Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1996, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contración da subministración de comestibles, bebidas e enxoval para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela mediante procedemento aberto e urxente.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG 6-6-1996) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

I. Obxecto: a contratación da subministración de comestibles, bebidas e menaxe para o Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

-Lote 1.

Artigo: aceite xirasol, aceite de bagazo.

Orzamento: 697.120

-Lote 2.

Artigo: pastas, arroz, lentellas, feixóns, garavanzos.

Orzamento: 703.876

-Lote 3.

Artigo: azucre, azucre.

Orzamento: 525.100

-Lote 4.

Artigo: café.

Orzamento: 478.080

-Lote 5.

Artigo: olivas, salsa tomate, tomate natural, melocotón xarope, pera xarope, pemento morrón, espárragos, piña xarope, champiñón, cóctel froitas, atún branco, alcachofas, maionesa, olivas, doce marmelo, atún branco.

Orzamento: 1.177.928

-Lote 6.

Artigo: galletas tipo María.

Orzamento: 710.220

-Lote 7.

Artigo: confitura, mel, doce de marmelo.

Orzamento: 359.296

-Lote 8.

Artigo: pan, pan, fariña trigo.

Orzamento: 2.942.520

-Lote 9.

Artigo: pan torrado.

Orzamento: 352.672

-Lote 10.

Artigo: leite enteiro (do día), leite enteiro e desnatado, nata, queixo fresco, manteiga, queixo barra.

Orzamento: 2.725.426

-Lote 11.

Artigo: iogur, queixo fresco semiafroitado, flan vainilla, cremas, arroz con leite.

Orzamento: 1.430.536

-Lote 12.

Artigo: zume, zume.

Orzamento: 997.800

-Lote 13.

Artigo: infusións (te, macela), café soluble, cacao en po, cacao en po, café soluble.

Orzamento: 308.300

-Lote 14.

Artigo: manteiga, ovo líquido.

Orzamento: 188.364

-Lote 15.

Artigo: margarina, margarina.

Orzamento: 242.160

-Lote 16.

Artigo: mortadela, canelos xamón, friame de paleta, salchichón, chourizo, lombo adobado.

Orzamento: 737.136

-Lote 17.

Artigo: queixo en porción, sal fino, sal gordo, vinagre, fariña de millo.

Orzamento: 198.760

-Lote 18.

Artigo: conca almorzo, bandexa almorzo, xerra auga, bandexa isotérmica.

Orzamento: 215.932

-Lote 19.

Artigo: tapa isotaza.

Orzamento: 284.240

-Lote 20.

Artigo: cana absorción líquidos, culleriña un só uso, vaso un só uso, cuberto dun só uso, prato dun só uso, bol e tapa dun só uso.

Orzamento: 493.799

-Lote 21.

Artigo: culleriña café, garfo mesa, culler mesa, vaso vidro, bol sopa transparente, coitelo sobremesa, coitelo mesa, prato branco de pan (17 cm), prato branco 25 cm, tapa bol, raveira cadrada 10x10, vaso auga transparente, prato branco 35 cm, prato branco fondo 22 cm, raveira cadrada 12x12, conco sopa porcelana 400 cc, raveira rectangular 10x20, conco sopa branco 400 cc, raveira rectangular 12x18.

Orzamento: 580.410

-Lote 22.

Artigo: pano de mesa papel, bolsa cuberto.

Orzamento: 374.820

II. Orzamento: 16.724.495 ptas. (dezaséis millóns, setecentas vintecatro mil, catrocentas noventa e cinco pesetas) IVE incluído.

III. Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

IV. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e urxente.

V. Prazo de execución: a duración do contrato será desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1996.

VI. Admisión de variantes: se considerarán as proposicións que, respectando o obxecto da subministración e o orzamento máximo autorizado, melloren las esixencias técnicas previas.

VII. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante o previsto no apartado c) do artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, por aportación da declaración relativa á cifra de negocios global e das subministracións realizadas pola empresa nos derradeiros tres exercicios.

VIII. Solvencia técnica: acreditarase mediante a presentación dos documentos que se mencionan no apartado e) do artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, por aportación das certificacións establecidas polos institutos ou servicios oficiais ou homologados encargados do control de calidade e que acrediten a conformidade de artigos ben identificados con referencia ás especificacións ou normas.

IX. Criterios de adxudicación: os que se establecen na folla de especificacións.

X. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no rexistro xeral do Hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar s/n 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

XI. Clasificación: non se esixe.

XII. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar s/n 15706 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partires do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no apartado 10 do prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

XIII. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital de Conxo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

XIV. Documentación que deberán aportar os licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

XV. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1996.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela

9607965