Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.983

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (61/1994).

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, fai saber que neste xulgado baixo o número 61/1994 de rexistro se segue procedemento xudicial sumario do Art. 131 la Lei hipotecaria, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representado pola procuradora Pernas Grobas, contra Carlos Pampín Tojo e María Cruz Casal Segade, en reclamación de crédito hipotecario; nas súas actuacións acordouse sacar a segunda e pública poxa, por termo de vinte días e prezo

da súa avaliación, os seguintes predios contra os que procede:

A segunda poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, Avenida de Lugo nº 45, o vindeiro día 12 de decembro deste ano, ás 10 horas, baixo as seguintes condicións:

1. O tipo do remate é de cinco millóns catrocentas mil pesetas; non se admitirán ofertas que non cubran a dita suma.

2. Para tomar parte na poxa deberán consigna-los licitadores previamente na mesa do xulgado ou establecemento destinado para tal efecto unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do tipo do remate.

3. Poderá facerse o remate en calidade de llo ceder a un terceiro.

4. Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito en prego cerrado, depositando na mesa do xulgado, xunto a aquel, o importe da consignación a que se refire o apartado 2 ou acompañando o resgardo de tela feito no establecemento destinado para o efecto.

Os autos e a certificación rexistral están de manifesto na secretaría e os licitadores aceptar como válida a titulación, sen que poidan esixir outros títulos.

As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade delas, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

En caso de quedar deserta a segunda poxa, sinálase unha terceira para o vindeiro 22 de xaneiro de 1997 tamén ás 10 horas.

O predio obxecto da poxa é o seguinte:

-Casa sita na parroquia do Cebreiro, municipio do Pino, destinada a vivenda unifamiliar composta de planta baixa e piso alto, duns 70 metros cadrados, situado no sector central do predio, co que estrema por tódolos seus ventos. Ten como anexo o resto do predio a labradío, coñecido como Agra Maior, de cinco áreas, 35 centiáreas. Linda: norte e sur, Enrique Blanco Mosquera; leste, Antonio Casal e oeste camiño veciñal a Angomil e outros lugares.

E para que teña coñecemento o público en xeral e os demandados en caso de non seren encontrados no predio obxecto de poxa, expídes esta cédula en Arzúa o vintesete de setembro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

9608021