Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 30 de outubro de 1996 Páx. 9.633

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Santaz-Censa, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Santaz-Censa, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-8-1996, susbcrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, o día 23-7-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de agosto de 1996.

Ramón Hermo Rey

Delegado provincial de Vigo (Pontevedra)

Convenio colectivo, normas xerais

Capítulo I

Sección primeira

Ámbitos

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio será de aplicación na factoría da empresa Santaz-Censa, S.A. das Gándaras de Prado-O Porriño e en calquera outro lugar onde o cadro de persoal da dita empresa preste os seus servicios por conta dela.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta a todo o persoal que presta servicios nos centros de traballo aludidos, no momento do seu asinamento, así como a todo aquel que ingrese durante a súa vixencia. Queda expre

samente excluído o persoal de alta dirección, do que se regula a relación laboral polo disposto no R.D. 1382/1985, do 1 de agosto e, en xeral, todo aquel non citado expresamente no texto do presente convenio.

Sección segunda

Vixencia, duración e rescisión

Artigo 3º.-Vixencia.

As normas estipuladas no presente convenio adquirirán vixencia desde o día 1 de xaneiro de 1996 ata o 31 de decembro de 1996.

Artigo 4º.-Prórroga e denuncia.

O presente convenio, aínda que estea esgotado o seu período de duración, seguirá vixente no seu texto normativo ata que entre en vigor un novo convenio. A solicitude de revisión terá que facerse con dous meses de antelación á data de finalización, sen necesidade de denuncia previa.

Sección terceira

Compensación e absorción de melloras

Artigo 5º.-Compensación.

Entendendo que as condicións estipuladas e recollidas no presente convenio son, no seu conxunto, máis beneficiosas cás que rexían con anterioridade á data de entrada en vigor, calquera que sexa a súa orixe, compensarán e subtituirán a estas na súa totalidade, sen máis excepcións cás expresamente contidas no presente convenio.

Artigo 6º.-Absorción.

As posibles e futuras disposicións legais ou voluntarias que impliquen variación na contía de todos ou cada un dos conceptos retributivos que son obxecto do presente convenio, seran absorbidas polas melloras económicas concedidas nel, salvo que, consideradas global e anualmente, superen o nivel de estas últimas.

Sección cuarta

Aplicación do texto normativo

Artigo 7º.-Comisión de vixilancia.

Tódalas dúbidas ou diferencias que xurdirán na interpretación deste convenio, serán sometidas á decisión dunha comisión de vixilancia, integrada por dous vocais designados pola dirección da empresa e outros dous pola representación social.

Artigo 8º.-Ordenanza aplicable.

Será de aplicación o Estatuto dos traballadores.

Capítulo II

Condicións de traballo

Sección primeira

Organización do traballo

Artigo 9º.-Competencia.

A organización práctica do traballo, sendo competencia da dirección da empresa estara suxeita a lexislación vixente e ó presente convenio colectivo. Os representantes dos traballadores partici

parán da maneira que neste convenio se determina e terán a función de velar polo cumprimento do disposto nel.

Artigo 10º.-Comisión técnica.

Créase unha comisión técnica integrada por 4 membros da representación social e outros 4 designados pola dirección da empresa, que se reunirán mensualmente e poderán ser chamadas as persoas que a xuízo de ámbalas partes sexan de utilidade, tanto pola implicación os asuntos que se traten, como pola súa calidade de expertos.

Artigo 11º.-Calidade do producto.

A calidade dos productos obtidos dos servicios prestados por un traballador ou grupo de traballadores, responderá ás condicións pre-fixadas pola empresa en normas, planos ou bosquexos que se lle entregarán para realiza-lo traballo. Se, por causas imputables ó traballador ou grupo de traballadores, os productos non se axustaran ás normas de calidade fixadas pola empresa, só non serán computadas para efectos de prima, senón que poderán motivar as accións de corrección disciplinaria que procedan, segundo as circunstancias concorrentes e a gravidade do caso.

Artigo 12º.-Saturación do traballador.

Todo o persoal estará obrigado a admiti-la saturación completa da xornada laboral, aínda con labores distintos ós do seu oficio, se as circunstancias obrigaran a isto, respectándose a súa persoalidade e/ou capacidade profesional.

Sección segunda

Movemento de persoal

Artigo 13º.-Ingreso.

Con excepción dos mandos intermedios e técnicos superiores, calquera contratación terá que realizarse con convocatoria de prazas, que serán cubertas mediante concurso-oposición, a tal resolución será determinada por unha comisión paritaria formada pola empresa e representantes dos traballadores.

Para tales efectos a empresa comunicarálles ós representantes dos traballadores os postos de traballo que se vaian cubrir, as condicións que deben reuni-los aspirantes e as características das probas de selección. O asinamento do contrato asistirán os representantes dos traballadores, e nun pazo non superior a 48 horas entregaráselles unha copia dos contratos.

Artigo 14º.-Ascensos.

As prazas de novo ingreso serán cubertas dándolle preferencia ó propio persoal do cadro, sempre que reúna a capacitación necesaria para o posto que se cubra, promevendo cursiños de formación profesional no caso de seren necesarios.

Con tal fin a empresa nos meses de abril e outubro convocará concurso-oposición co obxecto de cua

lifica-lo grao de aptitude dos aspirantes. Poderá presentarse a éste concurso-oposición todo o persoal da empresa que se considere con capacidade para aspirar ó posto ou postos que se vaian cubrir solicitándoo previamente por escrito.

Os resultados deste concurso-oposición, serán xulgados por un tribunal cualificador coa seguinte composición: un representante da dirección; dous vocais do comité de empresa e un xefe do departamento que corresponda en función da praza que se vaia cubrir ou persoa en quen delegue.

O resultado daráselle a coñecer ó persoal nun prazo máximo dun mes, contando desde a data do exame. En todo caso, cando se trate de postos que impliquen exercicio de autoridade e mando sobre terceiras persoas, seran cubertas directamente pola empresa.

A empresa e o comité, confeccionarán as normas para a realización e valoración dos exames.

Artigo 15º.-Movilidade de persoal.

A empresa só poderá despraza-lo persoal fóra do lugar habitual de traballo no caso de montaxe ou reparación dalgún dos productos fabricados por ela.

Nese caso deberá cumpri-los seguintes requisitos:

1. Comunicarllo ós representantes dos traballadores cun mes de antelación.

2. Solicitalo no taboleiro de anuncios con carácter voluntario.

Artigo 16º.-Cesamentos.

O persoal afectado polo presente convenio que desexe cesar na empresa, deberá comunicalo cunha antelación mínima de:

Persoal obreiro: 10 días.

Persoal empregado: 20 días.

Sección terceira

Contratación

Artigo 17º.-Contrato de aprendizaxe.

Os contratos de aprendizaxe son para traballadores de 16 a 25 anos e por un período máximo de 3 anos.

As retribucións deste contrato serán, como mínimo, as que marca o convenio para a súa categoría, incluídos os pluses, polo tempo real de traballo, non debendo traballar a sistemas de rendemento. Ó finaliza-lo contrato de aprendizaxe, o traballador pasará a ser fixo do cadro de persoal.

Farase un plan de formación consensuado cos representantes dos traballadores e designaranse os titores de acordo co comité de empresa.

O período de probas non será superior a 15 días e o 25% do tempo destinado a formación, realizarase mediante o acordo de formación continua ou ben en plans de empresa para máis de 200 traballadores.

Negociarase cos representantes dos traballadores os centros onde se impartirá a formación.

Este tipo de contrato cotizará á Seguridade Social pola continxencia de incapacidade laboral transitoria.

Artigo 18º.-Contrato en prácticas.

A retribución deste contrato será, como mínimo, a que marca o convenio para a súa categoría, incluídos os pluses, polo tempo real traballado, non debendo traballar a sistemas de rendemento.

Artigo 19º.-Persoal eventual.

Será requisito indispensable o contrato por escrito para a contratación do traballador eventual. Enténdese que todo traballador que ingrese na empresa sen contrato escrito por tempo ou obra determinados, é fixo unha vez superado o período de proba.

O persoal eventual será contratado sobre a base das mesmas condicións que veña desfrutando o persoal fixo.

Artigo 20º.-Mando.

Ningunha persoa allea ó cadro de persoal da empresa poderá exercer mando directo sobre o persoal dela.

Artigo 21º.-Diminución de aptitudes.

O persoal de capacidade diminuída que non fose declarado inválido permanente para o seu traballo habitual, poderá ser trasladado a outros traballos a xuízo da dirección da empresa e do comité.

Sección cuarta

Clasificación dos postos de traballo

Artigo 22º.-Nivel de cualificación.

Respéctanse en termos xerais e sen prexuízo das innovacións específicas que a peculiaridade da empresa e a súa particular organización aconsella, as cualificacións de persoal recollidas na derrogada ordenanza laboral siderometalúrxica.

En función dos postos de traballo existentes e da súa xerarquización, de acordo coas normas regulamentarias conxugadas ca distribución de funcións no seo da empresa as distintas categorías profesionais correspóndense cos niveis de cualificación que se indican a seguir:

1. Niveis Aprox. do persoal obreiro.

Oficial de 1ª A31.

Oficial de 1ª 30.

Oficial de 2ª 28.

Oficial de 3ª 25.

Especialista 24.

Aprendiz 1º ano 21.

2. Niveis Aprox. do persoal empregado.

2.1. Subalternos.

Almaceneiros 27.

Listeiros 26.

Chofer-comprador 25.

Basculeiro/porteiro-Vix. 23.

Telefonista 23.

Limpadora 21.

2.2. Administrativos.

Xefe de 1ª 50.

Xefe de 2ª 40.

Oficial de 2ª 29.

Subxefe de 1ª 45.

Oficial de 1ª 35.

Auxiliar administrativo 22.

2.3. Técnicos.

2.3.1. Técnicos titulados.

Perito e Enx. técnico ou Asimil. 1ª 50.

Perito e Enx. técnico ou Asimil. 2ª 47.

Perito e Enx. técnico ou Asimil. 3ª 40.

Axudante técnico sanitario 40.

2.3.1. Técnicos de oficina.

Proxectista de grupo 49.

Delineante Proxectist. 47.

Delineante de 1ª 42.

Delineante de 2ª 33.

Calcador 23.

2.3.2. Técnicos de taller.

Axudante de Enx. de 1ª 50.

Axudante de Enx. de 2ª 47.

Axudante de Enx. de 3ª 40.

Xefe de taller 50.

Mestre de 1ª 45.

Mestre de 2ª 40.

Encargado 37.

2.3.4. Técnicos de Organ.

Xefe de 1ª 50.

Subxefe de 1ª 46.

Xefe de 2ª 41.

Técnico de Org. de 1ª 38.

Técnico de Org. de 2ª 31.

Aux. de organización 23.

Preparador de 1ª 42.

Preparador de 2ª 34.

Capítulo III

Sección primeira

Retribucións directas

Artigo 23º.-Xornais e soldos básicos.

Para as respectivas categorías e niveis de cualificación establécense os xornais e soldos básicos seguintes: ver taboa nº 1.

O persoal que traballe na quenda de tarde, percibirá adicionalmente, o 18% do xornal ou soldo básico, aplicado sobre o número de horas traballadas na ante dita quenda.

Artigo 24ª.- Plus de asistencia e transporte.

Establécese un plus de asistencia que se aboará só os días de presencia na factoría e conforme a seguinte taboa: ver táboa nº 2.

Artigo 25º.-Prima.

A cantidade que figura como prima fixa pasará a salario base cun aumento do 5,5% e a razón de 168 horas/mes. Se se realizaran máis horas de 168 éstas pagaríanse segundo a táboa actualizada.

A cantidade anual dividirase por 14 pagas.

Sección segunda

Retribucións complementarias

Artigo 26º.-Enumeración.

Os respectivos xornais ou salarios básicos substitúen a tódalas retribucións ou emolumentos de carácter xeral que viñera percibindo o persoal como consecuencia de anteriores axustes. Quedan excluídos os seguintes conceptos:

-Antigüidade.

-Plus de Cualificac. Profes.

-Axudas de custo e Locomoc.

-Plus de distancia.

-Plus de xefe de equipo.

-Protecc. da Famil.

-Compensación por traballos tóxicos, penosos e perigosos.

Artigo 27º.-Antigüidade.

Para efectos de antigüidade, aboaranse aumentos periódicos por anos de servicio consistentes no aboamento de quinquenios na contía do 5% do xornal ou soldo básico do presente convenio.

Para o cómputo da antigüidade, observarase o disposto na derrogada ordenanza laboral siderometalúrxica. De acordo coas categorías e niveis de cualificación do persoal obreiro e empregado, os importes dos quinquenios respectivos seran os seguintes: ver táboa nº 4.

Artigo 28º.-Axudas de custo e locomocións.

Será de aplicación nos desprazamentos por razons de servicio para todo o persoal suxeito ó convenio:

viaxe en FF.CC en 1ª e unha axuda de custo diaria de 7.000 ptas.

Observacións:

1. Nas datas de comezo e finalización de calquera desprazamento computarase unha axuda de custo íntegra.

2. Os desprazamentos que permitan pasa-la noite no propio domicilio non devengarán axudas de custo; neste caso percibiranse os gastos de desprazamento (se se utilizase medio de transporte alleo á empresa) e unha indemnización para comida cifrada en 850 ptas.

3. Os desprazamentos na provincia que non orixinen para o persoal gastos de ningún tipo por asumilos a empresa na súa totalidade non devengarán axudas de custo nin locomocións ningunhas. Os desprazamentos fóra da provincia que permitan pasa-la noite no propio domicilio devengaran media dieta.

4. En circunstancias excepcionais, e logo de autorización da empresa, os desprazamentos poderán efectuarse en vehículo propio; neste caso o importe da locomoción resultará de aboa-la cantidade de 22 ptas. por km percorrido.

5. O importe da axuda non inclúe aqueles gastos de carácter extraordinario que a comisión do servicio faga necesarios. O aboamento do seu importe, debidamente xustificado, será independente do que corresponda por axudas de custo ou locomocións.

6. Os desprazamentos fóra do territorio nacional, devengarán as axudas de custo que se determinen en cada caso.

Artigo 29º.-Plus de distancia.

A aplicación deste plus rexerase pola lexislación vixente específica, establecendo o tope máximo nas 315 ptas./día.

Artigo 30º.-Plus de xefe de equipo.

Fíxase o plus de xefe de equipo nas 140 ptas./día durante o presente convenio.

Artigo 31º.-Protección a familia.

Para a súa regulación e aplicación observarase ao disposto na Lei da Seguridade Social e na lexislación complementaria específica que a desenvolve no que se refire a este concepto.

Artigo 32º.-Traballos penosos, tóxicos e/ou perigosos.

A definición dos traballos que terán a consideración de penosos, tóxicos ou perigosos, será obxecto de estudio e proposta do comité de seguridade e hixiene e aceptación posterior, se procede, da dirección. As discrepancias que puideran haber, presentaranse diante da audiencia laboral.

Establécese unha compensación económica do 20, 25 ou 30% segundo se dean un, dous ou os tres conceptos, do salario base. Así mesmo procurarase por todos os médios ao alcance da empresa, evita-la realización destes traballos e, no caso de seren necesarios, rotarase a maior parte posible do persoal.

Sección terceira

Nóminas

Artigo 33º.-Liquidación mensual.

A totalidade das retribucións do conxunto do cadro de persoal será obxecto de liquidación por periodos mensuais e faranse efectivos o penúltimo día hábil de cada mes.

Con cargo ó resultado da liquidación mensual aludida, o persoal poderá solicitar anticipos. A contía destes non poderá ser superior ó 90% das cantidades devengadas polos distintos conceptos salariais ata a data da solicitude. O aboamento dos anticipos efectuarase os días 10 e 20 de cada mes.

Capítulo IV

Xornada de traballo e horas extraordinarias

Sección primeira

Xornada de traballo

Artigo 34º.-Modalidade e horario.

O número total de horas efectivas de traballo será de 1.785 anuais.

Sen perxuízo das modificacións que puideran determinarse por acordo entre o comité de empresa e a dirección, por iniciativa ou proposta de calquera deles, establécese polo de agora o horario de traballo seguinte, ó que quedará suxeito todo o persoal.

Quenda de mañán: de 6.30 horas á 14.15 horas de luns a venres.

Quenda de tarde: de 14.15 horas á 22 horas de luns a venres.

Mentre non se modifique este horario, as horas que faltasen para os cómputos anuais que se deixan establecidos deberaá facerse en sábados.

O calendario laboral anual confeccionarase en reunión conxunta da dirección e o comité no mes de decembro do ano anterior a aquel no que teña que aplicarse.

O comité colaborará coa empresa na distribución das quendas equilibradas de acordo coas necesidades.

A empresa garante que dará o máximo de facilidades para o intercambio de quendas entre traballadores, cando estes o soliciten, mantendo o equilibrio profesional.

Sección segunda

Horas extraordinarias

Artigo 35º.-Horas extraordinarias.

A realización de horas extraordinarias será sempre voluntaria por parte do traballador salvo que se tratase de prever ou reparar sinistros ou por causa de forza maior, e nestes casos la empresa acordará co comité o número de horas extras que se realizarán por departamento e con antelación.

Consideraranse horas extras aquelas que non estean comprendidas dentro do horario que establece este convenio, e conforme o disposto no artigo 35 do Estatuto dos traballadores reformado.

Artigo 36º.-Valor.

Durante a vixencia do presente convenio o valor das horas extraordinarias será o que recolle a seguinte táboa: ver táboa nº 5.

A empresa procurará que o 50% das horas extras que se realicen se desfrute como descanso a razón de 1,5 horas por cada unha traballada.

As horas extras que se realicen en sábados, domingos ou festivos aboaranse cun 70% de recargo.

Ó persoal da quenda de noite que realice a súa xornada entre as 18.30 e as 6.30 horas do día seguinte, abonaráselle 3,50 horas extras e un plus de nocturnidade de 1.870 ptas. por xornada.

Ó persoal da quenda de noite que realice a súa xornada entre as 22 horas e as 6.30 horas do día seguinte, abonaráselle un plus de nocturnidade de 2.305 ptas. por xornada.

En todo caso os horarios establecidos deberán ser fixos.

Capítulo V

Pagas extras, vacacións e licencias

Sección primeira

Pagas extras

Artigo 37º.-Pagas extraordinarias.

Para todo o persoal afectado polo presente convenio as pagas serán:

Verán: 30 días.

Nadal: 30 días.

O aboamento efectuarase conforme os xornais e soldos básicos respectivamente, máis o plus de cualificación profesional que, en cada caso poida corresponder.

A paga de verán farase efectiva o 30 de xuño e a de Nadal o 20 de decembro.

Sección segunda

Vacacións

Artigo 38º.-Vacacións.

A duración do período anual de vacación, non substituíble por compensación económica, será de 30 días naturais. Desfrutaranse ininterrompidamente, salvo petición do traballador, dentro das datas máis convenientes, que se farán coincidir entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

O comité de empresa será informado antes do 31 de marzo das datas de comezo e remate das vacacións. Se o día habitual, de pagamento da nómina coincidira dentro do período fixado para o desfrute de vacacións, a liquidación de haberes do mes correspondente efectuarase antes do comezo daquelas.

Sección terceira

Licencias

Artigo 39º.-Licencias retribuídas.

A empresa considera licencias retribuídas:

Enlace matrimonial: 15 días naturais.

Matrimonio de fillos ou irmáns: 1 día laborable.

Parto de esposa: 3 días laborables (ampliados en caso grave).

Pasamento de:

Cónxuxe e fillos: 5 días naturais.

Fillos políticos, pais, pais políticos, irmáns, irmáns políticos, netos, avós e avós políticos: 3 días naturais.

Tíos, tíos, políticos e sobriños: 1 día natural.

Se o pasamento supón desprazarse fóra da provincia, incrementarase nun día máis.

Enfermidade grave de:

Cónxuxe e fillos: ata 4 xornadas.

Pais, pais políticos, avós ou irmáns: ata 2 xornadas.

Entenderase por enfermidade grave aquela na que exista necesidade de hospitalización, intervención cirúrxica, necesidade de acompañante ou cando así sexa cualificada polo facultativo correspondente.

Aqueles traballadores que tiveran fillos diminuídos psíquico ou fisicamente, os días necesarios para asistir á consulta médica.

Traslado de domicilio:

Traslado de domicilio habitual: ata 2 xornadas.

Exames:

Os días necesarios, logo de xustificación; así como preferencia para elixir quenda de traballo, cando se cursen estudios con regularidade, (artigo 22 do Estatuto dos traballadores).

Falecemento como consecuencia de accidente laboral ocorrido na factoría:

Desde a hora na que ocurra o feito, darase por rematada a xornada laboral, e concederáselle permiso á totalidade do persoal ata a conducción do cadáver.

Os días de licencia serán aboados conforme os xornais e soldos básicos. Os días contaranse desde o mesmo en que aconteza o feito causante. No prazo máximo de 48 horas despois da incorporación dos traballadores beneficiarios dalgunha das licencias indicadas deberan xustificar documentalmente a existencia das circunstancias que alegase para a súa obtención, topándose no mesmo caso os que por causas urxentes ou imprevisibles, non puideran solicita-lo permiso previo.

Para o caso concreto de casamento, poderase amplia-la duración da licencia retribuída ata un máximo de outros oito días non retribuídos, sendo potestativa da dirección a concesión deste complemento de licencia regulamentaria.

Polo tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas da S.S. cando, coincidindo o horario de consulta co do traballo, a consulta dexa prescrita polo facultativo de medicina xeral ou da empresa, para o cal o traballador deberá presenta-lo volante xustificativo da referida cita médica.

Nos demais casos ata o límite de 16 horas/ano.

Capítulo VI

Roupas de traballo

Artigo 40º.-Entrega anual.

A empresa fará entrega anualmente das pezas de roupa de traballo seguintes:

-Persoal obreiro e mandos de taller: 3 fundas (dous en xaneiro e un en xuño).

-Persoal empregado que sexa necesaria no taller: 1 funda.

-Limpadoras de oficina: 2 batas (1 en xaneiro e outra en xuño).

A empresa disporá dunha reserva de fundas para seren usadas en traballos que pola sua natureza poidan dar lugar a unha deterioración moi rápida das roupas de traballo.

O uso da roupa de traballo facilitadas pola empresa é obrigatorio durante toda a xornada laboral.

Capítulo VII

Acción asistencial

Artigo 41º.-Bolsas.

A empresa manterá un fondo para a concesión de bolsas de estudio cunha dotación de 500.000 ptas. anuais, ás que poderán opta-los traballadores para si ou para os seus fillos. A contía, distribución e administración destas bolsas, axustarase á normativa que estableza a comisión do fondo social.

Artigo 42º.-Seguro de accidentes.

Mantense un seguro de accidentes de traballo de 1.500.000 ptas. por morte e 2.000.000 de ptas. por incapacidade permanente total ou superior.

Artigo 43º.-Xubilación anticipada.

O persoal que reúna os requisitos esixidos para percibi-la pensión de xubilación e estea acollido ó convenio colectivo poderá pasar voluntariamente á situación de xubilación definitiva a partir dos 60 anos cumpridos; será a cargo da empresa a diferencia entre a pensión e o 100% dos salarios líquidos do traballador en xornada diaria, con carácter irreversible, vitalicio e inabsorvible.

O persoal que se acolla á xubilación definitiva nas condicións recollidas no parágrafo anterior e que falecera antes de cumpri-los 65 anos de idade, xerará a favor da súa viúva e a cargo da empresa, a diferencia entre o 31 e o 45% dunha base composta pola base reguladora inicial da pensión de xubilación da mutualidade, aumentada nun 8% cada ano que lle faltase para cumpri-los 65 e a pensión de viuvez que lle asigne a mutualidade.

Para a xubilación voluntaria a partir dos 60 anos, teranse en conta os salarios computables posibles do ano da xubilación.

Artigo 44º.-Préstamos a longo prazo.

Como contribución á solución de necesidades urxentes de índole económica referida á situación familiar dos traballadores, a empresa manterá un sistema de préstamos a longo prazo con cargo a un fondo específico, cunha dotación de 2.000.000 de ptas.

A contía, distribución e administración deste fondo, axustarase á normativa que ó respecto estableza unha comisión paritaria do fondo social.

Artigo 45º.-Premios de seguridade e hixiene.

A empresa pasará a cantidade de 150.000 ptas. anuais para premios ós traballadores que se distinguirán no cumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo. Premios que seran distribuídos polo comité de seguridade e hixiene no mes de decembro.

No caso de seren declarados desertos os premios, a contía pasará a incrementar un fondo de seguridade e hixiene para acción asistencial.

Artigo 46º.-Acción sindical.

En materia sindical na empresa, observarase oo previsto no Estatuto dos traballadores e no acordo marco interconfederal (AMI).

A petición expresa das Centrais Sindicais, descontarase a cota sindical os seus afiliados, logo de petición escrita destes.

Táboas salariais 1996

Santaz-Censa, S.A.

Primas

CategoríaNivelXornal

ano 1995

Incr. 5,5% máis

prima a S. base

Quenda

tarde

Asist.MesAntigüidade

-Persoal obreiro
Oficial de 1ª A313,4404,475805.4920519,641224
Oficial de 1ª303,3744,384789.1520119,149219
Oficial de 2ª283,2754,233761.9419018,065212
Oficial de 3ª253,1304,018723.1718116.614201
Especialista243,0743,936708.5517516,101197
Peón213,0093,789682.0117214,269189

-Persoal empregado
50125,201151,037906.2225720,9567,552
49124,219149,670898.0225420,5907,484
47122,252146,931881.5924819,8567,347
46120,127144,353866.1224619,4847,218
45117,674141,438848.6324019,1227,072
42115,242137,876827.2623418,0216,894
41113,298135,494812.9623117,6546,775
40111,659133,659801.9522517,5376,683
38108,113129,245775.4722016,7936,462
37107,777128,582771.4921716,4526,429
35104,803124,734748.4020915,6666,237
34104,048124,600741.6020615,2936,180
33102,184121,296727.7820414,9206,065
31100,169118,497710.9819714,1755,925
2997,040114,521687.1318913,4295,726
2794,710111,386668.3218312,6815,569
2693,654109,936659.6118112,3095,497
2591,057106,853641.1217411,9305,343
2389,031104,038624.2317011,1805,202
2287,484102,075612.4516610,8145,104
2186,562100,764604.5816310,4405,038

-Nocturnidade: con horas 1.869 ptas. noite.

sen horas: 2.303 ptas. noite.-Plus distancia: 315 ptas./día.-Plus xefe de equipo: 140 ptas./día.

Nota: a prima mensual que figura no cadro pasa a soldo base por doce meses dividida por catorce meses.

Departamento persoal

Valor hora extra normalValor hora extra festiva

CategoríaNivel0Q1Q2Q3Q4Q5Q0Q1Q2Q3Q4Q5Q

-Persoal obreiro
Oficial 1ª319439851,0271,0691,1121,1621,5161,5901,6621,7341,8051,890
Oficial 1ª309229651,0071,0491,0931,1421,4861,5581,6281,7021,7741,858
Oficial 2ª288809219621,0001,0421,0891,4181,4881,5571.6211,6951,775
Oficial 3ª258278659029419781,0211,3341,3981,4621,5281,5911,666
Especialista248078448829219559991,3031,3661,4311,4951,5551,628
Peón217808178558939289701,2661,3201,3921,4571,5171,588

-Persoal empregado
501,2561,3221,3891,4551,5071,5822,1352,2472,3612,4742,5612,689
491,2411,3071,3711,4401,4941,5692,1102,2222,3312,4472,5402,667
471,2111,2741,3351,4021,4711,5452,0582,1662,2712,3832,5012,628
461,2111,2741,3351,4021,4711,5452,0582,1662,2712,3832,5012,628
451,1801,2421,3071,3681,4301,5012,0062,1112,2222,3242,4312,553
421,1381,1971,2571,3191,3891,4581,9352,0362,1372,2432,3612,480
411,1061,1651,2241,2801,3401,4071,0011,9802,0802,1772,2782,392
401,1021,1591,2181,2751,3341,4021,8731,9722,0712,1682,2692,382
381,0651,1201,1781,2321,2881,3521,8091,9052,0022,0942,1892,298
371,0581,1141,1711,2261,2811,3451,7981,8941,9912,0842,1792,287
351,0231,0761,1301,1861,2441,3071,7381,8291,9212,0162,1162,221
341,0031,0561,1111,1651,2391,3011,7051,7951,8881,9802,1052,210
339881,0391,0921,1451,2041,2641,6791,7671,8571,9482,0472,149
319551,0051,0581,1131,1711,2301,6231,7081,7991,8921,9912,091
299299781,0311,0661,1431,2011,5801,6631,7541,8131,9432,040
279039511,0041,0331,1171,1721,5351,6161,7061,7571,8981,994
268919389901,0161,1031,1571,5151,5941,6831,7201,8741,968
258659109639821,0761,1301,4701,5471,6381,6701,8291,920
238238669079481,0011,0521,3971,4711,5421,6131,7021,788
228118538949309881,0371,3781,4501,5211,5821,6781,761
217988398819159751,0241,3551,4261,4981,5551,6561,740

6395