Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.981

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1996 pola que se fai público o acordo plenario do día 1 de agosto de 1996 polo que se establece o número e composición das seccións do Consello Consultivo de Galicia para o ano 1996.

De conformidade co establecido na disposición transitoria do Decreto 287/1996, do 12 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, esta presidencia,

RESOLVE:

Facer público o acordo plenario do 1 de agosto de 1996 do Consello Consultivo de Galicia, que ratifica o acordo previo do 4 de marzo do mesmo ano, polo que se establecen o número e composición das sección do devandito consello para 1996, que ten o tenor literal seguinte:

«Segundo o disposto nos artigos 15 e 16 da Lei 9/1995, do 10 de novembro, de creación do Consello Consultivo de Galicia, e o artigo 16 e disposición transitoria do seu Regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 287/1996, o pleno do Consello Consultivo de Galicia, na súa reunión do día 1 de agosto de 1996,

ACORDA:

1. Ratificando o acordo previo deste consello do 4 de marzo do presente ano sobre a devandita materia, establece-lo número e composición das sección do Consello Consultivo de Galicia para o ano 1996 da forma seguinte:

-Sección primeira:

Presidente: Pablo Moure Mariño.

Conselleiros: José Luis de la Torre Nieto.

José María Gómez y Díaz-Castroverde.

-Sección segunda:

Presidente: Antonio Carro Fernández-Valmayor.

Conselleiros: José María Gómez y Díaz-Castroverde.

José Luis de la Torre Nieto.

2. Ordena-la publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia».

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 1996.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia

Sr. Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

7921