Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.961

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de novembro de 1996 pola que se dictan normas para garanti-los servicios esenciais durante a folga convocada para os días 7 e 13 de novembro de 1996 para os empregados e empregadas públicos da Administración autonómica agás os centros de ensino e o persoal das institucións sanitarias dependentes do Sergas.

O exercicio do dereito de folga queda condicionado ó mantemento dos servicio esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20).

O artigo 3 do devandito decreto faculta os conselleiros competentes por razón dos servicios esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, determinen o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, e o persoal preciso para prestalos.

A Federación Nacional de Servicios Públicos da Unión Xeral de Traballadores de Galicia, en escrito presentado perante o Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ( Rexistro de entrada do 26 de outubro de 1996) comunica a convocatoria de paro que terá lugar durante as xornadas dos días 7 e 13 de novembro de 1996 e que afectará os empregados e empregadas públicas dependentes da Administración Autonómica, agás os centros de ensino e o persoal das institucións sanitarias dependentes do Sergas. O día 7 en horario de 12 a 13 horas. O día 13, en horario de 11 a 12 horas.

A necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servicios esenciais obriga a Administración autonómica, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servicios mínimos indispensables para o funcionamento dos servicios esenciais que se concretan e xustifican na presente orde.

Así pois, establécense servicios mínimos respecto a sectores e actividades dos que a regulación é competencia dalgunha das consellerías da Xunta de Galicia e que poden afecta-lo desenvolvemento ordinario da actividade cidadá.

Na Presidencia da Xunta de Galicia considérase imprescindible a fixación de servicios mínimos para atende-los asuntos de xestión e as atencións de representación institucional do presidente.

A Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia establece os servicios mínimos necesarios para poder atende-los asuntos contenciosos ou consul

tivos que de forma inaprazable e urxente deban resolverse mentres dure a folga.

Polo que respecta á Secretaría Xeral para o Deporte, procédese a fixa-los servicios mínimos que garantan o normal funcionamento dos diferentes servicios deportivos, en beneficio dos cidadáns durante a xornada de folga. Por parte da Secretaría Xeral para o Turismo establécese o mínimo de persoal que garanta o normal funcionamento dos servicios. No que respecta a Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente será de aplicación o establecido no Decreto 314/1995, do 7 de decembro, de regulamento da acción continuada do persoal adscrito a Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente da Xunta de Galicia que cumpre funcións de protección civil.

Na Consellería da Presidencia e Administración Pública, departamento do que depende o mantemento xeral do complexo administrativo de San Caetano e oficinas que alberguen os servicios da Administración Autonómica, os servicios médicos, e parque móbil da Xunta de Galicia, é necesario determinar servicios mínimos dirixidos a cubrir estas necesidades. En canto á Inspección Xeral de Servicios fíxanse os servicios mínimos indispensables que poidan garantir adecuadamente o cumprimento da información administrativa e atención ó cidadán, así como os labores de inspección.

Polo que respecta á Consellería de Economía e Facenda, considérase que os servicios mínimos deben restrinxirse a cubri-lo funcionamento imprescindible dos servicios administrativos e informáticos así como garantirlles ós cidadáns os seus dereitos para a realización de ingresos, presentación de autoliquidacións, recursos e ingresos para efectua-los pagamentos correspondentes en prazo sen sufrir recargo.

Na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o mantemento dos servicios de comunicacións esixe que se estableza como mínimo unha brigada retén de conservación de estradas por cada delegación provincial, para os efectos de atender calquera alteración, accidente ou incidencia nas vías de comunicación.

Polo que se refire á Consellería de Industria e Comercio resulta necesario establece-los servicios mínimos que poidan atende-las diversas situacións na prestación de servicios de carácter público, correspondentes a unidades e servicios dependentes da consellería.

En canto á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, o exercicio do dereito de folga na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais, de acordo co Decreto 155/1988, do 9 de xuño, o que significa, tal e como declarou o Tribunal Constitucional, que o dereito da comunidade a estas prestacións vitais é prioritario respecto do dereito á folga, se ben esta prioridade necesita ser contrastada en cada situación de folga e sometida ó principio de proporcionalidade dos sacrificios impostos ós folguistas e ós beneficiados polo servicio, no que atinxe ós dereitos fundamentais, as libertades públicas e os bens constitucionalmente protexidos.

O mencionado Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se dictan normas para garanti-la prestación dos servicios esenciais no ámbito da comunidade autónoma, establece que terán a consideración de servicios esenciais, entre outros e polo que respecta ós prestados por esta consellería, os de vixilancia e extinción de incendios; educación; e mantemento de edificios, bens e instalacións públicas (artigo 2º).

A motivación da concreta determinación do mínimo de actividade e da fixación do persoal preciso para asegura-lo mantemento dos específicos servicios esenciais prestados por esta consellería é, respecto a cada un deles, a seguinte:

No Servicio de Defensa contra Incendios Forestais, a imprevisibilidade do feito causante da prestación do servicio esencial de vixilancia e extinción de incendios e a indeterminabilidade das súas consecuencias en canto a vidas e facendas, ante o que sería de aplicación plenamente e sen posibilidade de restricción ningunha o principio de que salus populi máxima lex est se sucedese que fose mester, obviamente a xuízo dos responsables do servicio, a utilización do total dos efectivos de que se dispoñen.

Nos Servicios de Medio Ambiente Natural y de Montes e Industrias Forestais, a realización de funcións de vixilancia de bens públicos.

Nas escolas de capacitación agraria, o seu funcionamento como centros de educación con internado.

No Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña), o Centro de Investigacións Forestais de Lourizán (Pontevedra), a Estación de Viticultura e Enoloxía de Leiro (Ourense), os CENSYRAS de Lugo e Fontefiz (Ourense), os laboratorios pecuarios de Guísamo (A Coruña), Lugo e Salcedo (Pontevedra), o Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico-Departamento Agroalimentario de Guísamo (A Coruña), o Centro Experimental do Baixo Miño de Salceda de Caselas (Pontevedra) e o Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia en Mabegondo (A Coruña), o mantemento de edificios, bens e instalacións públicas, así como o necesario seguimien

to de proxectos de investigación, cultivos e ensaios de laboratorio.

Nas granxas cinexéticas, piscifactorías e viveiros, igualmente o mantemento de edificios, bens e instalacións públicas.

A diferente determinación de actividades e fixación de persoal destes centros e granxas que teñan como motivación o necesario mantemento de edificios, bens e instalacións públicas, responde ó seu diferente volume de actividade e de persoal dos seus respectivos cadros de persoal.

Nos servicios veterinarios propios da consellería, o desenvolvemento das súas funcións de sanidade animal levadas a cabo mediante a rede de alerta sanitaria e de control das condicións epizootiolóxicas e sanitarias en feiras, mercados, así como en calquera outro tipo de concentracións de gando e de movementos pecuarios.

Na Consellería de Cultura e Comunicación Social, considérase necesario fixar servicios mínimos polos centros e servicios dela dependentes, garantindo a utilización polos cidadáns dos servicios de arquivos, bibliotecas e museos tanto nos aspectos de funcionamento administrativo, como nos de funcionamento destinados directamente a cubri-las esixencias culturais dos cidadáns.

No referente á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, xustifícase a proposta de mínimos, por canto, se ben os paros-folgas están previstos para unha hora de duración, as características dos centros que esixen en determinadas áreas unha cobertura ininterrompida cunha atención permanente polo carácter inequivocamente esencial das prestacións que se dispensan, impelen a esa mínima dedicación.

Evidentemente, para a concreción de tales servicios, con base en tal alicerce, tívose tamén en conta, en adecuada ponderación, o carácter limitado polo tempo de duración (1 hora) dos paros-folgas e a situación cronolóxica dese período en relación coas necesidades que da mesma se poidan colixir. E así mesmo o diferente carácter dos centros afectados polas prestacións que en eles se dispoñen.

A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura desenvolve actividades de moi variada índole, que van desde o puro labor administrativo e planificador ata traballos de investigación científica en acuicultura e formación e docencia de persoal que desenvolve as súas tarefas no sector pesqueiro. O establecemento de servicios mínimos, pois, realízase desde a necesidade de manter vivos estes aspectos, complementando o labor da consellería coa ineludible obriga de mante-la vixilancia nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Non se pode esquecer que tanto a formación como a docencia teñen carácter de dereitos dos cidadáns dun marcado matiz de irrenunciabilidade e que a súa impartición é absolutamente necesaria.

Así mesmo, a investigación científica comporta a necesidade de manter vivos os seres acuáticos que requiren pola súa vez coidados extremos e atención continuada, xa que no caso contrario se perderían moitas xornadas de traballo sen proveito de ningún tipo.

A vixilancia pesqueira non só é necesaria para mante-lo control do sector senón que tamén coadxuva en tarefas e actuacións de salvamento e rescate cando as necesidades así o esixen.

Polo que respecta á Consellería de Familia, Muller e Xuventude, fixa os servicios mínimos necesarios para o adecuado desenvolvemento das actividades en favor dos principios constitucionais de protección social da familia, fomento da formación e readaptación profesionais, adecuada á utilización do lecer e promoción da participación da xuventude no desenvolvemento político, social, económico e cultural.

En consecuencia, e de acordo co establecido no parágrafo 5.2º do Regulamento de réxime interior da Xunta de Galicia, aprobado polo Decreto 111/1984, do 25 de maio, e por proposta das consellerías de Presidencia e Administración Pública, Economía e Facenda, Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Industria e Comercio, Agricultura, Gandería e Montes, Cultura e Comunicación Social, Sanidade e Servicios Sociais, Pesca, Marisqueo e Acuicultura, Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e Familia, Muller e Xuventude, oído o comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1.1. Con carácter xeral, en tódalas consellerías e organismos autónomos de carácter administrativo o mínimo de actividade e o persoal preciso para asegura-lo mantemento dos servicios esenciais durante a folga xeral convocada para os días 7 e 13 de novembro de 1996, o día 7 en horario de 12 a 13 horas e o día 13 en horario de 11 a 12 horas para os empregados e empregadas públicos dependentes da Administración autonómica, agás os centros de ensino e o persoal das institucións sanitarias dependentes do Sergas, é o seguinte:

Un funcionario encargado do rexistro

Un auxiliar administrativo por cada centro directivo.

Un subalterno.

Un subalterno por cada dependencia allea ó complexo administrativo de San Caetano.

1.2. Con carácter xeral en tódalas delegacións provinciais ou centros periféricos.

Consideraranse servicios mínimos os seguintes:

Unha persoa en cada rexistro.

Un subalterno.

Un subalterno máis por cada local alleo á sede da delegación ou servicio provincial ou territorial.

Un auxiliar administrativo.

Un auxiliar administrativo máis por cada local alleo á sede da delegación ou servicio provincial ou territorial.

Un conductor.

Artigo 2º.

Con independencia do disposto no artigo anterior terán a consideración de servicios mínimos os que se relacionan seguidamente:

2.1.-Presidencia:

-Presidencia da Xunta de Galicia:

Unha secretaria.

Un subalterno.

Un conductor.

-Secretaría Xeral do presidente:

Unha secretaria.

Un subalterno.

-Asesoría Xurídica Xeral:

-Servicios centrais: un letrado.

-Gabinetes xurídicos territoriais: un letrado en cada gabinete.

-Secretaría Xeral para o Deporte:

Complexo deportivo de Monterrei (Pereiro de Aguiar): un peón.

-Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra): un cociñeiro, un camareiro.

-INEF de Galicia (Bastiagueiro-Oleiros): un peón de mantemento.

Secretaría Xeral para o Turismo:

-Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia:

Un oficial administrativo.

-Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente:

-Servicios centrais:

Un técnico de garda.

Un técnico de imaxinaria.

-Servicios provinciais (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra):

Un técnico de imaxinaria.

Un conductor

2.2. Consellería da Presidencia e Administración Pública:

Servicios centrais:

-Un conductor por cada membro do goberno galego.

-Tres conductores do parque móbil da Xunta de Galicia para incidencias.

-Un facultativo médico.

-Un funcionario do parque móbil da Xunta de Galicia.

-Dúas telefonistas.

-Un funcionario do Diario Oficial de Galicia.

-Un funcionario do Servicio de Traducción.

Inspección Xeral de Servicios:

Equipos de Inspección e Subdirección Xeral de Racionalización Administrativa:

-1 auxiliar administrativo

Información Administrativa e Atención ó Cidadán. Oficina central:

-1 auxiliar administrativo

-2 auxiliares do teléfono de atención ó cidadán

2.3. Consellería de Economía e Facenda:

1. Servicios centrais:

1.1. C.P.D.

-Dous operadores de ordenador: un no C.P.D. e outro na sala de comunicacións de San Caetano.

-Un analista-programador

1.2. Igape.

Aplicarase o disposto no artigo 1º.

2. Servicios periféricos.

2.1. Delegacións territoriais

-Unha persoa no Servicio de Xestión Tributaria.

-Unha persoa no Servicio de Tesourería.

-Unha persoa na Intervención.

-Un auxiliar de gravación.

2.2. Igape

Aplicarase o disposto no artigo 1.2.

2.4. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Un técnico para cada servicio de:

-Estradas.

-Transportes.

Un equipo de emerxencia composto por:

-Un capataz.

-Un conductor.

-Un operador de maquinaria pesada.

-Dous mecánicos.

-Catro peóns.

Organismo Autónomo Augas de Galicia:

-Un técnico para cada servicio territorial.

2.5. Consellería de Industria e Comercio:

-Laboratorios dependentes desta consellería.

-Un químico.

-Un analista de laboratorio.

-Un conductor.

Estes postos desempeñaríanse no laboratorio de medio ambiente e englobaríanse os servicios mínimos da totalidade dos laboratorios.

2.6. Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

1. Servicio de defensa contra incendios forestais.

1.1. Servicios centrais:

-Un xefe de sección.

-Un auxiliar administrativo.

1.2.-Servicios periféricos:

1.2.1.-En cada unha das xefaturas provinciais de Defensa contra Incendios Forestais:

-Un xefe de sección ou un técnico en funcións facultativas.

-Un auxiliar administrativo.

-Un conductor.

1.2.2. En cada unha das xefaturas territoriais de Defensa contra Incendios Forestais:

-Un técnico.

-Un axente forestal.

1.2.3. Persoal contratado para a execución do Plan de Defensa contra Incendios Forestais (INFOGA):

-Un emisorista en cada unha das xefaturas provincias para o teléfono 085.

-Un brigada por comarca.

-Un vixilante fixo por comarca.

-Un emisorista por comarca.

-Un conductor de autobomba por comarca.

No caso de que durante a folga se producisen incendios que, a xuízo dos responsables do servicio, obrigasen a adoptar medidas complementarias ás adoptadas co persoal previsto como mínimo, éste poderá elevarse ata o cen por cen do persoal contratado.

2. Servicio de medio ambiente natural.

-Un axente forestal en cada comarca.

3. Servicio de montes e industrias forestais.

-Un axente forestal en cada comarca.

4. Escolas de capacitación agraria.

-O director do centro.

-Un auxiliar de internado en cada unha.

-Un cociñeiro ou axudante de cocina en cada unha.

5. Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña).

-Un responsable do centro.

-Un encargado agrario.

-Un oficial de 1ª.

-Un oficial de 2ª.

-Un peón agrario.

6. Centro de investigacións forestais de Lourizán (Pontevedra), estación de viticultura e enoloxía de Leiro (Ourense), Censyras de Lugo e Fontefiz (Ourense), os laboratorios pecuarios de Guísamo (A Coruña), Lugo e Salcedo (Pontevedra), o laboratorio agrario e fitopatolóxico departamento agroalimentario de Guísamo (A Coruña) e o centro experimental do baixo Miño de Salceda de Caselas (Pontevedra).

-Un responsable de cada centro.

-Un técnico de laboratorio.

-Un auxiliar de laboratorio.

-Un oficial de 1ª ou de 2ª.

-Un peón agrario.

7. Laboratorio agrario e fitopatolóxico de Galicia en Mabegondo (A Coruña).

-Un responsable do centro.

-Un técnico de laboratorio.

-Un auxiliar de laboratorio.

-Un auxiliar administrativo.

-Un subalterno.

8. Granxas cinexéticas, piscifactorías e viveiros.

-Un encargado en cada unidade.

9. Servicios veterinarios propios desta consellería.

-Un veterinario en servicios centrais.

-Un veterinario en cada delegación provincial.

-Un veterinario oficial por área veterinaria definida por Resolución do 18 de novembro de 1992 (DOG 15-12-1992) ou normativa que a substitúa.

-Un veterinario oficial por cada unha das feiras que se celebren durante a folga.

2.7. Consellería de Cultura e Comunicación Social.

-Biblioteca Pública da Coruña:

. Director.

. 1 vixilante.

-Biblioteca Pública de Santiago de Compostela:

. 1 técnico.

-Arquivo do Reino de Galicia:

. Director.

. 1 vixilante.

-Museo Provincial Belas Artes da Coruña:

. 1 vixilante.

-Biblioteca Pública de Lugo:

. Director.

. 1 vixilante.

-Arquivo Histórico Provincial de Lugo:

. Director.

. 1 vixilante.

-Museo Monográfico do Castro de Viladonga:

. 1 vixilante.

-Biblioteca Pública de Ourense:

. Director.

. 1 vixilante.

-Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense:

. Director.

. 1 vixilante.

-Museo Etnográfico de Ribadavia:

. Director.

. 1 vixilante.

-Arquivo Histórico Provincial de Ourense:

. Director.

. 1 vixilante.

-Biblioteca Pública de Pontevedra:

. Director.

. 1 ordenanza.

-Biblioteca Pública de Vigo:

. Director.

. 1 subalterno.

-Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra:

. Director.

. 1 vixilante.

-Poboado de Santa Trega:

. 1 garda.

Por último, en canto a empresa Xacobeo '93 S.A., os servicios que se asignan son similares ós establecidos no artigo 1º desta orde.

2.8. Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

* Dirección xeral de servicios sociais

I.-Con carácter xeral:

Tódolos directores de centros prestadores de servicios sociais dependentes da consellería, por considerarse como imprescindible o seu labor para o normal desenvolvemento das actividades.

II.-Residencias da terceira idade.

II.A.-Provincia da Coruña:

-Residencia asistida da terceira idade de Oleiros:

Con asistencia a anciáns, os cales necesitan axuda para os labores básicos (limpeza, comida, vestido, desprazamento, etc.). Considérase que para cubrir uns mínimos servicios teñen que traballar:

1 médico.

6 ATS.

1 oficial 1ª de cociña.

1 xefe de servicios técnicos.

23 auxiliares de clínica.

1 oficial 2ª de cociña.

1 conserxe.

8 camareiros-limpadores.

1 ordenanza.

1 auxiliar administrativo.

-Residencia da terceira idade de Carballo.

Con asistencia a anciáns necesitados de axuda nas funcións máis elementais: limpeza, vestido, alimentación, desprazamento, etc. Considérase que para atender uns servicios mínimos deben de traballar:

1 auxiliar de clínica.

1 camareiro-limpador.

1 oficial 1ª de cociña.

1 ordenanza.

-Residencia da terceira idade da Pobra do Caramiñal.

Con atención a anciáns residentes. Para a súa atención mínima considérase necesario o cumprimento dos seguintes servicios mínimos:

1 cociñeiro de segunda.

1 auxiliar de clínica.

1 camareiro-limpador.

1 ordenanza.

-Residencia da terceira idade de Ferrol:

Para a asistencia dos anciáns que acolle considéranse necesarios, como mínimo, os seguintes servicios:

1 ordenanza.

1 cociñeiro.

2 camareiros.

1 axudante de servicios técnicos.

2 camareiros-limpadores.

1 médico.

1 ATS.

2 auxiliares de clínica.

-Residencia da terceira idade de Santiago de Compostela:

Considérase como necesidades mínimas do persoal as seguintes:

1 ordenanza.

1 cociñeiro.

1 encargado de traballos.

1 encargado de almacén.

1 camareiro-limpador.

1 médico.

1 ATS.

1 auxiliar de clínica.

-Residencia da terceira idade Torrente Ballester da Coruña:

1 médico.

2 ATS.

4 auxiliares de clínica.

1 gobernanta.

6 camareiros-limpadores.

1 ordenanza.

1 cociñeiro oficial de 1ª.

1 cociñeiro oficial de 2ª.

1 axudante de cociña.

1 oficial de servicios técnicos.

II. B.-Provincia de Lugo:

-Residencia da terceira idade Nosa Señora da Milagrosa:

1 cociñeiro.

1 axudante de cociña.

2 camareiros-limpadores.

1 auxiliar de clínica.

1 ordenanza.

-Residencia da terceira idade de Monforte de Lemos:

1 cociñeiro.

2 camareiros-limpadores.

1 auxiliar de clínica.

-Residencia da terceira idade das Gándaras:

1 ordenanza.

1 cociñeiro.

1 axudante de cociña.

1 ATS.

1 auxiliar de clínica.

3 camareiros-limpadores.

-Residencia da terceira idade de Burela:

1 cociñeiro.

1 auxiliar de clínica.

1 camareiro-limpadora.

1 ordenanza.

II.C. Provincia de Ourense:

-Residencia Nosa Señora dos Milagres:

1 porteiro.

1 axudante de cociña.

1 oficial 1ª de mantemento.

1 ATS.

2 auxiliares de clínica.

2 camareiros-limpadores.

-Residencia da terceira idade do Carballiño:

1 cociñeiro.

1 camareiro-limpador.

1 auxiliar de clínica.

-Residencia da terceira idade de Castro Candelas:

1 cociñeiro.

1 camareiro-limpador.

1 ordenanza.

1 auxiliar de clínica.

1 Peón especializado.

II.D.-Provincia de Pontevedra:

-Residencia da terceira idade da Estrada:

1 ATS.

1 oficial 1ª de cociña.

1 ordenanza.

-Residencia da terceira idade de Ponteareas:

1 ATS.

1 oficial 1ª de cociña.

1 ordenanza.

-Residencia da terceira idade do Meixoeiro:

1 ATS.

1 auxiliar de clínica.

1 oficial 1ª de cociña.

1 ordenanza.

1 gobernanta.

3 camareiros.

-Residencia da terceira idade de Marín:

1 auxiliar de clínica.

1 oficial 1ª de cociña.

1 ordenanza.

-Residencia da terceira idade de Campolongo:

1 auxiliar de clínica.

1 oficial 1ª de cociña.

1 ordenanza.

-Residencia Asistida Terceira Idade Vigo

1 responsable de persoal.

1 auxiliar administrativo.

1 oficial 1ª cociña.

1 axudante de cociña.

1 oficial de servicios técnicos.

2 ordenanzas.

8 camareiros-Limpadores.

1 médicos.

2 ATS.

11 auxiliares de enfermería.

III. Centro asistencial de educación especial Santiago Apóstol na provincia da Coruña:

4 educadores.

5 auxiliares-coidadores.

1 mestre de taller.

1 xefe de persoal.

1 secretaria.

2 ATS.

1 oficial de mantemento.

1 ordenanza.

1 telefonista.

1 gobernanta.

1 oficial 1ª de cociña.

2 camareiras.

1 mozo de servicios.

IV. Fogares da terceira idade:

IV.A. Provincia da Coruña:

-Fogar do pensionista de Ferrol:

1 ordenanza.

-Fogar da terceira idade da Coruña:

1 ordenanza.

IV.B. Provincia de Pontevedra:

-Fogar da terceira idade de Vigo:

1 responsable do centro.

1 ordenanza.

-Fogar da terceira idade de Pontevedra:

1 responsable do centro.

1 ordenanza.

-Fogar da terceira idade de Redondela:

1 ordenanza.

V.-Centros servicios sociais.

V.A.-Provincia da Coruña:

-Centro de Servicios Sociais das Pontes de García Rodríguez:

1 ordenanza.

-Centro de Servicios Sociais de Santa Comba:

1 ordenanza.

-Centro de Servicios Sociais de Fene:

1 ordenanza.

-Centro de Servicios Sociais de Carballo:

1 ordenanza.

VI.-Centros ocupacionais

VI.A.-Provincia de Pontevedra:

-Centro ocupacional O Saiar (Caldas de Reis):

1 director-administrador.

1 monitor ocupacional.

1 oficial 1ª de cociña.

2.9. Consellería de Pesca, Marisqueo, e Acuicultura.

Servicios periféricos.

a) Provincia da Coruña.

-Delegación comarcal de Ferrol.

Delegado comarcal.

-Delegación comarcal de Ribeira.

Delegado comarcal.

-Escola Oficial Náutico-Pesqueira (Ferrol).

O director.

1 oficial 2ª de cociña.

2 axudantes de cociña.

2 limpadores.

-Escola Oficial Náutico-Pesqueira (Ribeira).

O director.

-Centro de Experimentación en Acuicultura (Couso).

2 vixilantes.

b) Provincia de Lugo.

-Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo.

1 oficial 1ª de mantemento.

c) Provincia de Pontevedra

-Delegación Comarcal de Pontevedra.

Delegado comarcal.

-Delegación comarcal de Vilagarcía de Arousa.

Delegado comarcal.

-Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro (Vigo).

O director.

1 subgobernanta.

1 xefe de cociña.

2 axudantes de cociña.

1 camareiro limpador.

2 limpadores-fregadores.

-Centro de Investigación Mariñas de Corón (Vilanova de Arousa).

1 encargado xeral.

1 vixilante.

-Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Illa de Arousa).

O director.

-Centro de Control de Calidade do Medio Mariño (Vilaxoán).

O director.

1 auxiliar de laboratorio.

Servicio de protección de recursos

a) Servicios centrais.

Sección de vixilancia

b) Servicios periféricos.

-Delegación territorial de Lugo (Celeiro).

1 xefe de base.

1 mecánico

1 patrón

2 vixilantes-mariñeiros

-Delegación territorial da Coruña.

1 xefe de base.

1 patrón.

1 mecánico.

2 vixilantes-mariñeiros.

-Delegación Comarcal de Ribeira.

1 xefe de base.

2 patróns.

2 mecánicos.

2 vixilantes-mariñeiros.

-Delegación Territorial de Pontevedra (Vigo).

1 xefe de base.

1 patrón.

1 mecánico.

2 vixilantes-mariñeiros.

-Delegación Comarcal de Pontevedra.

1 xefe de base.

1 patrón.

1 mecánico.

2 vixilantes mariñeiros.

-Delegación comarcal de Vilagarcía de Arousa.

1 xefe de base.

1 patrón.

1 mecánico.

2 vixilantes mariñeiros.

Confrarías de pescadores.

-Nas confrarías de Fisterra, Muros, Sada, Cambados, O Grove e Portonovo.

1 posto base grupo C.

-Na confradía de Vilanova de Arousa.

1 posto base grupo E.

-En tódalas demais confrarías.

1 posto base grupo D.

2.10. Consellería de Xustiza, Interior e Relación Laborais.

Todo o persoal dependente da Subdirección Xeral de Seguridade na Dirección Xeral de Interior.

2.11. Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Con carácter xeral: tódolos directores dos centros que aquí se relacionan.

Provincia da Coruña

A) Garderías infantís:

* Ventorrillo: 1 oficial 1ª de cociña, 4 auxiliares puericultoras, 2 camareiros-limpadores.

* Catabois (Ferrol): 1 cociñeiro, 2 auxiliares puericultores, 1 camareiro-limpador.

* Elviña: 1 oficial 1ª de cociña, 3 auxiliares puericultores, 1 camareiro-limpador.

* As Mariñas: 1 oficial 1ª de cociña, 2 auxiliares puericultores, 1 camareiro-limpadora.

* Santa María de Oza: 1 oficial 1ª de cociña, 2 auxiliares puericultores, 1 camareiro-limpador.

* Santa Susana (Santiago de Compostela): 1 oficial 1ª de cociña, 2 auxiliares puericultores, 1 camareiro-limpador.

* Vite (Santiago de Compostela): 1 oficial 1ª de cociña, 2 auxiliares puericultores, 1 camareiro-limpador.

* Virxe do Chamorro (Ferrol): 1 oficial 1ª de cociña, 2 auxiliares puericultores, 1 camareiro-limpador.

B) Centros de menores:

* Virxe do Carme (Ferrol): 1 cociñeiro, 2 camareiros-limpadores, 2 educadores.

* San Xosé de Calasanz: 1 cociñeiro, 2 camareiros-limpadores, 1 educador.

* Xesús de Nazareth: 1 cociñeiro, 1 educador, 1 celador, 1 camareiro-limpador.

* Soutomaior (Ferrol): 1 cociñeiro, 2 camareiros-limpadores, 1 educador.

C) Comedores de asistencia para marxinados:

* Cociña Irmandade: 1 cociñeiro, 1 axudante de cociña, 1 camareiro-limpador.

D) Albergues, campamentos, casas de xuventude e outros centros:

* Albergue Xuvenil Mariña Española (Bergondo): 1 cociñeiro, 1 garda e 1 limpador.

* Albergue Xuvenil Gandarío (Bergondo): 1 cociñeiro, 1 guarda 1 limpador.

* Albergue Xuvenil Virxe de Loreto (Porto do Son): 1 garda.

* Casa de Xuventude de Curtis: 1 xefe de administración.

* Casa de xuventude de Betanzos: 1 informador xuvenil.

* Centro de Estiba e Desestiba de Corcubión: 1 oficial 1ª administrativo. Estiba/desestiba.

Provincia de Lugo

A) Garderías infantís:

* A Nosa Señora do Sagrado Corazón: 1 oficial 1ª de cociña, 3 auxiliares puericultores, 1 camareiro-limpador.

* Paradai: 1 oficial 1ª de cociña, 4 auxiliares puericultores, 2 camareiros-limpadores.

* A Nosa Señora Purificación (Foz): 1 oficial 1ª de cociña, 2 auxiliares puericultores, 1 camareiro-limpador.

* Santa María do Campo (Ribadeo): 1 oficial 1ª de cociña, 3 auxiliares puericultores, 1 camareiro-limpador.

B) Centro de menores:

* Santo Anxo da Garda (Rábade): 1 cociñeiro, 6 educadores, 2 camareiros-limpadores, 1 peón especializado.

c) Albergues, campamentos, residencias, casas de xuventude e outros centros:

* Casa de Xuventude de Vilalba: 1 profesor.

* Residencia Xuvenil Eijo Garay: 1 cociñeiro, 3 camareiros-limpadores.

* Residencia Xuvenil Irmáns Pedrosa: 1 cociñeiro, 2 camareiros-limpadores.

* Centro de Estiba e Desestiba de Ribadeo: 1 oficial 1ª administrativo Estiba/desestiba.

Provincia de Ourense

A) Garderías infantís:

* A Farixa: 1 oficial 1ª de cociña, 3 auxiliares puericultores, 1 camareiro-limpador.

* Antela: 1 oficial 1ª de cociña, 2 educadores, 3 auxiliares puericultores, 3 camareiros-limpadores.

* Virxe de Covadonga: 1 oficial 1ª de cociña, 3 auxiliares puericultores, 1 camareiro-limpador.

C) Centros de menores:

* Montealegre: 1 gobernanta, 1 cociñeiro, 7 educadores, 2 camareiros-limpadores, 2 coidadores, 2 auxiliares coidadores.

* A Carballeira: 1 cociñeiro, 2 educadores, 4 camareiros-limpadores.

C) Residencias de tempo libre:

* O Carballiño: 1 cociñeiro, 1 recepcionista, 2 camareiros-limpadores.

D) Residencias, casas de xuventude e outros centros:

* Residencia Xuvenil López Cuevillas: 1 xefe de cociña, 2 camareiros-limpadores.

* Santa María de Europa: 1 limpador.

* Centro de Alimentación Infantil O Barco: 1 auxiliar puericultor.

Provincia de Pontevedra

A) Garderías infantís:

* Campolongo: 1 oficial 1ª de cociña, 3 auxiliares puericultores, 1 camareiro-limpador.

* Relfas (Vigo): 1 oficial 1ª de cociña, 2 auxiliares puericultores, 1 camareiro-limpador.

* Bouzas (Vigo): 1 oficial 1ª de cociña, 2 auxiliares puericultores, 1 camareiro-limpador.

* O Toxo: 1 cociñeiro, 2 auxiliares puericultores, 1 camareiro-limpador.

* Rosalía de Castro Coia (Vigo): 1 oficial 1ª de cociña, 1 educador, 2 auxiliares puericultores, 2 camareiros-limpador.

* Cabral (Vigo): 1 oficial 1ª de cociña, 3 auxiliares puericultores, 2 camareiros-limpadores.

* Redondela: 1 Oficial 1ª Cociña, 2 auxiliares puericultoras, 1 camareiro-limpador.

B) Centros de menores:

* Avelino Montero: 1 cociñeiro, 1 camareiro-limpadoro, 7 educadores.

* San Paio (Vigo): 1 cociñeiro 1 camareiro-limpador, 1 educador.

C) Residencias de tempo libre:

* Panxón (Nigrán), 1 recepcionista, 2 cociñeiros, 5 camareiros-limpadores.

D) Albergues, casas de xuventude, campamentos e residencias:

* Albergue Xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa): 1 garda.

* Campamento Xuvenil Pontemaril (Forcarei): 1 garda.

* Residencia Xuvenil Altamar (Vigo): 1 oficial 1ª de cociña, 2 camareiros-limpadores.

Artigo 3º.

O persoal que debe presta-los servicios mínimos establecidos no artigo anterior será designado, polos delegados provinciais das consellerías respectivas e polos directores de persoal, nos restantes supostos, publicándose os nomes dos designados nos taboleiros de anuncios dos respectivos centros de traballo.

Artigo 4º.

O incumprimento da obriga de atende-los servicios mínimos fixados nesta orde, será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable ós diversos colectivos.

Artigo 5º.-O disposto na presente orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal na dita situación.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia de Administración Pública

9607814