Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 05 de novembro de 1996 Páx. 9.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ANUNCIO do 9 de outubro de 1996, da Delegación Provinical de Ourense, pola que se fan públicas as adxudicacións do concurso para as asistencias técnicas que se citan (claves: AC-2220-ES/OUR-96.08 e outras).

Por Resolución do 11 de xuño de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso, procedemento aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa o delegado resolveu adxudica-las asistencias técnicas as seguintes empresas:

-Título: proxecto de colaboración de S.T. para a realización dos estudios sobre preparación do acordo de concentración parcelaria na zona de Doniz (Concello de Cartelle-Ourense).

Clave: AC-2220-ES/OUR-96.08.

Empresa: Deuxa, S.A.

Importe da adxudicación: 1.208.000 ptas.

-Título: proxecto de colaboración de S.T. para a realización dos estudios sobre preparación do acordo de concentración parcelaria na zona de Proqueiros (Concello de Muíños-Ourense).

Clave: AC-2216-ES/OUR-96.09.

Empresa: Ott. Consa, S.L.

Importe da adxudicación: 1.936.643 ptas.

-Título: proxecto de colaboración de S.T. para o replanteo dos novos predios. Resultantes da concentración parcelaria da zona de Paizas (Concello de Ramirás-Ourense).

Clave: RF-2255-ES/OUR-96.12.

Empresa: Deuxa, S.A.

Importe da adxudicación: 7.288.000 ptas.

Ourense, 9 de outubro de 1996.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

7687