Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.018

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de outubro de 1996 pola que se clasifica como mixta a Fundación Vila Balnearia de Prexigueiro.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Vila Balnearia de Prexigueiro, con domicilio en Ribadavia.

Suposos de feito:

1. Jaime Dávila Sánchez, na súa calidade de representante legal da fundación, en escrito do 22 de marzo de 1996, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Ribadavia, o día 14 de xuño de 1995 ante o notario do Colexio da Coruña Francisco León Gómez, co número oitocentos corenta e catro do seu protocolo, por Miguel Fidalgo Areda, María Isabel Garrido Blanco, José Antonio Rodríguez Vázquez, José A. González Alonso, Rosendo Fernández González e Francisco Javier Bouzas Gómez, interveñen Miguel Fidalgo Areda en nome e representación do Concello de Ribadavia e os demais no seu propio nome e dereito, facéndoo, ademais, Rosendo Fernández González no nome e representación da Asociación Veciñal para o Desenvolvemento da Fundación Vila Balenaria de Prexigueiro, esta escritura foi corrixida por outra posterior outorgada en Ribadavia ante o notario Juan Antonio Rúa

Prieto co número catrocentos cinco do seu protocolo, do doce de marzo de mil novecentos noventa e seis.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é entre outros a promoción, desenvolvemento, proxecto e execución do complexo denominado Vila Balnearia de Prexigueiro.

4. O padroado da fundación estará constituído por Miguel Fidalgo Areda como presidente, Rosendo Fernández González como vicepresidente, José Antonio González Alonso como secretario , Francisco Javier Bouzas Gómez como tesoureiro e María Isabel Garrido Blanco e José Antonio Rodríguez Vázquez como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como mixta da Fundación Vila Balenaria de Prexigueiro, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como mixta e a súa adscrición á Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito:

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día vinteún de outubro de mil novecentos noventa e seis. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como mixta a Fundación Vila Balnearia de Prexigueiro e adscribila á Consellería da Pre

sidencia e Administración Pública, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

8019