Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 05 de novembro de 1996 Páx. 9.835

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 31 de outubro de 1996 pola que se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios prestados polo persoal do Hospital do Meixoeiro que se levará a efecto desde as 9 ás 10 horas dos días 6 de novembro e 4 de decembro de 1996 e os días 8 de xaneiro, 5 de febreiro, 5 de marzo, 2 de abril, 7 de maio, 4 de xuño, 2 de xullo, 6 de agosto, 2 de setembro, 1 de outubro, 5 de novembro e 3 de decembro de 1997, así como desde ás 11.30 ás 11.45 horas de tódolos mércores dos meses de novembro e decembro de 1996 e tódolos mércores do ano 1997 con excepción dos anteriormente referenciados.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servicios públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes, por razón dos servicios esenciais afectados, para que, mediante orde, e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, así como para determina-lo persoal necesario para a súa prestación.

Convocada folga que afecta ó persoal do Hospital do Meixoeiro que se levará a efecto desde ás 9 ás 10 horas dos días 6 de novembro e 4 de decembro de 1996 e os días 8 de xaneiro, 5 de febreiro, 5 de marzo, 2 de abril, 7 de maio, 4 de xuño, 2 de xullo, 6 de agosto, 2 de setembro, 1 de outubro, 5 de novembro e 3 de decembro de 1997, así como desde ás 11.30 ás 11.45 horas de tódolos mércores dos meses de novembro e decembro de 1996 e tódolos mércores do ano 1997 con excepción dos anteriormente referenciados, oído o comité de folga, esta Consellería,

DISPÓN

Artigo 1º.

A folga convocada desde as 9 ás 10 horas dos días 6 de novembro e 4 de decembro de 1996 e os días 8 de xaneiro, 5 de febreiro, 5 de marzo, 2 de abril, 7 de maio, 4 de xuño, 2 de xullo, 6 de agosto, 2 de setembro, 1 de outubro, 5 de novembro e 3 de decembro de 1997, así como desde ás 11.30 ás 11.45 horas de tódolos mércores dos meses de novembro e decembro de 1996 e tódolos mércores do ano 1997 con excepción dos anteriormente referenciados, que afecta ó persoal do Hospital do Meixoeiro, enténdese condicionada ó mantemento dos servicios mínimos que se establecen no anexo desta orde.

Os servicios mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para mante-la adecuada cobertura dos servicios da institución sanitaria, en evitación de que se produzan graves prexuízos ós usuarios.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ineludible ó exercicio do dereito á folga, coa atención ós usuarios que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servicio dispensado.

E por iso, mantéñense os servicios mínimos necesarios para garanti-la asistencia imprescindible ós pacientes hospitalizados, así como a atención urxente ós usuarios, que non pode aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

Entrando na análise pormenorizada dos servicios mínimos, establécense os criterios rectores de determinación deles que se corresponden cos asi

nados coas centrais sindicais con motivo da folga convocada no mes de maio de 1995. Loxicamente, os mentados criterios e a conseguinte determinación de efectivos para a presente folga atempéranse, en adecuada ponderación, á brevidade de tempo de duración dos paros da folga que nos ocupa.

Os ditos criterios rectores explicítanse do seguinte xeito:

* Persoal facultativo:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente nun doble ámbito:

-Servicios de urxencias e gardas médicas.

-Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención dos usuarios que, ó ingresaren, requiran intervención cirúrxica inaprazable.

II. Cobertura da actividade cirúrxica dos pacientes hospitalizados, respecto ás patoloxías que poñan en perigo a súa vida ou agraven o seu estado de saúde.

III. Na área de hospitalización, establecerase o número necesario para garanti-la atención indefectible dos pacientes hospitalizados.

IV. Garantirase, así mesmo, a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran ós pacientes hospitalizados que, ó criterio do facultativo, sexan necesarias.

* Persoal sanitario non facultativo:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente nun dobre ámbito:

-Servicios de urxencias.

-Quirófanos urxentes para a atención dos usuarios que, ó ingresar, requiran intervención cirúrxica inaprazable.

II. Na área de hospitalización, establecerase o número necesario para garanti-los coidados dos pacientes hospitalizados, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

III. No ámbito dos servicios centrais, garantirase a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran ós pacientes hospitalizados que, ó criterio do facultativo, sexan necesarias.

IV. Unidades especiais:

Coidados críticos: o mesmo que para un domingo ou festivo.

Diálese: o número necesario para garanti-lo coidado dos pacientes afectados.

* Persoal non sanitario:

I. Quirófanos: un número de efectivos equivalente ós domingos ou festivos.

II. Áreas de hospitalización, urxencias e servicios centrais: Un número de efectivos equivalente ós domingos ou festivos.

III. Servicio de admisión: un número equivalente ós domingos ou festivos.

IV. Servicios de mantemento: un número equivalente ós domingos ou festivos.

V. Servicios de lavandería e lencería: un número equivalente ós festivos.

VI. Hostelería: un número mínimo en equivalencia cos domingos ou festivos.

VII.-Servicios administrativos:

* Direccións-información e Control de Xestión: un efectivo por cada servicio.

* De persoal: un efectivo.

* De subministros: un efectivo.

* Almacéns: tres efectivos.

Con tales premisas determínase no anexo desta resolución, por grupos profesionais, o número de servicios mínimos do persoal afectado.

Artigo 2º.

A designación nominal, con carácter rotatorio, do persoal que deberá cubri-los distintos servicios será determinada polo director-xerente do centro, procedéndose á súa publicación nos taboleiros de anuncios do centro de traballo.

Artigo 3º.

Os prazos e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servicios mínimos determinados no anexo serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1º do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo).

Artigo 4º.

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5º.

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observa-las normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1996.

José Mª. Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Persoal facultativo

Servicios

S. mínimos

nº efectivos

Categorías

Dirección
Análises clínicas2
Anatomía Patolóxica1

Servicios

S. mínimos

nº efectivos

Categorías

Anestesia2
Aparato dixestivo1
Cardioloxía2
Ciruxía xeral2
Ciruxía plástica2
Endocrinoloxía1
Farmacia1
Xeriatría1
Hematoloxía2
Inmunoloxía0
Medicina interna2
Medicina nuclear1
Medicina preventiva0
Microbioloxía1
Nefroloxía1
Neumoloxía1
Neurofisioloxía1
Neuroloxía1
O.R.L.2
Obstetricia-xinecoloxía2
Oftalmoloxía1
Oncoloxía1
Psiquiatría1
Radioloxía2
Rehabilitación0
Reumatoloxía0
Traumatoloxía2
U.C.I.1
Uroloxía2

Persoal sanitario non facultativo

ServiciosS. Mín.S.

Nº Efct.

ATSAux.

Enfe.

R.

TELTERTEAPFis.

Anatomía patolóxica11
Broncoscopias11
Consultas externas0
Consultas externas-dobrada0
Endoscopias11
Esterilización33
Farmacia633
Hematoloxía-hemoterapia7403
Hemodiálise541
Hospital de día-oncoloxía11
Hospital de día-Med.interna11
Hospitalización 2ª planta844
Hospitalización 3ª planta844
Hospitalización 4ª planta844
Hospitalización 5ª planta844
Hospitalización 6ª planta844
Hospitalización 7ª planta844
Inmunoloxía00
Laboratorio análises clínicas0
Laboratorio urxencias2
Medicina preventiva0
Microbioloxía33
Neurofisioloxía00
Probas funcionais-Cardio.211

ServiciosS. Mín.S.

Nº Efct.

ATSAux.

Enfe.

R.

TELTERTEAPFis.

Quirófano programado963
Quirófano-urxencias321
Radiodiagnóstico817
Reanimación532
Rehabilitación514
U.C.I.532
Urxencias743

*1 Sup.área/4 unidade

Persoal non sanitario

ServiciosS. Mín.

Nº efectivos

Categorías

Dirección1Aux. Admin.
Admisión2Aux. Admin.
Anat. Patolox/neurofisiol0Aux. Admin.
Arquivo-Doc. clínica3Aux. Admin.
Asesoría xurídica0Grupo Técnico
Azafatas0Superv. Azaf. Asist. social
Biblioteca0Grupo xestión
Centralita1Telefonista
Citas0Aux. Admin.
Conductores0Conductor
Control xestión0Aux. Admin. G. Xest. G. Tec.
Costura0Costureira
Escola enfermería0Aux. Admin. Prof. escola
Farmacia1Aux. Admin.
Formación persoal0Admin. Aux. Admin.
Xestión económica0Aux. Admin. G. xestión
Hematoloxía0Aux. Admin.
Hematoloxía-Lab.

urxencias

1Aux. Admin.
Hostelería0Gobernante
Lab. análises clínicas0Aux. Admin.
Lavandería81 Gob.-4 Planch-3 Lavand.
Lencería0Gobernante
Mantemento1Cond. instalacións
Medicina preventiva0Aux. Admin.
Microbiloxía0Aux. Admin.
Nefrolox- anestesia-Endosc.1Aux. Admin.
Perruquería0Perruquero
Pers. Sub. quirófano2Celador
-Pers. subalterno:
Consultas externas0Celador
Farmacia0Celador
Plantas6Celador
Psiquiatría1Celador
Raios1Celador
Retén2Celador
U.C.I.1Celador
Urxencias4Celador
Persoal1G. Téc. G. Xest. Adm. Aux. Adm.
Radiodiagnóstico1Aux. Admin.
Registro xeneral0Aux. Admin.
Rehabilitación0Aux. Admin.

ServiciosS. Mín.

Nº efectivos

Categorías

Relacións públicas0G. Técnico
Reprografía0Celador
Secretarias hospitalización1Aux. Admin.
Subministracións1Aux. Admin. G.Xest. G.Téc.
Subministracións almacén1Celador
Unidad Contrat. Admtva.0G. Admin. Aux. Admin.
Urxencias1Aux. Admin.

7722