Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.019

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 29 de outubro de 1996 pola que se declara de interese galego a Fundación Celta de Vigo e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións, sección da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Con data do 23 de outubro de 1996 publicouse no Diario Oficial de Galicia a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 15 de outubro de 1996 pola que se clasifica como mixta a Fundación Celta de Vigo adscribíndoa á Consellería da Presidencia e Administración Pública, que terá que exercer plenamente o protectorado sobre ela.

A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Vigo o día 17 de xuño de 1996 ante o notario desta cidade, José María Rueda Pérez, co número mil seiscentos trinta e un do seu protocolo, por Horacio Gómez Araújo, Francisco Javier Alonso Fernández, Manuel Barros Rial, Roberto Prieto Baena, Fernando Mosquera Herrero, Fidel Álvarez Fernández, Alfredo Rodríguez Millares, Camilo Prado Freire e José Antonio Rodríguez González no seu propio nome e dereito e representación de Francisco Hernández Vallejo, complementada por outra outorgada en Vigo o día 4 de outubro de 1996 ante o mesmo notario co número dous mil douscentos setenta e un do seu protocolo.

Esta fundación, ó abeiro do establecido no artigo 5 dos seus estatutos, ten por obxecto e finalidade, entre outros, fomenta-lo desenvolvemento do deporte en tódolos ámbitos.

Por todo isto, e en virtude das competencias que me confire o artigo 34.12º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, e segundo o establecido nos artigos 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e 32.3º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o réxime de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Declarar de interese galego a Fundación Celta de Vigo ó cumpriren os seus estatutos as prescricións que para tal efecto sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

2. Ordena-la inscrición da Fundación Celta de Vigo no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería da Presidencia e Administración Pública, para os efectos constitutivos que sinala a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

7759