Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 05 de novembro de 1996 Páx. 9.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 outubro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitucións, modificación e baixa provisional das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento acórdase publica-la relación das constitucións, modificación e baixa provisional das sociedades agrarias de transformación, conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto e á orde da Consellería de Agricultura do 29 de abril de 1988, ins

critas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, que se citan.

As constitucións de:

A sociedade agraria de transformación Río Verde, S.A.T. nº 939 Xuga, de responsabilidade limitada, con domicilio en Paramos-Tui (Pontevedra), obxecto social: producción e comercialización de planta de viveiro e productos agrícolas; capital social: 4.800.000 ptas.; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Lodos e Pérez S.A.T nº 940 Xuga, de responsabilidade limitada, con domicilio en Pousada 6, Pastoriza (Lugo), obxecto social: producción gandeira; capital social: 10.500.000 ptas.; nº de socios: 3.

A modificación de:

A sociedade agraria de transformación Vizopiel, S.A.T. nº 525 Xuga, na asemblea xeral do 25-3-1996 acordan aprobar por unanimidade a renovación de membros e cargos da xunta rectora quedando integrada por:

-Presidenta: Concepción Caneda Mirás.

-Secretario: Juan Santiago Regueiro González.

-Vocais: José Amérito Vázquez Rodríguez.

Purificación Vázquez Ramos.

Sara Vázquez Ramos.

Luis Pintor Furelos.

A baixa provisional:

A sociedade agraria de transformación Kiwi Noia S.A.T. nº 536 Xuga, por acordo do 27-9-1996 da Delegación da Axencia Estatal de Administración tributaria, dáse de baixa provisional no Índice de Entidades deste Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1996.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

7585