Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.977

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 16 de outubro de l996 pola que se recoñece de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo.

Visto o expediente de recoñecemento de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo, que ten o seu domicilio social en Vigo, na rúa Gregorio Espino, 47, cómpre sinala-los seguintes feitos:

Primeiro.-O 27 de decembro de l995, solicitouse o recoñecemento de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Edelmiro Otero Calvo, por medio de escrito presentado por Manuel Ubeira Prado, na súa calidade de representante da fundación.

Segundo.-A fundación constitúese en escritura pública, outorgada no Porriño o l5 de decembro de l995, perante a notaria Mónica Alba Castro, co número mil catrocentos trinta e oito do seu protocolo, por Manuel Ubeira Prado, Secundino Rodríguez Sierra, José-Luis Casal Piñeiro, Carlos Expósito Chantada, José-Ramón López Lage, José Luis Otero Rubianes, José Rafael Rodríguez Lorenzo, Miguel Vila Rubianes e Marcial Macia Vázquez, actuando no nome e representación da Corrente Sindical Galega de Enerxía (CSGE), sendo posteriormente rectificada por escritura pública do l5 de maio de l996, perante a mesma notaria e co número catrocentos corenta e catro de protocolo.

Terceiro.-A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías, elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública, proposta de clasificación como laboral da Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo, dado o seu obxecto, cumpríndose os requisitos establecidos na Lei 7/83, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, e na Lei ll/l99l, do 8 de novembro, de reforma da anterior, así como no Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado polo Decreto 248/l992, do l8 de xuño.

Cuarto.-Á vista da proposta da Comisión de Secretarios Xerais, e de acordo co disposto no artigo 32.lº e 2º do citado regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de inte

rese galego, a Consellería da Presidencia e Administración Pública dictou a Orde do 27 de xuño de l996, (DOG do l6 de xullo), pola que se clasifica como de interese laboral a Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo, adscribíndolle a execución das facultades inherentes ó protectorado á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Quinto.-Segundo consta no artigo 3 dos seus estatutos son fins da fundación, entre outros, o desenvolvemento, afondamento e divulgación do sindicalismo, e moi en especial do movemento sindical galego, promovendo para o efecto a realización de conferencias, cursos, coloquios, publicacións e calquera outra acción que contribúa directa ou indirectamente ó fortalecemento da cultura sindical en Galicia e á elevación do nivel das persoas integrantes do movemento sindical.

Sexto.-Na escritura pública pola que se constitúe a fundación constan, entre outros, os seguintes asuntos: acreditación da personalidade dos fundadores, dotación inicial da fundación, estatutos nos que se reflicta a súa denominación como Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo, capacidade xurídica, forma de adopción de acordos, enderezo e obxecto.

Sétimo.-Con respecto ó padroado, está integrado inicialmente segundo o artigo l2 dos estatutos da fundación, polas nove persoas que formalicen a escritura fundacional, isto é:

-Manuel Ubeira Prado.

-Secundino Rodríguez Sierra.

-José Luis Casal Piñeiro.

-Carlos Expósito Chantada

-José Ramón López Lage

-José Luis Otero Rubianes

-José Rafael Rodríguez Lorenzo

-Miguel Vila Rubianes

-Marcial Macia Vázquez

Vista a Constitución española de l978, o Estatuto de autonomía de Galicia, a Lei 7/l983, do 22 de xuño, e a Lei ll/l99l, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, as condicións básicas establecidas na Lei 30/94, do 24 de novembro, de fundacións e incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral, desta normas de desenvolvemento da mesma e as de xeral aplicación, así como o informe favorable da Asesoría Xurídica, cómpre sinalalos seguintes:

Fundamentos xurídicos:

Primeiro.-O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral, de acordo coa lei. O artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia atribúelle a esta comu

nidade competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo.-Conforme co artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, así como co artigo 4 do Decreto l3/1994, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, é competencia desta consellería a declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo dado o seu obxecto, coincidente coas competencias desenvolvidas pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, asumindo as funcións que en canto a protectorado lle corresponden á Xunta de Galicia.

Terceiro.-Ó abeiro do disposto no artigo 7.5º da Lei 7/l983, do 22 de xuño, á realización da finalidade fundacional débese destinar, cando menos, o oitenta por cento das rendas que obteña a fundación e dos outros ingresos que non formen parte da dotación da fundación.

Cuarto.-A Lei ll/l99l, do 8 de novembro, dá nova redacción ó artigo 21.2º da Lei 7/l983 establecendo a obriga de, por unha banda, formular e presenta-lo orzamento de ingresos e gastos ó protectorado con anterioridade ó inicio do exercicio económico e por outra, a de efectuar un inventario-balance, pechado na data do remate do exercicio, unha memoria das actividades realizadas durante o ano e da xestión económica do patrimonio, así como a liquidación do orzamento de ingresos e gastos do ano anterior, que deberán presentarse ó protectorado no prazo de seis meses desde a data de peche do exercicio.

Este conxunto de obrigas débense entender asumidas pola fundación, aínda que non se recollan expresamente nos seus estatutos.

Quinto.-Que á vista do exposto pódense entender substancialmente cumpridos os requisitos legais e regulamentarios para a declaración de interese galego e a súa inscrición no Rexistro de Fundacións, Sección da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, segundo se desprende dos artigos 2, 3, 4, 5 e 33 do Decreto 248/l992.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Primeiro.-Recoñecer e declarar de interese galego a Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, Sección da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Terceiro.-Aproba-los seus estatutos e a composición do seu órgano de goberno.

Cuarto.-A dita fundación queda sometida ó disposto no resto da normativa de xeral aplicación, en especial á obriga de dar publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro

na prestación dos seus servicios, quedando obrigada a render contas anualmente ó protectorado e a xustificar a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais, así como a presenta-lo proxecto de orzamento antes do derradeiro mes do exercicio económico anterior a aquel para o que se formula debendo solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de l996.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

9606735