Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.024

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de 1996 pola que se autoriza impartir provisionalmente as ensinanzas correspondentes ó grao medio dos estudios de danza a determinados centros privados.

A disposición transitoria segunda do Real decreto 389/1992, do 15 de abril (BOE do 28) polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas, sinala que os centros docentes privados que estean recoñecidos como centros de ensinanzas de danza de acordo co Decreto 1987/1964, do 18 de xuño, serán autorizados para imparti-las ensinanzas de grao elemental de danza correspondentes á nova ordenación do sistema educativo.

A disposición transitoria terceira do dito real decreto establece que os centros docentes privados

que estean clasificados como recoñecidos para a ensinanza de danza de grao medio, con anterioridade á entrada en vigor do dito real decreto poderán solicitar autorización para imparti-las ensinanzas de grao medio correspondentes á nova ordenación do sistema educativo.

Na Comunidade Autónoma de Galicia existen cinco centros autorizados de ensino de danza que impartidos no pasado curso académico o derradeiro curso do grao elemental e resulta necesario garantir ós alumnos e ás alumnas destes centros a continuidade dos seus estudios no grao medio.

Os centros de ensino de danza autorizados de grao elemental que se relacionan no anexo á presente orde solicitaron formalmente perante esta consellería a correspondente autorización para imparti-las ensinanzas de grao medio de danza e aportan documentación que acredita distintos graos de cumprimento dos requisitos mínimos físicos e de organización académica.

A necesidade de implantación no presente curso académico do primeiro curso do primeiro ciclo do grao medio de danza impide esixir ós centros a modificación inmediata das súas instalacións e medios para o cumprimento estricto da vixente normativa. Polo tanto, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Conceder autorización provisional, para o vindeiro curso académico 1996/1997, para impartir o grao medio das ensinanzas de danza ós centros autorizados que se relacionan no anexo a esta orde.

Segundo.-Para dar cumprimento ó que establece a disposición adicional terceira do Decreto 253/1995 do 29, de setembro, os centros autorizados de danza quedan adscritos ó Conservatorio de Danza da Deputación Provincial da Coruña para os estudios regulados pola Lei 1/1990 do 3 de outubro (LOXSE) e para cursos e graos dos estudios regulados con anterioridade á dita lei que non estean suprimidos polo Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, modificado polos reais decretos 535/1993, do 12 de abril, e 1487/1994, do 1 de xullo.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

CentroData creaciónDecretoDOG

Baby Study 7-11-1991383/199114 novembro
Coppelia 14-3-1991129/199225 marzo
Druida 13-2-199256/19923 marzo
Hannelore 7-3-199186/199121 marzo
Mayeusis 24-6-1987157/198714 xuño

7820