Visto o escrito presentado pola empresa Paquito, S.L., con domicilio para efectos de notificacións no lugar de Careixo-Esteiro s/n de Boiro (A Coruña), e tendo en conta os seguintes feitos:
Primeiro.-No citado escrito, que tivo entrada o día 15 de marzo de 1996 na delegación provincial desta consellería na Coruña, a referida empresa,
dedicada á transformación, envasado e conservación de moluscos e crustáceos, solicitou a autorización administrativa e o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, para a planta de coxeración que ten previsto instalar na súa factoría do concello de Boiro (A Coruña).
As características técnicas básicas da planta de coxeración serán as seguintes:
-Un grupo moto-xerador de 4.593 kVA, factor de potencia 0,8 e tensión de xeración 6 kV; un transformador de potencia r/t 20/6 de 5.000 kVA; instalacións de interconexión coa liña eléctricas da compañía distribuidora e instalacións complemen
tarias de aproveitamiento de calor e de protección eléctrica, mando sinalización e medida.
Segundo.-Acompaña á devandita solicitude o preceptivo anteproxecto da instalacións, o estudio dos rendementos enerxéticos acadables e do aforro de enerxía que se conseguirá coa posta en servicio das instalacións proxectadas, e o resto da documentación a que fai referencia o artigo 5.4º do citado R.d. 2366/1994.
Terceiro.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do Sistema Eléctrico Nacional, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou Resolución do 6 de xuño de 1996 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 5-7-1996 e no BOP da Coruña do 6-7-1996, non presentádose no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.
Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola dita delegación provincial.
Quinto.-Na tramitación do presente expediente observáronse as formalidades legais.
Fundamentos de dereito.
Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, de 9 de decembro.
Segundo.-A planta de coxeración proxectada supera os rendementos enerxéticos mínimos que para o tipo de combustible se establecen no anexo do citado R.d. 2366/1994, sendo realizado o expediente con cumprimento da tramitación regulamentaria.
Terceiro.-Examinada a documentación que consta no expediente, queda de manifesto que debe accederse ó solicitado pola empresa Paquito, S.L. e, por conseguinte, proceder á autorización administrativa da planta e alle recoñece-la condición de instalación acollida ó réxime especial do R.d. 2366/1994.
Vistos os preceptos legais citados e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral,
RESOLVE:
1º Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á empresa Paquito, S.L., que se situará nas instalacións da factoría que a dita empresa ten en Careixo-Esteiro, concello de Boiro (A Coruña).
2º Recoñecer á planta de coxeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.d. 2366/1994, e incluída mesma no grupo d) do artigo 2 do dito real decreto.
Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial á devandita instalación, a citada empresa deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995), para o que acreditará o cumprimento das condicións prevista no artigo 11 do R.d. 2366/1994, presentando a documentación que figura nas instruccións dictadas por esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.
O promotor presentará perante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, o cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así coma o punto de interconexión.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 1996.
Joaquín del Moral Crespo
Director xeral de Industria
732