Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 05 de novembro de 1996 Páx. 9.834

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 3 de outubro de 1996 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Cultura.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1996.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

ANEXO

Cristino Mallo: 1.500 ptas.

Figuracións. Anos 70 na colección de arte contemporánea de Madrid: 1.500 ptas.

Cousas. Na busca da intimidade dos obxectos: 1.500 ptas.

Ignacio Basallo: 1.500 ptas.

Xurxo Alonso: 800 ptas.

J. González Collado: 800 ptas.

Raquel Blanco, Tatiana Medal, Jano Muñoz, Teresa Puy: 800 ptas.

Laxeiro: 3.000 ptas.

Reimundo Patiño. Ciclo monográfico de conferencias: 500 ptas.

Congreso Rafael Dieste: 2.230 ptas.

Xosé Mª Cao: 750 ptas.

Vari Caramés. Visión animal: 1.500 ptas.

Washington Barcala: 1.500 ptas.

Boente: 800 ptas.

Contos de cine: 1.200 ptas.

Eduardo F. Rivas. O touro.Festa, relixión e mito: 800 ptas.

Escritos geográficos: 3.000 ptas.

8065