Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 06 de novembro de 1996 Páx. 9.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1996, da Dirección Xerencia do Hospital Montecelo de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso público para a adquisición de dúas mesas cirúrxicas e un ecógrafo urolóxico, para cubrir necesidades de servicios médicos do Hospital Montecelo, polo procedemento aberto e trámite de urxencia. (Expediente 33/1996).

A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde de 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño de 1996), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o concurso público nº 33/1996, polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:

Obxecto e orzamento: a adquisición de dúas mesas cirúrxicas e un ecógrafo urolóxico, con destino os servicios médicos do Hospital Montecelo, por un orzamento de doce millóns, cen mil (12.100.000) pesetas (imposto sobre o valor engadido, incluído).

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo de trinta días contados a partir da data de formalización do contrato.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e demais documentación complementaria, poderá ser solicitada na sección de concursos do Hospital Montecelo, lugar de Mourente, s/n. C. P. 36071 de Pontevedra, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono (986) 80 00 17, ou fax (986) 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.

Fianzas: o dous por cento do orzamento da licitación, que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia económica e financeira: as empresas licitadoras acreditarán a sua solvencia económico-financeira por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995 de contratatos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación: os especificados no prego de cláusulas (p. 11).

Clasificación: non se esixe.

Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Montecelo, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Montecelo, ás dez horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Variantes: admitirase a presentación de dúas variantes ou alternativas por cada concepto.

Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 14 de outubro de 1996.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director xerente do Hospital Montecelo de Pontevedra

7964