Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1996, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área de Ferrol, pola que se anuncia o concurso público 1/1996 por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de diverso material inventariable.

A Dirección-Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño de 1996) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca polo trámite de urxencia, o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento: subministación de,

C.P.: 1/1996.

Denominación: ecógrafo.

Importe: 4.500.000.

No dito importe inclúese o IVE.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso entragaranse no prazo máximo dun mes natural a partir da notificación da adxudicación definitiva.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden solicitarse na Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Ambulatorio Fontenla Maristany) praza de España 19-20 de Ferrol, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas:

a) Provisional: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Definitiva: será o 4% do importe de licitación.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia técnica: ver artigo 18 da L.C.A.P. (apartados d, e).

Solvencia económica: ver artigo 16 da L.C.A.P. (punto 1 apartado a).

Admisión de variantes: admítense, especificando brevemente, pero dun xeito claro, cales son, ó seu xuízo, as súas vantaxes.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse na man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente,

no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, (Ambulatorio Fontenla Maristany) Praza de España 19-20 de Ferrol, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9.1 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Ambulatorio Fontenla Maristany de Ferrol, ás 10 horas do sexto día natural de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentos que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

-Calidade dos materiais segundo o prego de prescricións técnicas: ata 5 puntos.

-Prezo ofertado: ata 4 puntos.

-Prazo de garantía: ata 3 puntos.

-Prazo de entrega: ata 3 puntos.

-Servicio posvenda: ata 3 puntos.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Ferrol, 16 de outubro de 1996.

Bernardo Seoane Díaz

Xerente de Atención Primaria da Coruña-Ferrol

9607966