Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 05 de novembro de 1996 Páx. 9.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

AVISO do 27 de setembro de 1996, da Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona de San Pedro de Ardemil ( Ordes-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de San Pedro de Ardemil (Ordes-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto de 148/1988, do 14 de abril (DOG nº 109, do 9 de xuño), que a xunta local da zona, na súa reunión do 26 de setembro de 1996, aprobou as bases definitivas que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Ordes e nos lugares de costume da parroquia durante o prazo de trinta días hábiles,

contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia e no BOP, de conformidade co que se determina na Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que se poden examinar no local do concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron ou excluíron, superficies que se exceptúan por ser de dominio público e relación de predios excluídos), a clasificación de terras e a fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias e a determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases os interesados poden interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes dentro do prazo dos trinta días sinalados, na Xefatura de Estructuras Agrarias (edificio administrativo, praza Luis Seoane, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do concello para facerlle as notificacións que procedan, e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teña que facerse as notificacións.

A Coruña, 27 de setembro de 1996.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Courña

7619