Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.957

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 25 de outubro de 1996, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, pola que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas) referente ó persoal de corpos e escalas da Lei 17/1989, de 23 de outubro.

A modificación da estructura orgánica dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas) efectuada polos Decretos 63/1996 e 64/1996, do 15 de febreiro, respectivamente (DOG nº 41, do 27 de febreiro de 1996; correccións de erros, DOG nº 60, do 20 de marzo de 1996), fan necesario modificar parcialmente a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, referente ó persoal dos corpos e escalas da Lei 17/1989, do 23 de outubro.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal,

DISPOÑEMOS:

Artigo único.-Modifica-la relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, referente ó persoal de corpos e escalas da Lei 17/1989, do 23 de outubro, publicada por Orde do 11 de febreiro de 1994 da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG nº 41, do 1 de marzo) nos termos que se sinalan no anexo da presente orde.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1996.

Dositeo Rodríguez RodríguezJosé Antonio Orza Fernández

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Economía

e Administración Públicae Facenda

ANEXO

a) Claves utilizadas para designar corpos e escalas sanitarias na relación de postos de traballo do personal incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro:

1.-Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia:

1.1.-Escala de atención primaria e especializada:

1.1.1.-Subescala de atención primaria:

1.1.1.1.-Clase de médicos titulares.

1.1.2.- Subescala de atención especializada:

1.1.2.1.-Clase de médicos:

1.1.2.1.1.-Xeneralistas.

1.1.2.1.2.-Psiquiatría.

1.1.2.1.3.-Obstetricia e xinecoloxía.

1.1.2.1.4.-Pediatría.

1.1.2.1.5.-Medicina interna.

1.1.2.1.6.-Cirurxía xeral.

1.1.2.1.7.-Traumatoloxía.

1.1.2.1.8.-Otorrinolaringoloxía.

1.1.2.1.9.-Uroloxía.

1.1.2.1.10.-Radioloxía.

1.1.2.1.11.-Neumoloxía.

1.1.2.2.-Clase de farmacéuticos:

1.1.2.2.1.- Análises clínicos.

1.1.2.2.2.-Farmacia hospitalaria.

1.1.2.5.-Clase de psicólogos.

1.2.-Escala de saúde pública e administración sanitaria:

1.2.1.-Clase de farmacéuticos titulares.

1.2.3.-Clase de licenciados en medicina e cirurxía.

1.2.4.-Clase de licenciados en farmacia.

1.2.6.-Clase de licenciados en ciencias químicas.

1.2.7.-Clase de licenciados en ciencias biolóxicas.

1.2.8.-Clase de licenciados en psicoloxía.

1.2.9.-Clase de inspectores médicos.

1.2.10.-Clase de Inspectores farmacéuticos.

2.-Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia:

2.1.-Escala de atención primaria e especializada.

2.1.1.- Subescala de atención primaria.

2.1.1.1.- Clase de practicantes titulares.

2.1.1.2.- Clase de matronas titulares.

2.1.2.- Subescala de atención especializada:

2.1.2.1.- Clase de ATS/DUE básicos.

2.1.2.2.- Clase de terapeutas ocupacionais.

2.2.- Escala de saúde pública e administración sanitaria:

2.2.1.-Clase de ATS/DUE.

2.2.2.- Clase de subinspectores sanitarios.

5.-Persoal da Administración da Seguridade Social pertencente á escala de inspectores médicos do corpo sanitario do extinguido Instituto Nacional de Previsión (INP) e inspectores médicos do corpo especial do Instituto Social da Mariña.

6.-Persoal da Administración da Seguridade Social pertencente á escala de farmacéuticos inspectores do corpo sanitario do extinguido Instituto Nacional de Previsión (INP).

7.-Persoal pertencente a outros corpos e escalas de carácter sanitario de calquera Administración Pública e persoal facultativo regulado no Estatuto Xurídico do Persoal Médico da Seguridade Social.

8.-Persoal da Administración da Seguridade Social pertencente á escala de ATS-Visitadores do corpo sanitario do extinguido Instituto Nacional de Previsión (INP).

b) Clave para designa-la formación específica:

523.- Diploma de directivo

8140