Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 05 de novembro de 1996 Páx. 9.838

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN de 19 de agosto de 1996, da Delegación de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de Industrias e Comercio Vitivinícolas.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector de Industrias e Comercio Vitivinícolas, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-8-1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Viños e Lico

res, e da parte social, pola central sindical CIG, en data 17-7-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto legislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta Delegación Provincial de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro de Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 19 de agosto de 1996.

Ramón Hermo Rey

Delegado provincial de Vigo en funciones

Convenio colectivo provincial para as industrias e comercio vitivinícolas de Pontevedra

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo obriga a tódalas empresas que se rexan pola ordenanza laboral para as industrias vitivinícolas, aprobada por orde ministerial do 11 de xullo de 1971. Quedan obrigadas tódalas empresas e traballadores da provincia de Pontevedra que se adiquen ó comercio e á elaboración de viños e licores.

Por outra banda, este convenio afecta ás empresas que se adiquen dunha forma exclusiva á actividade do comercio vinícola, que se regulará pola ordenanza laboral do comercio.

Artigo 2º.-Vixencia e prórrogas.

O presente convenio entrará en vigor o día da súa publicación no BOP, se ben os seus efectos económicos retrotraerán ó primeiro de abril de 1996. Farase efectivo ós 10 días da súa sinatura.

A súa duración será de 1 ano contado desde o día 1 de abril de 1996 ata o 31 de marzo de 1997, prorrogándose tacitamente de ano en ano ata a entrada en vigor do seguinte.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas no presente convenio estableceranse co carácter de mínimas. Os pactos ou situacións actualmente existentes en calquera empresa, que impliquen condicións máis beneficiosas respecto ás acordadas no presente convenio, serán respectadas ad personam.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

Será a que marque o Estatuto dos traballadores no seu artigo 34 (xornada): «A duración máxima da xornada ordinaria de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo en xornada partida», sendo en todo caso repartida de luns a venres e aténdose modificacións que se establezan ó respecto.

Artigo 5º.-Horas extraordinarias.

Estas serán as mínimas e imprescindibles e para atender necesidades urxentes e inaprazables, necesitándose, en cada caso, a perceptiva autorización laboral; igualmente respectaranse os límites legais establecidos. Estas horas terán que ser negociadas pola empresa co persoal ou, se é o caso, co Comité de Empresa ou delegados de persoal.

Artigo 6º.-Licencias e permisos.

O traballador, avisando coa posible antelación e xustificando adecuadamente, podrá faltar ou ausentarse do traballo, co dereito a remuneración, por algún dos seguintes motivos e durante o tempo mínimo que a continuación se expón:

a) Matrimonio: 15 días naturais.

b) Intervención cirúrxica do cónxuxe, dos pais, de un ou outro cónxuxe, e fillos: 5 días naturais.

c) Parto da esposa: 5 días naturais.

d) Morte do cónxuxe, fillo, pai ou nai e de un ou outro cónxuxe, netos, avós ou irmáns: durante 2 días, que poderán ampliarse ata 3 máis cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto.

e) Morte de tío ou cuñado: 1 día.

f) Enfermidade grave de cónxuxe, fillo, pai ou nai de un ou outro cónxuxe, netos, avós ou irmáns: durante dous días, que poderán ampliarse ata 3 máis cando o traballador necesite realizar un desprazamento ó efecto.

g) Necesidades de atender asuntos propios que non admitan demora: de 1 a 5 días, outorgándose a licencia demostrada da súa necesidade.

h) Cumprimento dun deber de carácter público: polo tempo necesario e preciso para iso.

Artigo 7º.-Excedencias.

1. A excedencia forzosa podrá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito a conservación do posto e o cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase polas designacións ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

2. O traballador cun mínimo dun ano de antigüidade na empresa ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de se situar en excedencia voluntaria por un prazo non menor a dous anos e non maior a cinco. Este dereito só podrá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se trascorreron catro anos desde o remate da excedencia anterior.

3. Os traballadores terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atender a cada fillo, natural ou adoptivo, contados desde a data de nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá fin ó que se estivese a desfrutar. Cando o pai e a nai traballen, só un deles podrá exercer este dereito.

Durante o primeiro ano a partir do comezo de cada situación de excedencia, o traballador terá dereito a reserva do seu posto de traballo e a que o devandito período sexa computado para efectos de antigüidade. Unha vez rematado este, e ata o remate do período de excedencia, aplicaránselle, agás convenio colectivo ou individual en contrario, as normas que regulan a excedencia voluntaria.

4. Asimesmo, podrán solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o seu cargo representativo.

5. O traballador excedente só conserva un dereito preferente ó reingreso nas vacantes igual ou semellante categoría á súa que houbese ou se producise na empresa.

6. A situación de excedencia poderá estenderse a outros supostos colectivamente acordados, co réxime e os efectos que alí se presupoñan.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal afectado por este convenio terá dereito ás gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal, cun importe de cada unha delas equivalente a unha mensualidade do salario base máis antigüidade.

Ó persoal que ingrese ou cese no transcurso dun ano, aboaránselle estas gratificacións rateando o seu importe en relación co tempo de permanencia na empresa, polo cal a fracción de mes se computará como mes completo.

Todo iso sen prexuízo da paga extraordinaria que, en concepto de participación de beneficios, corresponda a todo o persoal dunha actividade que se regula pola ordenanza laboral do comercio.

Artigo 9º.-Condicións económicas.

Os salarios base serán establecidos na táboa salarial anexa, e terán a súa aplicación desde o 1 de abril do 1996 ó 31 de marzo de 1997, experimentando un incremento salarial do 5%.

Artigo 9º bis). Revisión salarial para o presente convenio colectivo.

O 5% de incremento incorporarase ás táboas de forma automática con efectos retroactivos desde o 1 de abril de 1996, en tódolos conceptos retributivos, aboándose nunha soa paga con data límite o 30 de agosto de 1996.

Artigo 10º.-Antigüidade.

En concepto de antigüidade establécense trienios do 8% do salario vixente en cada momento e para cada categoría, non podendo sobrepasa-la acumula

ción de incrementos por este concepto o 60%, como máximo, ós 25 ou máis anos.

Artigo 11º.-Vacacións.

O período anual será de 30 días naturais, que se desfrutarán en dous períodos de 15 días naturais. Un dos ditos períodos desfrutaranse entre o 1 de maio e o 30 de setembro e o outro no resto do ano. Todo iso coa salvidade de que, en cada empresa, empresario e traballadores cheguen a outros acordos sobre fixación das vacacións.

O importe das vacacións deberá pagarse antes de comeza-lo desfrute delas e sobre a base do salario real.

Todo o persoal que antes ou durante o período de vacacións estea en situación de incapacidade laboral transitoria e non por accidente, estas suspenderanse ata que o traballador sexa dado de alta novamente, co cal terá dereito ó desfrute ou á parte dependente.

Artigo 12º.-Complemento asistencial.

No caso de incapacidade laboral transitoria, derivada de enfermidade profesional ou accidente laboral, a empresa completará ata o 100% do salario do traballador, a prestación correspondente á Seguridade Social, durante un máximo de 12 meses.

No caso de incapacidade laboral transitoria derivada de accidente non laboral, a empresa completará ata o importe íntegro do seu salario real, a prestación da Seguridade Social, durante un máximo de 12 meses.

Artigo 13º.-Axudas de custo.

A contía das axudas será a seguinte:

Media axudas de custo: 2.205 ptas.

Axuda de custo completa: 3.877 ptas.

Terá dereito a elas quen, mediante orde expresa do empresario ou persoa que o represente e vexa obrigado a realizar asuntos ou traballos de carácter profesional por conta e baixo dependencia da empresa, con desprazamentos a lugares distantes centro de traballo que imposibilite o seu regreso ou sexa preciso efectuar comidas fóra do seu propio domicilio ou teñan necesidade de desprazarse a localidades onde tamén se lle esixa á misión encomendada unha permanencia que o obrigue a tomar aloxamento.

Artigo 14º.-Plus de incapacidade.

Todo traballador que teña algún fillo subnormal, diminuído físico ou minusválido, percibirá a contía de 7.754 ptas. mensuais por cada fillo que se atope na dita situación.

Artigo 15º.-Festividade da patrona.

Establécese como festa do patrón, co carácter de aboable e non recuperable, o día da festividade da Nosa Señora das Viñas, que se celebrará o día 10 de setembro, sendo gratificado o persoal en 8.000 ptas.

Artigo 16º.-Plus de locomoción.

En compensación dos gastos de locomoción que ten que face-lo traballador para chegar ó seu centro de traballo, aboaranlle a cada un deles ó seu servicio, a cantidade de 800 ptas. por día efectivamente traballado.

Artigo 17º.-Categorías.

Os choferes que conduzcan camións de máis de 3.500 quilos equipáranse a oficial de primeira; os que conduzan camións ata 3.500 quilos terán a consideración de oficial de segunda.

Artigo 18º.-Pezas de roupa de traballo.

As empresas veranse obrigadas a facilitarlles ós seus traballadores un mínimo de dúas pezas de roupa de traballo por ano. Ós choferes e repartidores facilitaránselles uniformes de traballo acondicionados ás temperaturas de verán e inverno, así como roupas de augas.

Para o persoal de fábrica ou bodega, a empresa facilitará o calzado regulamentario determinado polas normas de seguridade, que se repoñerá segundo as necesidades, así como luvas de seguridade.

Artigo 19º.-Retirada do carné de conducir e multas.

No caso da retirada do permiso de conducir pola autoridade competente, a empresa facilitaralle o traballador un posto de traballo idóneo de acordo coa súa categoría profesional, sen que con iso sexa mermado o seu salario. As multas imputables ó traballador serán aboadas por este; no caso contrario, pagaraas a empresa. Esta tamén se fará responsable das multas orixinadas por exceso de carga, mal aparcamento no caso de carga e descarga e excesivos viaxeiros que teñan a condición de ser persoal ó servicio da empresa.

Artigo 20º.-Seguro de accidentes.

A empresa contratará un seguro de accidentes que no caso de morte lles asegure ós familiares dos traballadores afectados unha indemnización de 2.100.000 ptas. e, no caso de incapacidade total, de 3.675.000 ptas.

Artigo 21º.-Xubilacións.

Establécese un premio de xubilación de 157.000 ptas. para o traballador que se xubile entre os 60 e 65 anos, e leve máis de 20 de antigüidade na empresa.

Artigo 22º.-Comisión paritaria.

Para o cumprimento do establecido no presente convenio, créase unha comisión paritaria, con facultades de interpretación, conciliación e arbitraxe.

Artigo 23º.-Persoal de comercio.

Todo o persoal que preste os seus servicios en actividades do comercio exclusivamente, estará regulado pola ordenanza laboral do comercio, actualizada o 4 de xuño de 1975, naqueles conceptos que a dita ordenanza preceptúe condicións laborais de calquera tipo, superiores ás contidas no texto do presente convenio.

Artigo 24º.-Adhesión ó AGA.

As empresas afectadas por este convenio, ante discrepancias xurdidas de interpretación de cada un dos artigos, someteranse ó procedemento de arbitraxe do AGA.

Artigo 25º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes do presente convenio, pola representación social, a Confederación Intersindical Galega (CIG), e en representación dos empresarios, a Asociación Patronal Vitivinícola e do Comercio de Viños da Provincia de Pontevedra.

Táboa de salarios

Salario mes ptas.

Grupo A Técnicos titulados

a) Con título superior90.444
b) Con título inferior86.727
c) Practicante79.759

Técnicos non titulados

a) Encargado xeral da adega ou fábrica83.148
b) Encargado de laboratorio19.759
c) Axudante de laboratorio76.509
d) Auxiliar76.509

Grupo B Administrativos

a) Xefe de primera86.727
b) Xefe de segunda83.162
c) Oficial de primeira79.759
d) Oficial de segunda76.509
e) Auxiliar75.197
f) De 16 a 17 anos52.252

Grupo C

a) Cobrador75.197
b) Almaceneiro75.197
c) Pesador ou basculero75.197
d) Garda xurado75.197
e) Vixilante ou sereno75.197
f) Porteiro75.197
g) Ordenanza75.197
h) Telefonista75.197
i) Mozo ou recadero75.197
j) Enfermeiros75.197
k) Mulleres da limpeza75.197

Grupo D Obreros

a) Profesionais de oficio
Capataz de adega ou fábrica83.158
Encargado de sección83.158
Oficial de primeira79.759
Oficial de segunda76.509
Encargado de cuadrilla76.509

b) Peóns especializados
Categoría xeral75.196
Embotelladora e etiquetadora75.196

c) Peóns75.196

d) Pinches de 16 a 17 anos50.643

e) Aprendices de 1º e 2º ano50.643

6487