Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.978

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa El Pote, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa El Pote, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-8-1996, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa o día 8-8-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de agosto de 1996.

Carlos Martul Álvarez de Neyra

Delegado provincial Acctal. da Coruña

Convenio colectivo El Pote, S.A. 1996

Artigo 1º

O presente convenio establece as condicións das relacións de traballo entre El Pote, S.A. e os seus traballadores.

En todo o non previsto neste convenio haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores e no acordo para a substitución da ordenanza de comercio, publicado no BOE do 9 de abril de 1996 por resolución da Dirección Xeral de Traballo, do 21 de marzo de 1996.

Artigo 2º

O convenio será de aplicación para os distintos centros de traballo que a empresa ten na Coruña e a súa provincia.

Artigo 3º

Afectará a tódolos traballadores pertencentes a ela, agás os altos cargos, de acordo co establecido no número un a) do artigo 2 do Estatuto dos traballadores. Exceptúanse desta norma os traballadores complementarios e os de a tempo parcial, que se rexerán polas condicións do seu contrato individual sen afectarlle este convenio.

Artigo 4º

A vixencia do presente convenio iniciarase a partir do 1º de xaneiro de 1996 ata o 31 de decembro do mesmo ano.

Prorrogarase automaticamente se ningunha das partes o denuncia cun mes de antelación, polo menos, ó termo da vixencia.

Artigo 5º

A clasificación do persoal será establecida na ordenanza laboral do sector, sendo a súa definición a reflectida nela. Así mesmo, mantéñense as categorías profesionais creadas no Convenio Nacional de Grandes Almacenes, que caducou o 31 de decembro de 1977 e que figura publicado no Boletín Oficial del Estado número 307, con data 23 de decembro de 1975.

Artigo 6º

A xornada de traballo queda establecida en corenta horas semanais, equivalentes a mil oitocentas quince (1.815) en cómputo anual. Non obstante, para as vendas especiais de Nadal, Reis, agosto e balances e outras datas de significación especial, prolongarase a xornada o tempo suficiente, e retribuirase como horas extraordinarias que terán a consideración de horas estructurais. Todo o persoal fixo o 1 de xaneiro de 1991 que traballe os sábados pola tarde librará a mañá do luns seguinte. Respecto ó persoal por tempo determinado, aplicaráselle o disposto no artigo segundo do Real decreto 860/1976, do 23 de abril de 1976 (disposición derradeira cuarta, parágrafo segundo, do Estatuto dos traballadores).

Artigo 7º.-Retribucións.

Os soldos base deste convenio son os que figuran no anexo que se xunta, resultantes de aplicar un aumento do 4% ós da táboa salarial de 1995. O convenio revisarase con efectos do 1-1-1996 se o

IPC de 1996 supera o 4% e na cantidade que supere a dita porcentaxe.

Artigo 8º.-Complemento persoal de antigüidade.

Durante a vixencia deste convenio, os aumentos por antigüidade estarán constituídos por cuadrienios do seis por cento sobre os soldos base do anexo que se xunta, coas limitacións establecidas no artigo 25.2º do Estatuto dos traballadores, na redacción da Lei do 20 de marzo de 1980. A data inicial do cómputo da antigüidade será a do ingreso do traballador na empresa, e comezará a devengarse desde o primeiro do mes no que se cumpra o período, se este ten lugar do un ó quince, e desde o primeiro do mes seguinte se este fose do dezaseis en adiante. Esta mesma norma aplicarase tamén nos casos de ascensos.

Artigo 9º.-Gratificacións extraordinarias.

Mantéñense as catro xa establecidas, é dicir, as de Nadal, xullo, beneficios e fomento á cultura, rateándose esta última en doceavas partes como se veu facendo. Cada gratificación estará constituída por trinta días de soldo base maila antigüidade, e o seu importe será rateable en proporción ó tempo traballado.

Artigo 10º.-Plus de distancia e transporte.

Para compensa-los gastos de locomoción que por estes conceptos se ocasionan, a empresa aboaralle a cada traballador un plus mensual de oito mil trescentas sesenta pesetas (8.360 ptas.), sen distinción de categorías, mesmo nos períodos de baixa por incapacidade laboral transitoria e durante as vacacións.

O persoal que ingrese ou cese no transcurso do mes percibirá a parte proporcional dos días traballados. O referido importe obtense da aplicación dun 4% de incremento sobre o plus vixente en 1995.

Artigo 11º.-Seguro de accidente.

A empresa comprométese a subscribir un seguro de accidente que cubra durante as 24 horas do día os seguintes riscos:

a) Morte por accidente.

b) Invalidez absoluta e total por accidente.

O capital asegurado será dun millón duascentas mil pesetas (1.200.000 ptas.) en ámbolos casos.

Unha vez subscrita a póliza correspondente cunha compañía aseguradora El Pote, S.A. non responderá subsidiariamente en ningún caso do pagamento da indemnización correspondente ós accidentes aquí considerados.

Artigo 12º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas cláusulas económicas ou de calquera índole contidas neste convenio, consideradas no seu conxunto, establécense co carácter de mínimas, polo que outros pactos, cláusulas ou situacións actualmente vixentes na empresa que impliquen condi

cións máis beneficiosas cás convidas, serán respectadas e non absorbidas. Serán, non obstante, absorbibles as cantidades entregadas a conta deste convenio.

Artigo 13º

Salvo disposición legal en contrario, o contido económico deste convenio manterase inalterable ó longo de 1996.

Artigo 14º.-Vacacións.

As vacacións serán de trinta días naturais independentemente da categoría laboral de cada traballador por cada ano de servicio na empresa, liquidándose por ano natural, como se veu facendo. O persoal que ingrese ou cese no transcurso do ano, desfrutará ou liquidaráselle a parte proporcional que lle corresponda. O seu desfrute efectuarase en dous períodos, un de nove días no inverno e outro de vinteún (tres semanas) no verán, entendéndose por meses de verán a partir do un de xuño ata o trinta de setembro, e de inverno, os restantes. Ó comeza-lo ano, a empresa establecerá o calendario de quendas de cada período. As quendas serán confeccionadas por plantas, agás o almacén e as oficinas, que o serán no seu conxunto. Seguidamente e antes do 31 de xaneiro confeccionaranse os cadros de vacacións, que non serán modificados salvo acordo entre as partes. O traballador que, por causa imputable á empresa, non puidese desfruta-lo período de vacacións de verán, percibirá, como compensación, unha

bolsa de trinta mil (30.000) pesetas. Cando, por causas alleas á vontade da empresa, como nos casos de enfermidade ou accidentes, o traballador non puidese desfruta-las súas vacacións no período previsto, non se alterarán as quendas establecidas para os demais traballadores, e concederánselles noutras datas de común acordo coa empresa, sen que teña dereito a bolsa ningunha, calquera que sexa a época do desfrute, seguindo a norma destes últimos anos. As quendas de vacacións de verán comezarán sempre un luns, aínda que este sexa festivo pero, para non alterar estes, neste caso o traballador desfrutará un día noutra data, que se fixará de común acordo entre as partes. Respecto ás de inverno, se o desfrute destas comezase un venres, o traballador non terá a obriga de reincorporarse ó traballo ata a xornada da tarde do luns en que debía comezar a traballar. En canto á elección de quendas, farase de forma rotatoria seguindo a norma de costume.

Artigo 15º.-Excedencia por maternidade.

O persoal feminino terá dereito a desfrutar un ano de excedencia voluntaria non retribuída por maternidade, con dereito a reserva de praza, para atención do acabado de nacer, contado desde o día da alta médica pola dita causa, e debe solicitar, cun mes de antelación como mínimo, tanto esta como logo o reingreso, para a súa efectividade.

Artigo 16º

As atribucións do comité de empresa serán en todo momento as establecidas pola lei.

Artigo 17º

Constitúese unha comisión paritaria composta por Luis Conde Gogorza e Miguel Calderón Acero por parte da emprea, e Mª Luisa Blanco e Javier Buján Chamorro pola dos traballadores, para resolver cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir entre as partes na aplicación e interpretación deste convenio.

Artigo 18º

En todo o que non se regule no presente convenio haberá que aterse ó disposto na lexislación xeral de traballo e, especialmente, no Estatuto dos traballadores e o acordo para a substitución da ordenanza de comercio, publicado no BOE do 9 de abril de 1996 por resolución da Dirección Xeral de Traballo, do 21 de marzo de 1996.

Artigo 19º.-Premio de xubilación anticipada.

A empresa aboaralles un complemento de xubilación ós traballadores que, con dez anos de antigüidade como mínimo nela, se xubilen voluntariamente. A súa contía irá en función da seguinte escala:

-Por xubilación voluntaria ós 60 anos: 16 mensualidades de salario e antigüidade.

-Por xubilación voluntaria ós 61 anos: 13 mensualidades de salario e antigüidade.

-Por xubilación voluntaria ós 62 anos: 10 mensualidades de salario e antigüidade.

-Por xubilación voluntaria ós 63 anos: 7 mensualidades de salario e antigüidade.

-Por xubilación voluntaria ós 64 anos: 3 mensualidades de salario e antigüidade.

Para a súa percepción, debería solicitarse antes de cumpri-la idade correspondente. Nas xubilacións ós 60, 61 e 62 anos, a empresa poderá fracciona-lo pagamento en tres meses.

A partir dos 65 anos, a xubilación será obrigatoria para tódolos traballadores, con dereito ó 100% da base reguladora.

Artigo 20º.-Roupa de traballo.

A empresa entregaralle a cada traballador, ó inicia-lo traballo, dúas fundas ou pezas de roupa de protección necesarias, de acordo coa ordenanza de seguridade e hixiene no traballo.

Esta roupa será renovada a medida que o uso a deteriore e, en calquera caso, a empresa entregará unha nova cada ano.

Artigo 21º.-Permisos retribuídos.

Ademais dos establecidos na lexislación vixente, os traballadores terán dereito a un día por asuntos propios, logo de solicitude á empresa. Este día non será acumulable ás vacacións.

ANEXO I

TÁBOAS SALARIAIS

CategoríasSoldo

mensual

Cómputo

anual

Director140.9722.214.900
Xefe de división125.3021.979.850
Xefe de centro ou sucursal109.5201.743.120
Xefe de sección99.6111.594.485
Dependente maior91.1391.467.405
Dependente 25 anos84.4001.366.320
Dependente 22 anos81.9821.330.050
Dependente con menos dun

ano na empresa

78.2951.274.745
Axudante78.2951.274.745
Oficial 1ª administrativo90.9681.464.840
Oficial 2ª administrativo84.4001.366.320
Auxiliar administrativo79.6741.295.430
Decorador99.6111.594.485
Axudante decoración e

publicidade

84.4001.366.320
Escaparatista98.6301.579.770
Montador de escaparates84.4001.366.320
Profesional oficio de 1ª84.4001.366.320
Profesional oficio de 2ª81.9821.330.050
Mozo79.6741.295.430

7893