal: haberá que aterse ó lexislado nesta materia.

No caso de morte ou enfermidade grave ou intervención cirúrxica grave do cónxuxe, pais ou fillos, a partir de 300 km: 1 día máis por cada viaxe.

Artigo 11º.-Vacacións.

Os traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán dun período de vacacións anual de trinta días naturais e un día máis por cada oito anos de traballo.

No caso do que o traballador estea desfrutando vacacións e sexa chamado pola dirección para traballar durante un período non inferior a unha semana, o devandito traballador terá dereito a desfruta-lo período que lle reste de vacacións e un día máis, nas datas nas que segundo as necesidades de organización da empresa se fixen de común acordo co traballador.

O pagamento das vacacións farase efectivo no derradeiro día de traballo antes do comezo do desfrute, a conta da nómina de fin de mes.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias estructurais.

Para efectos do previsto no Real decreto 92/1983, e na Orde do 1 de marzo de 1983, do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, sobre cotización adicional de horas extraordinarias estructurais, consideraranse como tales as que se realicen con ocasión de accidentes ou para solucionar necesidades urxentes e apremiantes que veñan esixidas de inmediato polo servicio, as que obedecen a períodoss punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da propia natureza da actividade do transporte. A toma e deixa do servicio computarase adaptándose á ordenanza laboral de transportes por estrada.

A hora extraordinaria aboarase a 983 ptas.

Artigo 13º.-Soldos e salarios.

Os soldos e salarios que corresponden ó persoal afectado polo presente convenio son os que figuran nas táboas anexas, máis antigüidade, se é o caso. Páctase o acrecentamento dos salarios, que terá efecto con data 1º de abril de 1997, consistente no IPC que oficialmente se determine o 31 de decembro de 1996 correspondente o dito ano de 1996, máis medio punto.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias do ano aboaranse na contía de trinta días e serán calculadas sobre a táboa salarial que corresponde, máis a antigüidade, se é o caso. Denominaranse, 25 de xullo, Nadal e beneficios, e serán feitas efectivas antes do 22 de xullo, 22 de decembro e 15 de marzo, respectivamente.

Artigo 15º.-Conductores-perceptores.

O conductor-perceptor, cando desempeña ó mesmo tempo as funcións de conductor e cobrador, percibirá, ademais da remuneración correspondente á súa categoría, un complmento salarial por posto de

traballo, igual ó 20% do seu salario base máis antigüidade, se é o caso, por tal cometido.

Artigo 16º.-Plus de transporte e plus de entrega de recadación.

Tal e como figura na táboa anexa, os traballadores da empresa terán dereito a percibir un plus de transporte e entrega por recadación cotiá, na contía que se especifica en cada categoría profesional. Páctase o acrecentamento destes conceptos que terá efecto con data 1º de abril de 1997, consistente no IPC que oficialmente se determine o 31 de decembro de 1996 correspondente ó dito ano de 1996, máis medio punto.

Artigo 17º.-Axudas de custo.

Devengarán axudas de custo enteiras os que saian da súa residencia antes das 12 horas e regresen despois das cero horas.

Percibirase o importe correspondente ó xantar sempre que o traballador saia da súa residencia antes das 12 horas e volte despois das 14 horas.

O importe das axudas de custo será o que a continuación se reflicte:

-Comidas e cea: 1.140 ptas.

-Dormida: 1.899 ptas.

-Axuda de custo completa: 4.179 ptas.

Os desprazamentos a Portugal e restantes países estranxeiros, gastos pagos, segundo xustificantes de facturas.

A empresa terá a facultade de asumi-lo pagamento do aloxamento e comida do traballador en substitución das axudas de custo.

Artigo 18º.-Traballos en domingos e festivos.

Os domingos e festivos aboaranse a 10.000 ptas., agás que a empresa dea descanso compensatorio.

Artigo 19º.-Uniformes, roupa de traballo.

Todo persoal de movemento será dotado dun xersei cada ano, dous pantalóns, dúas camisas de manga longa e dúas de manga curta tamén cada ano, unha gravata cada dous anos e unha zamarra ou anorak cada cinco anos:

Dotarase o persoal de taller de catro fundas de traballo ó ano e un par de botas de seguridade cada ano.

Dotarase os lavacoches de botas, roupas de auga ou calquera outra peza de roupa necesaria para o desempeño da súa función.

A entrega de toda peza de roupa nova esixirá, se é o caso, devolución da substituída.

Artigo 20º.-Retirada de carné de conducir.

No caso de que por infracción administrativa se produza a retirada do carné de conducir a un conductor por un período non superior a cento oitenta días, durante a vixencia do convenio, ben sexa con

ducindo un vehículo da empresa ou particular, e neste caso de vehículo particular, sempre que sexa á ida ou á volta do traballo, esta comprométese a facilitarlle ó conductor afectado o posto de traballo máis axeitado, de acordo coa súa categoría profesional, sempre que non proceda como consecuencia de alcoholemia e/ou consumo de drogas.

Artigo 21º.-Pagamento de multas.

As multas por infraccións de tráfico imputables á culpa ou imprudencia do traballador serán aboadas por este. No caso de que a infracción sexa imputable á empresa, será aboada por esta.

Artigo 22º.-Seguros de accidente laboral.

No caso de falecemento do traballador por accidente laboral ó servicio da empresa, esta comprométese a aboarlle ó traballador, ben directamente ou por medio dunha compañía de seguros coa que contrate unha póliza que cubra o dito risco, a contía de 700.000 ptas.

Se a consecuencia de accidente laboral ó servicio da empresa, a comisión médica cualificadora da Seguridade Social determina a incapacidade permanente absoluta ou a grande invalidez do traballador, a empresa comprométese a aboar nas mesmas condicións do parágrafo anterior, a contía de 2.600.000 ptas. ó devandito traballador.

Artigo 23º.-Incapacidade temporal.

Nas situacións de incapacidad temporal derivadas de accidente de traballo, a empresa completará cun máximo de tres meses, contados desde a data da baixa, a prestación económica da Seguridade Social ata o importe íntegro do salario do convenio.

Nas situacións de incapacidade temporal derivadas de accidente de traballo que motive hospitalización, a empresa completará, polo tempo que dure a hospitalización, e cun máximo de seis meses, incluíndo o período de tres meses citado no parágrafo anterior, a prestación económica da Seguridade Social ata o importe íntegro do salario do convenio.

Nas situacións de incapacidade temporal derivadas de enfermidade común que motive hospitalización, a empresa completará, polo tempo que dure a hospitalización, e cun máximo de seis meses, a prestación económica da Seguridade Social ata o importe íntegro do salario do convenio.

Artigo 24º.-Xubilación.

1. A empresa e traballadores poderán pactar, logo da existencia de común acordo por ámbalas dúas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 14 de xullo, debendo a empresa substituí-los simultaneamente ó seu cesamento por xubilación por outros traballadores nas condicións previstas no devandito real decreto.

2. O traballador que se xubile anticipadamente, sempre que leve ó servicio da empresa un mínimo

de cinco anos ininterrompidos, percibirá desta un premio por xubilación, segundo a táboa seguinte:

-Ós 60 anos: 1.400.000 ptas.

-Ós 61 anos: 1.100.000 ptas.

-Ós 62 anos: 800.000 ptas.

-Ós 63 anos: 350.000 ptas.

-Ós 64 anos: 250.000 ptas.

Percibirase a cantidade correspondente á idade de xubilación anticipada segundo a táboa anterior sempre que a dita xubilación se realice dentro do prazo de tres meses desde que o traballador cumpra a idade. De superarse este prazo, a contía será a seguinte inferior.

No suposto de que durante a vixencia do convenio se reducise a idade de xubilación, a escala da táboa anterior reduciríase tamén, co obxecto de que as 1.400.000 ptas. se percibirán cinco anos antes da idade regulamentaria e correlativamente ás demais contías ata chegar ás 250.000 ptas. que se percibirían un ano antes da idade regulamentaria.

Esta contía será independente da liquidación que por cesamento corresponda ó traballador.

Este premio non o percibirá o traballador que se acolla ó establecido no punto 1 deste artigo sobre xubilación anticipada segundo o Real decreto 1194/1985, do 14 de xullo.

Artigo 25º.-Acción sindical.

Neste punto haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 26º.-Cota sindical.

Por requirimento individual dos traballadores afiliados a sindicais legalmente constituídas, a empresa descontará da nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente. O traballador en tal operación remitiralle á dirección da empresa ou ó comité un escrito no que exprese a súa conformidade con el.

Artigo 27º.-Modalidades de contratación.

Complementando a normativa vixente na materia establécense as seguintes modificacións desta:

-Contrato de longa duración, contrato de duración determinada por circunstancias do mercado:

As partes asinantes do convenio constatan a existencia dun ciclo económico estatal levemente expansivo, o que esperan que se traducirá nun certo crecemento xeral do mercado.

No anterior inciden unhas especiais circunstancias propias do sector, derivadas da progresiva liberalización deste a nivel U.E. o que facilita a actuación das empresas españolas no territorio comunitario, pero, ó mesmo tempo, prodúcese a competencia de empresas comunitarias dentro do noso propio mercado nacional.

Polo que respecta a Galicia, concorre tamén un esperado aumento do nivel de actividade no sector derivado, entre outras circunstancias, dos plans sobre transporte ferroviario (amortización de liñas) e do esperado acrecentamento do turismo no momento actual e nos próximos anos, con motivo de acontecementos tales como o Xacobeo 99 e outros.

Todo o anterior provoca a necesidade de adecua-los parámetros da xestión empresarial, incluído o laboral, no sector de transporte de viaxeiros en autobuses por estrada, co obxectod e aproveitar ó máximo as ventaxas das actuais circunstancias do mercado para mellora-la cota de incidencia neste engadindo no aspecto laboral unha maior estabilidade no emprego, maior estabilidade que propiciará o aumento da profesionalidade do persoal, ó mesmo tempo que eliminará, no posible, a precariedade laboral derivada da contratación laboral de ciclo curto.

En consecuencia, de conformidade co establecido no artigo 15.1º B) do Estatuto dos traballadores para unha menor precarización do emprego, e buscando aproveitar ó máximo as posibilidades de emprego que se derivan do actual ciclo do mercado, o contrato por circunstancias do mercado, ó que se refire o devandito artigo, poderase celebrar por períodos que, un a un ou en conxunto, non superen os cinco anos dentro dun ciclo de seis anos, sendo a súa duración mínima inicial dun ano e a das prórrogas subseguintes de alomenos seis meses. Se non se concertase expresamente a súa prórroga, á terminación do contrato inicial ou dalgunha das súas prórrogas, e o traballador continuase prestando servicios na empresa, entenderase o contrato prorrogado ata un límite máximo de 5 anos.

O seu réxime xurídico, agás no regulado no presente artigo, será o semellante do contrato por tempo indefinido no que se refire ó desfrute de beneficios salariais, (antigüidade, réxime de complementos) e non salariais (permisos, licencias, indemnización de 45 días por ano de servicio no caso de despido disciplinario declarado improcedente, etc.).

O presente contrato sométese a un réxime específico de extinción, coa esixencia de aviso previo escrito cunha antelación mínima de 15 días, fixando unha indemnización para o traballador de conformidade coa seguinte escala:

-Se a extinción se produce nos dous primeiros anos do contrato, 12 días de salario por ano de servicio, prorrateándose por meses os períodos inferiores ó ano.

-Se se produce transcorridos dous anos e ata o termo de vixencia de catro anos, 15 días de salario por ano de servicio, prorrateándose por meses os períodos inferiores ó ano.

-Se se produce transcorridos catro anos e ata o termo de vixencia de cinco anos, 20 días de salario

por ano de servicio, prorrateándose por meses os períodos inferiores ó ano.

No suposto de non producirse a extinción, logo do correspondente aviso previo, á terminación da vixencia máxima del (5 anos), se o traballador segue prestando servicios para a empresa, o contrato transformarase en indefinido.

O presente contrato só se poderá celebrar a xornada completa e no seu texto terá que figurar unha referencia expresa ó presente artigo.

Independentemente da vixencia pactada para o resto do convenio, o presente artigo terá unha vixencia de seis anos.

Artigo 28º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente previsto neste convenio, haberá que aterse ó disposto na extinguida Ordenanza laboral de transportes por estrada mentres non sexa substituída por convenio nacional, así como na lexislación laboral e demais disposicións legais vixentes.

Artigo 29º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e cumprimento das cláusulas deste convenio, e, en xeral, para entender en cantas cuestións se deriven da súa aplicación, establécese unha comisión paritaria integrada por un número igual de representantes económicos e do comité de empresa asinantes do convenio. A comisión devandita elixirá o seu presidente, que non poderá ser membro do devandito órgano.

Artigo 30º.-Partes asinantes.

O presente convenio foi asinado polo director-xerente da empresa en representación da parte económica e polos membros do comité de empresa, en representación da parte social.

O presente convenio redáctase en galego e castelán.

Disposición adicional.

Unha vez extinguido o prazo de validez do presente convenio, se no prazo de dous meses no se chegase a un acordo para a sinatura dun novo convenio de empresa, as partes comprométense a negocia-lo pase ó convenio provincial de transporte de viaxeiros.

TÁBOA DE SALARIOS

CategoríasPesetasPlus Transp.Plus Ent. Re.

-Persoal administrativo
Oficial de primeira90.182 mes4.500 mes
Oficial de segunda83.971 mes4.500 mes
Auxiliar administrativo79.046 mes
AspiranteSalario mínimosegundo idade

-Persoal de movemento
Inspector 3.075 día4.500 mes
Conductor 3.026 día4.500 mes
Conductor-perceptor 3.026 día4.500 mes2.000 mes
Cobrador 2.628 día4.500 mes2.000 mes

-Persoal de obradoiro

CategoríasPesetasPlus Transp.Plus Ent. Re.

Xefe de taller113.247 mes4.500 mes
Oficial de primeira 3.104 día4.500 mes
Oficial de segunda 3.026 día4.500 mes
Oficial de terceira 2.912 día4.500 mes
Mozo de taller 2.548 día4.500 mes
AprendicesSalario mínimosegundo idade
Lavacoches 80.544 mes4.500 mes
Expendedor de billetes 83.302 mes

8174