Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.981

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de outubro de 1996 pola que se lle dá publicidade á Resolución do 7 de outubro da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións Públicas pola que se efectúa a formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, convocada pola resolución da dita dirección xeral do 19 de abril de 1996 (BOE do 9 de maio).

De conformidade co establecido no artigo 22.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, esta consellería,

DISPÓN:

Publica-la Resolución do 7 de outubro de 1996 da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións Públicas pola que se efectúa a formalización definitiva de adxudicacións do concurso ordinario de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional convocado por resolución da dita dirección

xeral do 19 de abril de 1996 (BOE do 9 de maio), e o anexo correspondente ó ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia co contido que se sinala a continuación.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

«Adoptados polas corporacións locais acordos de resolución do concurso ordinario de provisión de postos reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, convocado pola Resolución do 19 de abril 1996, de acordo coa competencia atribuída a estas no artigo 21.4º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

Observadas, tralo estudio conxunto das ditas resolucións, adxudicacións concidentes a favor de idénticos concursantes; e en consecuencia levado, a cabo por esta dirección xeral o preceptivo proceso de coordinación previsto no artigo 22.2º do citado Real decreto co obxecto de evitar nomeamentos coincidentes.

Esta dirección xeral,

RESOLVE:

1. Elevar a definitivos os nomeamentos efectuados polas corporacións convocantes a favor dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, nos termos seguintes:

Comunidade Autónoma de Galicia

-Secretaría categoría superior.

* A Coruña

Concello de Culleredo 1530001

Deserta trala fase de coordinación

Concello de Oleiros 1557001

Deserta trala fase de coordinación.

-Intervención-tesourería categoría superior.

* A Coruña

Concello de Carballo 1519001

González-Baylen López, Mª Africa DNI 2167022

Diputación da Coruña 1500101

(Adxunto á intervención)

Calvo del Castillo, Vicente José DNI 50293899

-Secretaría categoría de entrada.

* A Coruña

Concello de Bergondo 1508001

Fernández González, Mª Mercedes DNI 35810928

* Pontevedra

Concello de Gondomar 3621001

Mernino Gil, Ana Begoña DNI 36023159

-Secretaría-Intervención.

* A Coruña

Concello de Ares 1504001

Larrosa Rodríguez, Manuel DNI 32624447

Concello de Cesuras 1526001

Sánchez Presedo, José Carmelo DNI 76331157

Concello de Dumbría 1533001

Cobasa Cotelo, Constantino DNI 32438728

* Ourense

Concello de Allariz 3201001

Jardón Pedras, Maximino DNI 34911078

Concello de Calvos de Randín 3216001

González Iglesias, Juan Luis DNI 34978593

* Pontevedra

Concello de Crecente 3614001

Deserta trala fase de coordinación

Concello de Rodeiro 3646001

Conde López, Monteserrat DNI 34251849

2. Os restantes postos convocados non foron obxecto de adxudicación por falta de solicitantes, por non reuniren estes os requisitos ou puntuación mínima se é o caso, ou por falta de resolución ou da súa remisión a esta dirección xeral por parte das corporacións respectivas.

3. O prazo de toma de posesión dos funcionarios dos que se formalizan os nomeamentos, será de 3 días hábiles contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial do Estado, se se trata de postos na mesma localidade e dun mes se se trata do primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta. Non obstante, os presidentes das corporacións poderán diferi-lo cesamento e a toma de posesión polo prazo que aconsellen as necesidades do servicio co límite establecido no artigo 23.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

4. As corporacións locais deberanlle remitir a esta dirección xeral e ó órgano correspondente da comunidade autónoma respectiva copia da acta da toma de posesión e cesamento, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se produzan».

9607871