Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 30 de outubro de 1996 Páx. 9.640

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo provincial de panaderías.

Visto o expediente do convenio colectivo de panaderías, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-8-1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Pan, e da parte social, pola UXT e CC.OO. o día 21-5-1996, de conformidade co disposto bo artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios coelctivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de agosto de 1996.

Carlos Martul Álvarez de Neyra

Delegado provincial accidental da Coruña

Convenio colectivo provincial de panaderías

Capítulo I

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio afectará a tódalas empresas de panadería e os seus traballadores, abranguidas dentro da provincia da Coruña.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

O presente convenio terá unha duración de tres anos, entrando en vigor o 1 de xaneiro de 1996 e rematando o 31 de decembro de 1998.

Artigo 3º.-Prórrogas.

O convenio considerarase prorrogado por anos sucesivos se non fose denunciado por ningunha das partes cunha antelación mínima de tres meses antes da data do seu vencemento. A denuncia deberá comunicárselle ó organismo competente da Administración e á outra parte interesada, comprometéndose as partes a iniciaren a negociación do novo convenio no derradeiro trimestre de 1998, en concreto, a partir da primeira semana de novembro.

Artigo 4º.-Condicións económicas.

Acórdanse as seguintes:

a) Para o ano 1996, o incremento será do 4,2% sobre a táboa salarial do anterior convenio.

b) Para os anos 1997 e 1998, o incremento será dunha porcentaxe equivalente á porcentaxe de incremento previsto para o IPC nos cadros macroeconó

micos do Goberno para o ano do que se trate mailo 0,7%, de tal xeito que se o incremento previsto do IPC para cada ano é do 3%, o incremento dos salarios do convenio sería do 3,7%.

O incremento mencionado non poderá ser absorbible en ningún caso e percibirase sobre os salarios reais devengados o 31 de decembro do ano inmediatamente anterior.

Para o suposto de que se constate oficialmente que o crecemento do IPC real, tomado desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1996, excede do IPC previsto do 3,5%, aboarase de forma automática o exceso sobre a dita porcentaxe, tomando como base o cálculo para o dito exceso as táboas de salarios vixentes o 31 de decembro de 1995, de xeito que se manteña un diferencial de 0,7% entre o IPC real e o incremento de convenio para 1996. Tal incremento aboarase con efecto do 1 de xaneiro de 1996.

A mesma fórmula aplicarase nos anos seguintes do convenio, para manter un diferencial do 0,7% entre o incremento real do IPC e o incremento real do convenio para o ano de que se trate.

Capítulo II

Artigo 5º.-Retribucións.

Nas táboas salariais anexas sinálanse as retribucións correspondentes ás distintas categorías de persoal, que son o resultado de aplicárlle-lo incremento do 4,2% ás táboas salariais do anterior convenio. As ditas retribucións son consideradas como base de cálculo para tódolos efectos.

En xaneiro de 1997 e 1998, unha vez considerado o IPC previsto para o ano nos cadros macroeconómicos do Goberno, reunirase a comisión mixta do convenio co obxecto de elabora-las táboas salariais correspondentes ós ditos anos, para a súa publicación no BOP.

Artigo 6º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte que, para o ano 1996, se fixa en 8.250 ptas/mes para tódalas categorías.

Para os anos 1997 e 1998, o dito plus incrementarase na mesma porcentaxe que se lles aplique ás táboas salariais.

O incremento experimentado neste plus non poderá ser absorbido en ningún caso.

Artigo 7º.-Premio de fidelidade e xubilación voluntaria.

Todo traballador que se xubile antes da data indicada como data de xubilación voluntaria pola normativa laboral vixente, percibirá en concepto de gratificación, unha remuneración que se establece de acordo coas seguintes normas:

-De 35 a 40 anos de antigüidade, o 100% da seguinte táboa:

-De 30 a 35 anos de antigüidade, o 90% da seguinte táboa:

-De 25 a 30 anos de antigüidade, o 80% da seguinte táboa:

-De 20 a 25 anos de antigüidade, o 70% da seguinte táboa:

-De 15 a 20 anos de antigüidade, o 60% da seguinte táboa:

-De 10 a 15 anos de antigüidade, o 50% da seguinte táboa:

-Táboa:

5 anos antes, 15 mensualidades.

4 anos antes, 12 mensualidades.

3 anos antes, 10 mensualidades.

2 anos antes, 8 mensualidades.

1 ano antes, 5 mensualidades.

Os traballadores que non acepten a dita fórmula e desexen xubilarse na data regulamentaria para a xubilación voluntaria, percibirán unha mensualidade como gratificación. A forma de pagamento destas gratificacións pactarase entre a empresa e o traballador.

Independentemente do contido do anterior, sempre e cando exista acordo entre a empresa e o traballador, será de aplicación o Real decreto lei 14/1981, do 20 de agosto, sobre xubilación especial ós sesenta e catro anos na Seguridade Social.

Artigo 8º.-Antigüidade.

Manterase a mesma que dispón a Reglamentación nacional de panadería, con data 12 de xullo de 1946, é dicir, dous bienios do 5% e catro quinquenios do 10% sobre retribución base.

Artigo 9º.-Nocturnidade.

O plus de nocturnidade queda establecido, para o ano 1996, en 5.000 ptas. mensuais.

O ano 1997, no caso de que o convenio que substitúa a ordenanza non establecese nada ó respecto, aboaríase o dito plus na contía de 6.500 ptas. para o persoal que comece a súa xornada laboral entre as 10 da noite e as 2 da mañá, e de 5.000 ptas. para o persoal que iniciase a súa xornada laboral entre as 2 e as 6 da mañá.

O ano 1998 incrementarase na mesma porcentaxe que se lles aplique ás táboas salariais.

Artigo 10º.-Retribucións en especie.

Os traballadores de panaderías percibirán un quilo de pan diario, incluídos os períodos de vacacións e baixas por enfermidade ou accidente. O quilo de pan valórase en 65 pesetas para efectos de cotización á Seguridade Social.

Artigo 11º.-Vacacións.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán anualmente de trinta días naturais de vacacións. Durante o período de desfrute vacacional, o traballador percibirá o importe salarial nas mesmas condicións ca en calquera outro mes que estivese traballando, incluídas as primas por transporte

e nocturnidade. Igualmente, aboaránselles durante o período de vacacións a aqueles productores ós que se lles vén aplicando, as cantidades ás que fai referencia o artigo 19.3º do presente convenio, é dicir, aboaránselles en vacacións 30 días de salario completo, incluídos os pluses e, a maiores, un día máis de salario por cada sábado que coincida co período vacacional, ó que o teña así recoñecido.

Artigo 12º.- Gratificacións extraordinarias.

Os traballadores acollidos a este convenio percibirán tres gratificacións extraordinarias equivalentes a trinta días de salario, entendendo por este o salario base e a antigüidade, máis mecanización ou semimecanización ou demasías para os traballadores de obradoiro ou taller afectados polos artigos 14º e 15º. As ditas gratificacións aboaranse na festividade de San Honorato (16 de maio), 15 de xullo e Nadal (20 de decembro).

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

A fórmula para o cálculo das horas extraordinarias será a establecida no Decreto 2780/1973, do 17 de agosto, sobre ordenanza de salarios e Orde do 22 de novembro de 1973 que o desenvolveu, e coas recargas establecidas no Estatuto dos traballadores, na súa versión anterior á reforma da Lei 11/1994, do 19 de maio. As anteriores referencias normativas e o prezo das horas extraordinarias resultante, terán unha ultravixencia dun ano tralo remate da vixencia ordinaria do convenio, é dicir, ata o 31 de decembro de 1999.

Artigo 14º.-Mecanización e semimecanización.

a) Nas industrias mecanizadas e semimecanizadas, aboaráselles ós traballadores de obradoiro ou taller, o 20 e o 15% respectivamente dos salarios base sinalados no anexo deste convenio.

b) O resto dos traballadores, non incluídos no obradoiro ou taller, aboaráselle-lo 3% do salario base sinalado no anexo deste convenio. Este incremento dun 1% na porcentaxe terá unha ultravixencia dun ano tralo remate da vixencia ordinaria do convenio, é dicir, ata o 31 de decembro de 1999.

c) O persoal de despacho que, ademais das tarefas propias da súa categoría teña que atender puntos quentes, no suposto de que o acordo ou convenio que eventualmente substitúa a ordenanza non regule especificamente esta circunstancia configurándoa como nova categoría profesional, percibirá nos anos 1997 e 1998, en concepto de plus, un 1% do salario base acumulable ó 3% que xa perciben, segundo se establece no parágrafo b). Queda pois establecida a contía do plus de puntos quentes para os anos 1997 e 1998, nun 4% do salario base.

Artigo 15º.-Demasías.

a) Nas industrias a rendemento, é dicir, as non abranguidas no artigo 14º, aboaráselles ós traballadores de obradoiro ou taller, o 10% dos salarios base sinalados no anexo que comprende a táboa salarial deste convenio, nas mesmas condicións que, segundo o artigo 14º, perciban os traballadores das outras industrias mecanizadas ou semimecanizadas.

b) O resto dos traballadores non incluídos en obradoiro ou taller, aboaráselle-lo 3% do salario base sinalado no anexo deste convenio. Este incremento dun 1% na porcentaxe terá unha ultravixencia dun ano tralo remate da vixencia ordinaria do convenio, é dicir, ata o 31 de decembro de 1999.

c) O persoal de despacho que, ademais das tarefas propias da súa categoría, teña que atender puntos quentes, no suposto de que o acordo ou convenio que eventualmente substitúa a ordenanza non regule especificamente esta circunstancia, configuándoa como nova categoría profesional, percibirá os anos 1997 e 1998, en concepto de plus, un 1% do salario base acumulable ó 3% que xa perciben segundo se establece no parágrafo b). Queda pois establecida a contía do plus de puntos quentes para os anos 1997 e 1998, nun 4% do salario base.

A toda industria que pase de a rendemento a semimecanizada ou mecanizada, deixará de aplicárselle o presente artigo.

Artigo 16º.-Días festivos.

Os traballadores afectados polo presente convenio que teñan que traballa-los días festivos, aboaráselle-lo citado día co 175%, segundo a seguinte fórmula:

O valor día é igual a salario base + mecanización ou semimecanización + antigüidade.

Capítulo III

Artigo 17º

Consideraranse inhábiles dentro do ámbito provincial, para efectos de fabricación, distribución e venda de pan, o día 1 de xaneiro, o 1 de maio e o 25 de decembro.

Artigo 18º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para tódalas empresas e traballadores afectados polo presente convenio será sempre a que en cada momento estableza a lexislación vixente, contabilizándose o tempo de bocadillo de traballo efectivo.

A comisión paritaria elaborará, na primeira reunión que se produza, o calendario laboral anual para 1996. No seu momento, coñecidas as festas oficiais para 1997 e 1998, elaborará os calendarios laborais correspondentes ós ditos anos.

Artigo 19º.-Descanso dominical.

Sen prexuízo da liberdade das empresas de traballaren en domingo, os traballadores desta provincia desfrutarán do seu descanso semanal o citado día.

Sen embargo, as empresas poderán pactar co traballador o seu traballo en domingo, sempre que se respecten as condicións seguintes:

1º) Que o traballador, voluntariamente, acepte realiza-lo traballo no dito día.

2º) O que traballe o mencionado día percibirá, sen prexuízo do descanso semanal que lle corresponda, ademais do salario/día normal, como mínimo, un 100% deste, de acordo coa seguinte fórmula:

Ademais do dito anteriormente, o traballador que realice a súa xornada completa o citado día, percibirá a cantidade de 1.216 pesetas.

3ª) Respectaranse os dereitos adquiridos polos traballadores e os que realicen a prolongación de xornada nas mesmas condicións nas que vén realizándose habitualmente, percibirán oito días de salario semanal, sempre que non renuncien á prolongación de xornada.

4ª) Exceptúanse do establecido neste artigo os traballadores que sexan contratados exclusivamente para realizaren a xornada do domingo.

Capítulo IV

Artigo 20º.-Incapacidade laboral transitoria.

En caso de baixa por enfermidade común, debidamente comprobada, cunha duración superior a trinta días, a empresa complementará a partir do día vinteún e ata un máximo de seis meses, as prestacións económicas aboadas pola Seguridade Social pola dita baixa, ata o noventa por cento do salario de cotización real referido ó mes anterior á baixa.

A partir do sexto mes e durante seis meses, o complemento será ata o cen por cento. A situación de baixa debida a embarazo considerarase tal como determina a lexislación vixente, non sendo aplicable esta cláusula en tal situación.

No suposto de que a incapacidade laboral transitoria sexa como consecuencia dun accidente de traballo, a empresa complementará desde o primeiro día de baixa e ata un máximo dun ano, as prestacións económicas que aboe a Seguridade Social sobre o salario que sirva de base para a fixación das primas que se ingresarán nesta, ata o 100% do dito salario.

Artigo 21º.-Permisos.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a tres días de permiso non retribuídos, por asuntos propios, de acordo da empresa.

Artigo 22º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Catro días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes de ámbolos cónxuxes, ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, con tal nmotivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto fóra da provincia, o prazo será de seis días.

Entenderase por enfermidade grave a que, en determinado caso, dea lugar a hospitalización ou inter

namento e nos supostos nos que certifique tal carácter, por escrito, o facultativo que atende o enfermo.

c) Un día por falecemento de fillos políticos e cuñados de ámbolos cónxuxes.

d) Dous días por traslado do domicilio habitual.

e) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, haberá que aterse ó que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica. Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade de prestación do traballo debido en máis dun 20% das horas laborais en período de tres meses, poderá a empresa pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no apartado un do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, perciba unha indemnización, descontarase sempre o importe desta do salario ó que tivese dereito na empresa.

f) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións.

A muller, pola súa propia vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora, coa mesma finalidade.

Os que, por razóns de garda legal, teñan ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terán dereito a unha reducción da xornada de traballo coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Capítulo V

Artigo 23º.-Dereitos sindicais.

As empresas respectarán o dereito de tódolos traballadores a sindicárense libremente; admitirán que os traballaodres afiliados a un sindicato poidan celebrar reunións, recadar cotas e distribuír información sindical fóra de horas de traballo e sen perturba-la actividade normal das empresas; non poderán suxeita-lo emprego dun traballador á condición de que non se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical, e tampouco despedir un traballador ou prexudicalo de calquera outra forma por mor da súa afiliación ou actividade sindical. Os sindicatos poderán remitir información a todas aquelas empresas nas que se dispoña de suficiente e apreciable afiliación, co fin de que esta sexa distribuída fóra das horas de traballo e sen que, en todo caso, o exercicio de tal práctica puidese interrompe-lo desenvolvemento do proceso productivo. Nos centros de traballo que posúan un cadro de persoal superior ós cen traballadores, existirán taboleiros para anuncios nos que os sindicatos

debidamente implantados poderán inserir comunicacións, e para este efecto dirixirán copias delas previamente á dirección ou titularidade do centro.

A) Delegados sindicais. Naqueles centros de traballo con cadro de persoal que exceda de douscentos traballadores e cando os sindicatos ou centrais posúan neles unha afiliación superior ó 15% daquela, a representación do sindicato ou central ostentaraa un delegado. O sindicato que alegue posuír dereito a atoparse representado mediante titularidade persoal en calquera empresa, deberá acreditalo perante ela de modo fidedigno, recoñecéndolle esta, acto seguido, ó citado delegado a súa condición de representante do sindicato, para tódolos efectos. O delegado sindical deberá ser traballador en activo das respectivas empresas e designado de acordo cos estatutos da central ou sindicato ó que represente. Será, preferentemente, membro do comité de empresa.

-Funcións dos delegados sindicais:

1. Representar e defende-los intereses do sindicato que representa e dos afiliados deste na empresa, e servir de instrumento de comunicación entre a súa central sindical ou sindicato e a dirección das respectivas empresas.

2. Poderán asistir ás reunións do comité de empresa, comités de seguridade e hixiene no traballo e comités paritarios de interpretación, con voz e sen voto, e sempre que tales órganos admitan previamente a súa presencia.

3. Terán acceso á mesma información que a empresa deba pór á disposición do comité de empresa, de acordo co regulado a través da lei, e están obrigados a gardaren sixilo profesional nas materias nas que legalmente proceda. Posuirán as mesmas garantías e dereitos recoñecidos pola lei e convenios colectivos ós membros do comité de empresa.

4. Serán oídos pola empresa no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten ós traballadores en xeral e ós afiliados do sindicato.

5. Serán, así mesmo, informados e oídos pola empresa con carácter previo:

a) Acerca dos despedimentos e sancións que afectan os afiliados do sindicato.

b) En materia de reestructuración de cadro de persoal, regulación de emprego, traslado de traballadores cando revista carácter colectivo ou do centro de traballo en xeral, e sobre todo proxecto ou acción empresarial que poida afectar substancialmente ós intereses dos traballadores.

c) A implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo ou calquera das súas posibles consecuencias.

6. Poderán recadar cotas ós seus afiliados, repartir propaganda sindical e manter reunións con eles, todo isto fóra das horas efectivas de traballo.

7. Coa finalidade de facilita-la difusión daqueles avisos que puidesen interesarlles ós respectivos afiliados ó sindicato e ós traballadores en xeral, a empre

sa porá á disposición do sindicato do que o delegado ostenta a representación, un taboleiro de anuncios que deberá establecerse dentro da empresa e en lugar onde se garanta, na medida do posible, un adecuado acceso a el por parte de tódolos traballadores.

8. En materia de reunións, ámbalas partes, en canto ó que ó procedemento se refire, axustarán a súa conducta á normativa legal vixente.

9. Os delegados cinguirán as súas tarefas á realización das funcións sindicais que lles son propias.

10. Cota sindical. A requirimento dos traballadores ou afiliados ás centrais ou sindicatos que posúan a representación a que se refire este apartado, as empresas descontarán da nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado na realización de tal operación remitiralle á dirección da empresa un escrito no que expresará con claridade a orde de desconto, a central ou sindicato a que pertence, a contía da cota, así como o número da conta corrente ou cartilla da caixa de aforros á que debe ser transferida a correspondente cantidade. As empresas efectuarán as anteditas detraccións, agás indicación en contrario, durante períodos dun ano.

11. A dirección da empresa entregaralle copia da transferencia á representación sindical da empresa, se a houber.

12. Excedencias. Poderá solicita-la situación de excedencia aquel traballador en activo que posuíse cargo sindical de relevancia provincial a nivel de secretariado do sindicato respectivo, e nacional en calquera das súas modalidades. Permanecerá en tal situación mentres se atope no exercicio do dito cargo, e reincorporarase á súa empresa se o solicitase no termo dun mes ó remata-lo desempeño deste. Nas empresas con cadro de persoal inferior a cincuenta traballadores, os afectados polo termo da súa excedencia cubrirán a primeira vacante que do seu grupo profesional se produza no seu cadro de persoal de pertenza, agás pacto individual en contrario.

13. Participación nas negociacións de convenios colectivos. Os delegados sindicais ou cargos de relevancia das centrais recoñecidas no contexto do presente convenio, implantadas nacionalmente e que participan nas comisións negociadoras de convenios colectivos mantendo a súa vinculación como traballadores en activo dalgunha empresa, seranlles concedidos permisos retribuídos por estes, co fin de facilitárlle-lo seu labor como negociadores durante o transcurso da devandita negociación, sempre que a empresa estea afectada pola negociación en cuestión.

B) Dos comités de empresa. Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidas polas leis, recoñéceselles ós comités de empresa as seguintes funcións:

a) Ser informado pola dirección de empresa:

1. Trimestralmente, sobre evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a evolución dos negocios e a situación da producción e vendas da entidade, sobre o seu programa de producción e evolución probable do emprego na empresa.

2. Anualmente, coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria, no caso de que a empresa presente a forma de sociedade por accións ou participacións, de cantos documentos se lles dean a coñecer ós socios.

3. Con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre a reestructuración de cadro de persoal, peches totais ou parciais, definitivos ou temporais e as reduccións de xornada; sobre o traslado parcial ou total das instalacións empresariais e sobre os plans de formación profesional da empresa.

4. En función da materia de que se trata:

Sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo e calquera da súas posibles consecuencias: estudio de tempos, establecemento de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

Sobre a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa, cando iso supoña calquera incidencia que afecta o volume de emprego.

O empresario facilitaralle ó comité de empresa o modelo ou modelos de contrato de traballo que habitualmente utilice, estando lexitimado o comité para efectua-las reclamacións oportunas perante a empresa e, se é o caso, a autoridade laboral competente.

Sobre sancións, impostas por faltas moi graves e, en especial, en supostos de despedimento.

No referente ás estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistrabilidade, o movemento de ingresos e cesamentos e os ascensos.

b) Exercer un labor de vixilancia sobre as seguintes materias:

1. Cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como o respecto dos pactos, condicións e usos de empresa en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas ante a empresa e os organismos ou tribunais competentes.

2. A calidade da docencia e da efectividade desta nos centros de formación e capacitación da empresa.

3. As condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo da empresa.

c) Participar, como regulamentariamente se determine, na xestión de obras sociais establecidas na empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

d) Colaborar na dirección da empresa para consegui-lo cumprimento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade da empresa.

e) Recoñéceselle ó comité de empresa a capacidade procesual, como órgano colexiado, para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo ó ámbito da súa competencia.

f) Os membros do comité de empresa e esta no seu conxunto, observarán sixilo profesional en todo o referente ós apartados 1, 2 e 3 do punto a/ deste artigo, mesmo despois de deixaren de pertencer ó comité de empresa e, en especial, en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinale espresamente o carácter reservado.

g) O comité velará, non só porque nos procesos de selección do persoal se cumpra a normativa vixente ou racionada, senón tamén polos principios de non discriminación, igualdade de sexo e fomento dunha política racional de emprego.

C) Garantía:

1. Ningún membro do comité de empresa ou delegado de persoal poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte ó seu cesamento, salvo que este se produza por revogación ou demisión, e sempre que o despedimento ou a sanción se baseen na actuación do traballador ou no exercicio legal da súa representación.

Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedecesen a outras causas, deberá tramitarse expediente contradictorio no que serán oídos, á parte do interesado, o comité de empresa ou restantes delegados de persoal e o delegado do sindicato ó que pertenza como tal na empresa.

Posuirán prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto ós demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

2. Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causa ou en razón do desempeño da súa representación.

3. Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación, podendo publicar ou distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicándolle todo iso previamente á empresa e exercendo tales tarefas de acordo coa normativa legal vixente para o efecto.

4. Disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determina. Así mesmo, non se computará dentro do máximo legal de horas o exceso que sobre este se produza con motivo da designación de delegados de persoal ou membros de comités como compoñentes de comisións negociadoras de convenios coelctivos nos que sexan afectados e, polo que se refire á celebración de sesións oficiais a través das cales transcorren tales negociacións, se cando a empresa en cuestión se vexa afectada polo ámbito de negociación referido.

5. Sen supera-lo máximo legal, poderán ser consumidas as horas retribuídas das que dispoñen os membros de comités ou delegados de persoal, co fin de preve-la asistencia destas a cursos de formación

organizados polos sindicatos, institutos de formación ou outras entidades.

6. O total de horas retribuídas dos membros do comité ou delegados a que se refire o apartado 4, poderá acumularse para seren desfrutadas por un ou varios dos seus compoñentes, sen supera-lo máximo total ó mes, sempre qeu medie acordo ó respecto do comité, debidamente comunicado á dirección da empresa con oito días de antelación e non lle supoña alteración grave ó réxime laboral desta.

Capítulo VI

Artigo 24º.-Roupas de traballo.

Tódolos traballadores terán dereito a roupas de traballo que consistirán en dúas pezas completas ó ano, como mínimo, e un par de zapatos adicional para os choferes. As ditas pezas de roupa facilitaranse no mes de xaneiro de cada ano, agás para o persoal de novo ingreso, ó que se lle facilitarán na data de incorporación.

Artigo 25º.-Formación profesional.

A Asociación de Empresarios Fabricantes de Pan e as organizacións sindicais que asinan este convenio poderán realiza-las xestións oportunas cos organismos que correspondan, para a celebración de cursos de formación profesional no sector e orientados ás especialidades deste.

A comisión paritaria do convenio controlará o cumprimento deste artigo, participando das xestións pertinentes, co fin de que o pactado se leve á práctica.

Artigo 26º.-Seguro de accidentes.

As empresas estarán obrigadas a concertar primas íntegras pola súa conta, no prazo de dous meses desde a sinatura do presente convenio, unha póliza de seguros para a cobertura e os riscos de falecemento ou invalidez total ou absoluta dos traballadores en caso de accidente, durante as vintecatro horas do día, que lle garanta ó traballador accidentado ou ós seus habentes causa, a percepción de dous millóns e medio de pesetas nos citados supostos. Para os efectos deste artigo, a cualificación de accidente do grao de invalidez será a que no seu día dictaminen os organismos laborais.

Estas compensacións son compatibles coas pensións e indemnizacións que lle puidesen corresponder ó traballador pola Seguridade Social ou Montepío.

O dito seguro vincularase á permanencia do asegurado na empresa. O cesamento nesta dará orixe á baixa do productor na póliza deste seguro sen que, polo tanto, este conserve dereito ningún a percibi-lo importe do capital no seu día garantido.

Entregaráselle copia da póliza onde figure o nome do asegurado a cada interesado.

Cada productor debe nomear un beneficiario para consignar na póliza en caso de falecemento.

Con independencia do anterior, en caso de falecemento dun traballador que estea en activo na empre

sa, os herdeiros recibirán o importe dunha mensualidade.

Artigo 27º.-Seguro de roubo.

A todo o persoal de despacho e reparto que, con ocasión do seu traballo para a empresa, manexe cantidades de diñeiro, seralle subscrito cunha compañía de seguros, por conta de cada empresa, un seguro de atraco e roubo, por unha cantidade suficiente que cubra a subtracción. Os beneficiarios do dito seguro terán en todo momento a obriga de cumprir cantos requisitos lles esixa a compañía de seguros, conducentes ó resarcimento das cantidades subtraídas.

Capítulo VII

Artigo 28º

No non previsto e regulado neste convenio, serán de aplicación as normas que sobre a materia veñan establecidas pola lexislación xeral.

No suposto de que non se acadase un acordo marco que substitúa a citada Regulamentación nacional para o sector, as partes acordan mantela en vigor nos aspectos que sexa preciso por non haber norma convencional ou xeral que as regule durante a vixencia normal do convenio, salvo que as ditas materias sexan reguladas por normativa estatal posterior, obrigándose a negociar tales aspectos no vindeiro convenio colectivo.

Artigo 29º.-Locais e taboleiro de anuncios.

Nas empresas ou centros de traballo, sempre que as características o permitan, porase á disposición dos delegados de persoal ou do comité de empresa, un local adecuado no que poidan desenvolve-las actividades, e comunicarse cos traballadores, así como un ou varios taboleiros de anuncios. As posibles discrepancias resolveraas a autoridade laboral, logo de informe da inspección de traballo.

Artigo 30º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria para a vixilancia e interpretación do presente convenio, composta de seis membros da parte económica e seis membros da parte social.

A dita comisión será o órgano competente para a interpretación e control de tódolos temas relacionados co presente convenio, e especificamente está facultada para o seguimento de todo o relacionado co contido do convenio, para evita-los prexuízos que se lles poidan causar ós traballadores e empresarios polo incumprimento deste e, para tal efecto, reunirase periodicamente e con carácter obrigatorio dentro dos quince días seguintes ó momento de recibir comunicación dunha das partes.

Artigo 31º.-Contrato de aprendizaxe.

As empresas poderán realizar contratos de aprendizaxe para todos aqueles postos de traballo que requiran especialización, excluíndose do dito contrato aqueles postos ou categorías nos que non sexa precisa a cualificación profesional.

Artigo 32º.-Cláusula de desvinculación salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio serán de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para as empresas que pretendan acollerse á cláusula regulada no presente artigo establécense os seguintes mecanismos:

1. Negociación coa representación legal dos traballadores.

2. Negociación en comisión paritaria do convenio.

3. Mecanismos do AGA.

A tódolos mecanismos citados anteriormente achegaráselle a seguinte documentación:

* Acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos tres últimos exercicios, nos que se demostre que durante eles se producen perdas reais.

* Plan de viabilidade para o período que se pretende a aplicación da dita cláusula de exención e a xustificación económica e a súa reprecusión real no melloramento global dos resultados da empresa.

Na súa aplicación poderán pactarse reduccións sobre as porcentaxes de incrementos negociados ou a súa total inaplicación polo período que se determine; neste último caso, aplicaranse os aspectos económicos nos mesmos termos que figuran no convenio anteriormente vixente.

Os representantes legais dos traballadores, así como os seus asesores, están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e os datos ós que tivesen acceso como consecuencia do establecido nos páragrafos anteriores, observando, polo tanto, respecto de todo iso, sixilo profesional.

Durante o tempo que dure a desvinculación salarial, as empresas comprométense a non reducir cadro de persoal.

Igualmente, páctase que nos dous anos seguintes, as empresas que se acollan a esta cláusula aboaranlles ós traballadores a porcentaxe deixada de percibir como consecuencia da desvinculación.

Artigo 33º.-Cláusula de adhesón ó AGA.

Ante a importancia que pode ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais CIG, CC.OO e UGT, as partes que asinan este convenio, durante a súa vixencia, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos nos que están formuladas. Igual submisión se pacta respecto do AGA II, referido a conflictos individuais, unha vez que se proceda á sinatura deste por parte das organizacións aludidas.

Queda derrogado na súa totalidade o convenio colectivo para o ano 1995.

Táboa de salarios

Categorías profesionaisSalario base

mensual/ptas.

Técnicos:
Xefe de fabricación87.778
Xefe de taller mecánico86.085

Administrativos:
Xefe de oficina e contabilidade87.778
Oficial administrativo79.706
Auxiliar administrativo74.380

Obreiros:Diario/ptas.
En panaderías totalmente mecanizadas:
Axudante de encargado2.538
Amasador2.534
Axudante de amasador2.490
Oficial2.490
Especialista2.490
Fogoneiro2.490
Gasista2.490
Acendedor2.490
Engraxador2.490
Mecánico de primeira2.517
Mecánico de segunda2.490
Mecánico de terceira2.477
Peón2.433

Nas restantes panaderías:
Mestre encargado2.614
Oficial de pa2.614
Oficial de masa2.520
Oficial de mesa2.487
Axudante2.433
Aprendiz 1º ano1.861
Aprendiz 2º ano2.003

Servicios complementarios:
Maiordomo2.507
Chófer2.614
Vendedora pan en despachos2.384
Transportista de pan a despachos2.507
Rapartidor a domicilio2.384
Persoal de limpeza (por horas)hora: 348
Persoal de limpeza (xornada completa)2.384

Táboa de salarios

Categorías profesionaisSalario anual/ptas

Mecaniza.Semimecan.A rend.

Técnicos:
Xefe de fabricación1.762.4041.696.5711.630.737
Xefe de taller mecánico1.731.9301.667.3661.602.803

Administrativos:
Xefe de oficina e contabilidade1.478.5701.478.5701.478.570
Oficial administrativo1.271.5711.271.5711.271.571

Obreiros:
En panaderías totalmente mecanizadas:
Axudante de encargado1.568.473
Amasador1.566.289
Axudante de amasador1.542.265
Oficial1.542.265
Especialista1.542.265
Fogoneiro1.542.265
Gasista1.542.265
Acendedor1.542.265
Engraxador1.542.265
Mecánico de primeira1.557.007
Mecánico de segunda1.542.265
Mecánico de terceira1.535.167
Peón1.511.143

Nas restantes panaderías:
Mestre encargado1.609.9691.550.5011.491.032
Oficial de pa1.609.9691.550.5011.491.032
Oficial de masa1.558.6451.501.3151.443.985
Oficial de mesa1.540.6271.484.0481.427.469
Axudante1.455.7921.400.442

Categorías profesionaisSalario anual/ptas

Mecaniza.Semimecan.A rend.

Aprendiz primeiro ano1.156.4931.114.156
Aprendiz segundo ano1.230.7951.185.227

Servicios complementarios:
Maiordomo1.297.631
Chofer1.347.776
Vendedora de pan a despachos1.239.987
Transportista de pan a despachos1.297.631
Repartidor a domicilio1.239.987
Persoal de limpeza (xornada completa)1.239.987

6500