Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.982

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 21 de outubro de 1996 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Consellería de Cultura e Comunicación Social, mediante Orde do 18 de setembro de 1996 (DOG nº 189, do 26 de setembro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes, se está en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, despois de comunicalo a esta consellería segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1996.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

ANEXO I

Apelidos e nome: Gómez García, Mª Carmen.

NRP ou DNI: 13.697.634.

Grupo: A.

Nivel: 30.

Corpo ou escala: xeral.

Posto de traballo: Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural.

Código do posto: CUC040000 115770001.

Dependencia: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Localidade: Santiago de Compostela.

9607408