Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 05 de novembro de 1996 Páx. 9.841

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia da adhesión da empresa Velpa, S.A.

Visto o expediente da empresa Velpa, S.A., respecto do seu centro de traballo situado nesta provincia, ó convenio colectivo para o centro de traballo de Salamanca da devandita empresa Velpa, S.A., que foi publicado no Boletín Oficial de la Junta de Castilla y León nº 90, do 31-7-1996, expediente incoado en virtude da acta de adhesión subscrita por unha representación da empresa e 11 traballadores afectados pola devandita adhesión o 1-8-1996, de conformidade co disposto nos artigos 90.2º e 3º e 92 da Lei 8/1980, do 10 de marzo do Estatuto dos traballadores, modificada pola Lei 11/1994, do 19 de maio, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Autoriza-la adhesión da empresa Velpa, S.A., respecto ó seu centro de traballo ubicado en Mos (Pontevedra), ó convenio colectivo da citada empresa Velpa, S.A., para o seu centro de traballo de Salamanca, na súa totalidade, e que foi publicado no Boletín Oficial de la Junta de Castilla y León nº 90, do 31-7-1996, e ordena-la súa inscrición no libro-rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social asinantes da adhesión.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 29 de agosto de 1996.

Ramón Hermo Rey

Delegado provincial en funcións de Pontevedra

Capítulo I

Ámbito de aplicación e vixencia

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio regula as relacións laborais entre a empresa Velpa, S.A. dedicada á actividade de distribución e transporte de productos petrolíferos e os traballadores que nela prestan os seus servicios, empregados exclusivamente na dita actividade.

Artigo 2º.-Ámbito persoal e territorial.

O presente convenio colectivo afecta á totalidade do persoal de Velpa, S.A. que presta servicios en

calquera dos centros de traballo da provincia de Salamanca, así como a aqueles que puidesen ser dados de alta durante o período da súa vixencia, como traballador por conta allea desta na data da súa entrada en vigor, así como a todo aquel que sexa contratado durante a súa vixencia.

Exceptúase do ámbito de aplicación deste convenio o persoal de alta dirección a que se refire o artigo 2.1º a) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio, sexa cal for a data da súa publicación, entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1996, a excepción da obriga contida no artigo 22, relativa á subscrición da póliza de seguros, obriga que se deberá cumprir no prazo de trinta días naturais desde a publicación do presente convenio.

A súa vixencia finalizará o día 31 de decembro de 1997.

Artigo 4º.-Prórroga.

O presente convenio entenderase prorrogado íntegra e tacitamente cada ano en canto non o denuncie calquera das partes.

Os trámites de denuncia desenvolveranse, se é o caso, de conformidade co sinalado no artigo seguinte.

Artigo 5º.-Denuncia.

A denuncia deste convenio colectivo poderaa facer calquera das partes lexitimadas, de conformidade co establecido no artigo 87 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Deberase realizar por escrito cunha anticipación mínima de trinta días naturais á data do seu vencemento ou á de calquera das súas prórrogas.

Capítulo II

Organización do traballo e clasificación profesional

Artigo 6º.-Facultades da empresa.

A organización práctica do traballo, con suxeición ó previsto neste convenio colectivo e á lexislación vixente, é facultade exclusiva da empresa, e esta poderá, logo de informe da representación legal dos traballadores, intruducir aspectos concretos relacionados coa prestación de servicios dentro do manual de calidade.

Artigo 7º.-Clasificación do persoal.

En función das aptitudes profesionais, titulación e contido xeral da prestación establécense, con carácter normativo, os seguintes profesionais:

Grupo 1. Director.

Grupo 2. Xefe de área. É o traballador que se encontra á fronte dunha das áreas ou departamentos específicos en que se estructura a empresa e depende directamente da dirección xeral da empresa.

Xefe de tráfico. É o traballador que ten ó seu cargo dirixi-la prestación de servicios dun grupo de vehículos da empresa, distribúe o persoal e o material e as entradas e saídas deste e elabora estatísticas de tráficos, percorridos e consumos.

Grupo 3. Especialista administrativo. É o traballador con coñecementos específicos de determinadas tarefas técnicas relativas á Administración, que actúa con plena autonomía e responsabilidade, e depende directamente da dirección da empresa.

Oficial administrativo. É o traballador que baixo a súa propia responsabilidade realiza coa máxima perfección burocrática tarefas que requiran plena iniciativa, entre elas as xestións de carácter comercial, tanto na empresa como en visitas a clientes e organismos.

Auxiliar administrativo. É o traballador que, con coñecementos de carácter burocrático, baixo as ordes dos seus superiores, realiza os traballos que no revisten especial complexidade.

Grupo 4. Conductor mecánico.

Grupo 5. Mecánico.

Grupo 6. Garda. Ten ó seu cargo a vixilancia dos almacéns, naves, garaxes e oficinas e demais dependencias da empresa, en quendas tanto de día como de noite.

Limpadora.

Para os efectos de asimilación de categoría profesional a grupo de cotización á Seguridade Social, establécese que a categoría de especialista administrativo se encadre no grupo ou tarifa 3.

Artigo 8º.-Mobilidade funcional.

A mobilidade funcional no seo da empresa, que se efectuará sen prexuízo dos dereitos económicos e profesionais do traballador, terá as seguintes limitacións:

a) Que non vaia en prexuízo ou menoscabo da dignidade do traballador.

b) Que non cause prexuízo á formación profesional do traballador.

c) Que se respecte a súa pertenza ó grupo profesional.

Os traballadores que, como consecuencia da mobilidade funcional, realicen funcións superiores ás da súa categoría por período superior a seis meses durante un ano, ou a oito durante dous anos, poderán reclama-lo ascenso á categoría profesional correspondente ás funcións realizadas, conforme a normativa aplicable. Terán dereito, en todo caso, a percibi-las diferencias salariais correspondentes.

Se por necesidades perentorias ou imprevisibles que o xustifiquen, se lle encomendasen, polo tempo indispensable, funcións inferiores ás que correspondan á súa categoría profesional, o traballador terá dereito a continuar percibindo a súa retribución

de orixe. Comunicaráselle esta circunstancia ós representantes legais dos traballadores.

Capítulo III

Obrigas dos conductores

Artigo 8º.-Obrigas dos conductores.

Sen prexuízo das obrigas xerais do conductor no desempeño da súa función laboral, concrétanse como específicas desta actividade as que seguen:

a) A de conducir calquera vehículo da empresa, segundo as necesidades desta, sendo responsable del e da mercadoría que transporta durante a viaxe que se lle encomende e da documentación do vehículo.

b) A de facilitar un parte diario por escrito do servicio efectuado e do estado do camión, a súa cisterna e elementos e accesorios que se fixen.

c) A de cubri-los percorridos polos itinerarios e nos tempos que se fixen, oída a representación legal dos traballadores.

d) Mante-lo estado, limpeza e conservación dos vehículos, as súas cisternas e elementos accesorios.

e) Empatar e desempatar mangueiras, abrir e cerrar válvulas, acoplar e desacoplar brazos de carga e descarga e demais mecanismos utilizados para o enchido e baleirado das cisternas, realizando estas funcións e as súas complementarias tanto se estes elementos son do seu propio vehículo como se son alleos a el, e aínda que teña e que verificar estas operacións dentro do recinto da entidade cargadora.

f) A de coñece-lo funcionamento e uso dos aparellos de extinción de incendios e de executar estas operacións cando proceda e asistir dentro da xornada de traballo ás prácticas de adestramento daqueles.

g) Aterse ás normas legais vixentes en calquera momento, así como ás establecidas pola C.L.H. e ás que se dicten con carácter xeral en relación coa circulación e transporte de productos petrolíferos.

h) Calquera outra recollida no manual de calidade da empresa, logo de informe da representación legal dos traballadores.

Capítulo IV

Retribucións

Artigo 10º.-Estructura salarial.

As retribucións do persoal incluído no ámbito de aplicación deste convenio estarán distribuídas, se é o caso, entre o salario base e os seus complementos.

Artigo 11º.-Salario base.

Enténdese por salario base o correspondente ó traballador pola súa correspondencia con calquera das categorías de cada grupo profesional, fixado no anexo I deste convenio e remunera a xornada

de traballo pactada neste convenio e os períodos de descanso computables como traballo.

Para o ano 1997, e con vixencia do 1 de xaneiro ó 31 de decembro do mesmo ano, o salario base que recolle o anexo I deste convenio sufrirá un incremento do 5,25%.

Artigo 12º.-Complementos salariais.

Son complementos salariais as cantidades que, se é o caso, se deban engadir ó salario base por concepto distinto ó da xornada do traballador e a súa adscrición a unha categoría profesional e serán os que a seguir se especifican:

Complemento de antigüidade. Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán como complemento persoal de antigüidade dun aumento periódico por anos de servicio consistente en dous bienios en contía cada un de 4.250 pesetas e de dous quinquenios en contía de 8.500 pesetas cada un deles.

Aqueles traballadores que na actualidade superasen o tope máximo de acumulación de antigüidade que se establece neste covenio ou aqueles que estean en proceso ou situación de acumular un quinquenio por encima do referido tope máximo, manterán a súa situación persoal como dereito adquirido ou condición máis beneficiosa incorporada a título individual ó seu contrato de traballo.

Percibirase o complemento persoal de antigüidade nos termos establecidos no artigo 39 da ordenanza laboral de transportes por estrada, coas seguintes particularidades:

a) O módulo para o cálculo e aboamento do complemento será o salario base percibido polo traballador o 31 de decembro de 1995.

b) A contía do complemento terá un máximo de dous bienios dun 5% e tres quinquenios do 10% salvo para aqueles traballadores que durante o ano 1996 devenguen un complemento superior ó 40%, traballadores que seguirán percibindo o complemento nas mesmas condicións, coa excepción establecida no parágrafo anterior.

Plus de perigosidade. Os traballadores que, como consecuencia da actividade que realizan na empresa, manipulen habitualmente mercadorías explosivas ou inflamables percibirán un plus de 10.884 pesetas mensuais, aboables igualmente durante o período de vacacións legais.

Horas extraordinarias. Terán a consideración de horas extraordinarias as horas de traballo que excedan da xornada fixada no artigo 13 deste convenio. Para efectos do límite máximo de horas extraordinarias non se computarán as que se compensen por tempos de descanso equivalentes dentro dos catro meses seguintes á súa realización.

Tendo en conta a natureza do traballo que se realiza no transporte de mercadorías perigosas e no específico de distribución de productos petrolíferos,

as horas extraordinarias e de presencia consideraranse estructurais para os efectos de cotización á Seguridade Social, sempre que reúnan os requisitos do artigo 1 da Orde do 1 de marzo de 1983.

Establécese un prezo da hora extraordinaria de 1.007 pesetas cada unha delas.

Gratificacións extraordinarias. Aboaranse gratificacións extraordinarias, na contía de 30 días de salario base e antigüidade, se é o caso, cada unha delas, antes, respectivamente, do 19 de decembro, 15 de xullo e 15 de marzo.

Plus de festivos. Se, por necesidades da empresa, o persoal de movemento tivese que efectuar prestación laboral en domingo ou festivo, as horas traballadas nos referidos períodos aboaranse cada unha delas a razón de 1.532 pesetas, garantíndose un mínimo de cinco horas.

Incentivos. Son os complementos por cantidade ou calidade de traballo que, se é o caso, se lles aboan ós traballadores dos grupos 2, 3 e 5, que estarán en función da súa dispoñibilidade e aptitudes profesionais e a contía dos cales estará en función dos acordos particulares que se celebren cos traballadores afectados.

Capítulo V

Xornada de traballo

Artigo 13º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para o persoal afectado por este convenio será de 40 horas semanais de traballo efectivo de media, cun mínimo de seis horas e un máximo de nove horas de traballo efectivo por día.

Artigo 14º.-Xornadas especiais de traballo.

Nesta materia aplicarase o disposto nos artigos 1, 2, 8, 9, 10 e 11 do Real decreto 1561/1995, do 21 de setembro, sobre xornadas especiais de traballo.

Artigo 15º.-Xornada continuada.

Se a organización do traballo o permite, e sempre logo de acordo entre a empresa, técnicos e administrativos, implantarase a xornada continuada para estes traballadores, respectándoselle como condición máis beneficiosa a aquel que a teña concedida ou recoñecida.

Artigo 16º.-Descanso semanal e diario.

Observarase o disposto na normativa laboral vixente, coas especialidades que establece o Real decreto 1561/1995, do 21 de setembro.

Artigo 17º.-Tempo de traballo efectivo e tempo de presencia.

Considerarase como tempo de traballo efectivo:

a) A conduccción dos vehículos.

b) A parte do tempo empregado nos procesos de carga e descarga do vehículo que esixan a participación activa do conductor con manexo de ele

mentos de conexión ou dispositivos de enchido do vehículo.

c) O tempo empregado en repara-la avaría, sempre que a reparación a realice o propio conductor.

d) Cando sexa preciso remolque de vehículos a talleres ou outros lugares onde se vaia efectua-la reparación, o tempo empregado na dita operación de remolque en caso de que o conductor asuma a conducción do vehículo avariado.

Considérase tempo de presencia:

a) A parte dos tempos de enchido e baleirado do vehículo que só requira vixilancia do proceso pero non a utilización de equipos ou dispositivos de enchido ou baleirado, aínda que neste tempo se efectúen xestións administrativas relacionadas co cargamento.

b) As esperas exteriores a carga ou descarga en orixe ou destino que esixan vixilancia do vehículo.

c) As de espera por reparación de avarías ou paradas reguladas por este convenio ou outras regulamentarias nas que recae sobre o conductor a vixilancia do vehículo.

d) Calquera outra actividade que realice o conductor ó servicio da empresa que non estea incluída neste artigo como tempo efectivo de traballo.

Os tempos de presencia no poderán exceder en ningún caso de vinte horas semanais de media nun período de referencia dun mes.

Artigo 18º.-Vacacións.

Tódolos traballadores afectados por este convenio desfrutarán dunhas vacacións anuais retribuídas, con tódolos conceptos salariais, de trinta días naturais.

As vacacións non se iniciarán en domingo ou festivo, non poderán ser substituídas por compensación económica e desfrutaranse antes do 31 de decembro de cada ano.

O calendario de vacacións fixarase na empresa de forma tal que o traballador coñeza, polo menos, con dous meses de anticipación, a data do seu desfrute.

Capítulo VI

Viaxes e desprazamentos

Artigo 19º.-Axudas de custo.

Fíxase a contía da axuda de custo completa para todo o persoal afectado por este convenio en 3.169 pesetas diarias, distribuídas da forma seguinte:

Comida: 1.196 pesetas.

Cea: 1.196 pesetas.

Pernoctación e almorzo: 777 pesetas.

Establécese a posibilidade de que, logo de informe da representación legal dos traballadores, se aboe mensualmente ós que devenguen este tipo de indem

nización unha cantidade fixa en concepto de axudas de custo e gastos de desprazamento.

No suposto de que se aboe tal cantidade fixa, devengarase igualmente no período de vacacións, con obxecto de compensa-las posibles perdas que se lle puidesen ocasionar ós traballadores pola diferencia entre os gastos efectivamente realizados como consecuencia da prestación laboral e a cantidade fixa entregada pola empresa.

Capítulo VII

Beneficios sociais e conceptos extrasalariais

Artigo 20º.-Roupa de traballo.

O persoal que precise, por razóns derivadas da súa actividade na empresa, unha determinada uniformidade derivada de razóns de imaxe da empresa ou de protección fronte a inconveniencias, será provisto por conta da empresa de dous equipos anuais.

Artigo 21º.-Suspensión do permiso de conducción ou autorización para conducir mercadorías perigosas.

No suposto de que un conductor sufra a retirada do seu permiso de conducir ou autorización para conducir vehículos de mercadorías perigosas, con motivo de feitos ou acontecementos que se produzan prestando servicios para a empresa, mediante sentencia ou resolución administrativa firmes, por período de ata seis meses como máximo, a empresa asignaralle un novo posto de traballo e o interesado recibirá a retribución correspondente á súa nova categoría e posto de traballo, salvo aqueles casos en que exista reincidencia.

En todo caso, e salvo renuncia, a empresa obrígase ata un máximo de 4 anos desde a data da suspensión firme, a readmiti-lo conductor afectado na súa antiga categoría e cos mesmos dereitos que tiña na data do cesamento, sempre que siga existindo a actividade que ampara este convenio dentro da empresa.

Non obstante, deberase ter en conta que en caso de existencia de varios conductores afectados pola suspensión durante un tempo inferior ós 6 meses citados no parágrafo primeiro, a empresa terá a obriga de manter como máximo o seguinte número de conductores afectados en función do número dos conductores que presten servicio na empresa.

No cadro de persoal de ata 20 conductores: 1.

No cadro de entre 21 e 40 conductores: 2.

No cadro de entre 41 e 60 conductores: 3.

Artigo 22º.-Seguro de vida e invalidez.

Para o persoal afectado por este convenio, nos casos de morte ou invalidez permanente, total ou absoluta e gran invalidez, derivados de accidente de traballo, a empresa garantirá unha indemnización de 5.000.000 de pesetas aboables ó traballador ou, se for o caso, ós seus herdeiros legais, con

certando, para tal efecto, a oportuna póliza de seguro.

Artigo 23º.-Incapacidade temporal.

Os traballadores afectados por este convenio que se encontren en situación de derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, percibirán da empresa o 100% das súas retribucións salariais durante os tres primeiros días en que se encontren en tal situación. A partir do cuarto día e ata o vixésimo, ambos inclusive, a empresa aboarálle-lo 100% das súas retribucións salariais. A partir do vixésimo primeiro día, a empresa complementará o subsidio que reciban da Seguridade Social ata garanti-lo 100% das súas retribucións salariais, cun límite máximo de tres meses.

No suposto de que a se producise por enfermidade profesional diagnosticada como tal ou accidente de traballo, o complemento percibirase desde o primeiro día de tal situación, cun límite máximo de seis meses.

Artigo 24º.-Xubilación anticipada.

Ámbalas partes fomentarán as xubilacións anticipadas ós 64 anos, nos termos do R.D. 1994/1985, do 17 de xullo.

Os traballadores afectados por este convenio, cunha antigüidade mínima de 24 anos na empresa, poderán solicita-la xubilación anticipada tendo cumprida a idade de 60 anos. No suposto de que tal xubilación e a prestación a ela correspondente fose recoñecida polo Instituto Nacional da Seguridade Social ou entidade xestora correspondente, a empresa aboará mensualmente como cantidade fixa e invariable a diferencia existente entre a cantidade que aboe a Seguridade Social e o 100% da base reguladora da prestación que resulte unha vez aplicadas a esta as porcentaxes regulamentarias en función dos anos de cotización e antes de aplica-los coeficientes reductores da pensión pola xubilación anticipada. Este compromiso terá como duración ata que cumpra o traballador a idade de 65 anos ou o tope mínimo que en cada momento poida establece-la lexislación vixente pola xubilación voluntaria.

O compromiso rescindirase, así mesmo, cando a empresa deixe a actividade pola que se rexe este convenio.

Artigo 25º.-Plus extrasalarial de transporte.

Establécese a cantidade de 14.675 pesetas mensuais en concepto de plus de transporte, aboable igualmente no período de vacacións.

Disposicións adicionais

Primeira.-En todo o non previsto neste convenio será de aplicación, especialmente, a ordenanza laboral de transportes por estrada, do 20 de marzo de 1971, modificada pola Orde do 9 de setembro de 1974 e demais disposicións de carácter xeral.

Segunda.-Ámbalas partes acordan que as condicións pactadas neste convenio forman un todo orgánico e indivisible. En consecuencia, se a xurisdicción competente considera que este convenio colectivo conculca a legalidade vixente ou lesiona gravemente o interese de terceiros e ordena que se adopten as medidas necesarias para corrixi-la anomalía, o convenio colectivo deberá ser devolto á comisión negociadora para tal fin e procederase a unha nova negociación da totalidade do seu contido, que quedará sen eficacia.

Terceira.-As condicións pactadas neste convenio son absorbibles e compensables, tanto por conceptos de idéntica natureza como en conxunto global, con aquelas que existisen con anterioridade á súa entrada en vigor; calquera que sexa a natureza ou a orixe da súa existencia.

As melloras económicas que se establecen serán absorbibles e compensables, no que alcancen, con aquelas melloras que no futuro se puidesen establecer, en virtude de disposición legal de categoría superior. Esta compensación deberase alcanzar tanto por conceptos salariais como globalmente.

Respectaranse as situacións individuais que, no seu conxunto, sexan máis beneficiosas para os traballadores cás fixadas no presente convenio, manténdose estrictamente a título persoal ata seren superadas polas condicións que, con carácter xeral, se establezan por normas posteriores de carácter legal ou convencional.

A este respecto, as cantidades que se lles aboan na actualidade ós conductores do centro de traballo de Salamanca, en concepto de horas de presencia, manteranse para os mesmos con carácter de dereito adquirido ou condicións máis beneficiosa incorporada a título individual ós seus contratos de traballo, na contía de 28.175 pesetas mensuais, sen que os poidan esixi-los conductores que ingresen duante a vixencia deste convenio no referido centro de traballo.

Cuarta.-As partes asinantes deste convenio efectúan a súa adhesión formal, na súa totalidade e sen condicionamento ningún, ó acordo sobre solución extraxudicial de conflictos laborais (A.S.E.C.) e 4.2º b) do regulamento que o desenvolve, vinculando, en consecuencia, a totalidade dos suxeitos incluídos no ámbito territorial e funcional que representan.

Quinta.-En canto ós dereitos de representación colectiva e de reunión dos traballadores na empresa, aplicarase o disposto no vixente Estatuto dos traballadores.

Non obstante o disposto anteriormente, non se computarán dentro das horas dispoñibles as que correspondan a reunións de comisións deliberadoras do convenio e comisións paritarias que, sendo regulariamente convocadas, teñan carácter retributivo.

De acordo co previsto no vixente Estatuto dos traballadores e L.O.L.S. poderanse acumula-las horas de crédito sindical que correspondan ós representantes legais dos traballadores.

A dita acumulación poderá ser das horas sindicais correspondentes a dous meses durante o ano.

Sexta.-As partes asinantes deste convenio sométense expresamente ó conxunto de normas reguladoras das relacións laborais no sector que contiña a derrogada ardenanza laboral de transportes por estrada (O.M. do 20 de marzo de 1971), en todo o que non se opoña ou contradiga o establecido neste convenio e ata que sexa substituída polo oportuno acordo ou convenio xeral da actividade de transporte de mercadorías por estrada.

Sétima.-Ámbalas partes se comprometen e obrigan a difundir no seo da empresa a Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, e a velar polo seu máis estricto cumprimento.

Oitava.-Constitúese unha comisión paritaria que se reunirá por petición de calquera das partes, como órgano de interpretación e vixilancia do cumprimento deste convenio. Terá o seu domicilio na rúa José Méndez, sen número, Los Villares de la Reina (Salamanca), e estará formada por Javier Gandul Sanz e Domingo Bejarano Calabuig, en representación da empresa e por Andrés Terradillo García y don Angel Hernández Torres, en representación dos traballadores.

ANEXO I

Táboa salarial

Director 132.400.

Xefe de área 106.229.

Xefe de tráfico 97.524.

Especialista administrativo 97.525.

Oficial administrativo 93.524.

Conductor mecánico 90.554.

Auxiliar administrativo 90.554.

Garda 90.554.

Mecánico 90.554.

Limpadora 69.656.

9606896