Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.945

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 25 de outubro de 1996, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, pola que se modifica a relación de postos de traballo das consellerías de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e de Sanidade e Servicios Sociais.

A creación do organismo autónomo Augas de Galicia, adscrito á Consellería da Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, efectuada pola Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia (DOG nº 125, do 2 de xullo de 1993, corrección erros DOG nº 175, do 10 de setembro de 1993), desenvolvida polo Decreto 108/1996, do 29 de febreiro polo que se aproba o Regulamento do organismo autónomo Augas de Galicia (DOG nº 55, do 18 de marzo de 1996, corrección de erros DOG nº 81, do 25 de abril de 1996), así como a modificación da estructura orgánica dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas) efectuada polos decretos 63/1996 e 64/1996, do 15 de febreiro, respectivamente (DOG

nº 41, do 27 de febreiro de 1996, correccións de erros DOG nº 60, do 20 de marzo de 1996), fan necesario modificar parcialmente as relacións de postos de traballo das citadas consellerías, publicadas por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 24 de novembro de 1995 (DOG nº 227 do 27 de novembro de 1995; correccións de erros DOG nº 238, do 14 de decembro de 1995 e nº 86 do 2 de maio de 1996).

En consecuencia, por proposta das consellerías de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e de Sanidade e Servicios Sociais, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal,

DISPOÑEMOS:

Artigo único.- Modifica-la relación de postos de traballo da Administración da Xunta de Galicia nos termos que se sinalan nos anexos I e II da presente orde.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1996.

Dositeo Rodríguez RodríguezJosé Antonio Orza Fernández

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Economía

e Administración Públicae Facenda

7987