Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 05 de novembro de 1996 Páx. 9.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual, pola que se anuncia contratación polo sistema de concurso público, sistema aberto, da subministración e instalación de dous radioenlaces SDH, STM-1 (155 Mb/s) para a Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia.

Orzamento da subministración: 25.404.068 pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: antes do 31 de decembro de 1996.

Fianza provisional: 508.081 pesetas, correspondente ó 2% do orzamento autorizado.

Forma de tramitación: urxente.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, ou nas delegacións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación persoal, a establecida na cláusula 9.2 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica, a establecida na cláusula 9.3 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias técnicas, a establecida na cláusula 9.4 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual a partir das 12 horas do décimo primeiro día natural seguinte o do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará a disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual, sita no edificio administrativo nº 5 de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 54 45 28.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1996.

P.D. (Orde 24-6-1996)

José María Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social

7536