Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 05 de novembro de 1996 Páx. 9.838

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 10 de outubro de 1996 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación Manual de Vacinas.

A Ley 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación Manual de Vacinas editada por esta consellería e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 10 de outubro do 1996.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Manual de Vacinas: 1.000 pesetas.

6351