Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 29 de outubro de 1996 Páx. 9.581

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 21 de outubro de 1996 pola que se desenvolve o procedemento de integración na escala técnica de finanzas do persoal ó que alude o artigo 2 e a obtención do diploma previsto no artigo 5 do Decreto 369/1992, do 17 de decembro, de integración na escala técnica de finanzas de determinados funcionarios da Xunta de Galicia.

O artigo 17 da Lei 15/1991, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 1992, ó abeiro do disposto no artigo 20 da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, creou a escala técnica de finanzas, que se estructura nas seguintes especialidades:

a) Técnica de inspección financeira e tributaria.

b) Técnica de xestión tributaria.

c) Técnica de contabilidade e intervención.

O Decreto 369/1992, do 17 de decembro (DOG nº 251, do 28 de decembro. Correccións de erros DOG nº 27, do 10 de febreiro de 1993 e DOG nº 235, do 9 de decembro de 1993), realizou a integración do persoal comprendido no seus artigos 1, 3 e 4, autorizando á Consellería de Economía e Facenda nos artigos 2 e 5 a establece-los cursos ou probas específicas que, unha vez superadas, permitirán a integración na escala técnica de finanzas do persoal comprendido no seu artigo 2, así como a establece-las probas que mediante a súa superación permitirán obte-lo diploma que habilite, ó persoal que se integre na escala, para ocupar postos de traballo reservados a outra ou outras especialidades desta.

En consecuencia, facendo uso da autorización prevista nos artigos 2 e 5 do dito decreto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O persoal ó que alude o artigo 2 do Decreto 369/1992, do 17 de decembro, de integración na

escala técnica de finanzas de determinados funcionarios da Xunta de Galicia poderá integrarse na dita escala segundo o seguinte procedemento:

O persoal sinalado nos apartados a) e b).1 deberá superar un curso, na especialidade que lle corresponda segundo o disposto no anexo III do Decreto 369/1992, que terá unha duración de 150 horas lectivas.

Artigo 2º

O curso ó que se alude no artigo 1 constará das seguintes materias, todas elas comúns ás tres especialidades da escala técnica de finanzas:

-Contabilidade pública.

-Política financeira.

-Tributos xestionados pola Comunidade Autónoma e funcionamento das oficinas liquidadoras.

-Tributos xestionados polo Estado.

-Recursos e sancións.

-Procedemento de xestión.

-Procedemento de inspección.

-Función interventora.

-Auditoria e control financeiro.

-Orzamentos da Comunidade Autónoma e disposicións que os desenvolven.

Artigo 3º

Para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 369/1992, do 17 de decembro, os funcionarios actualmente integrados na escala técnica de finanzas que desexen obte-lo diploma correspondente a unha especialidade distinta da que lles correspondeu en virtude da súa integración, deberán superar unha proba sobre as materias correspondentes ó curso sinalado no artigo 2º.

Do mesmo xeito o persoal ó que se refire o artigo 1 da presente orde, unha vez integrado na escala técnica de finanzas pola superación do curso establecido no artigo 2º, poderá obte-los diplomas das outras especialidades previa superación dunha proba sobre as materias correspondentes ó curso sinalado no artigo 2º.

Artigo 4º

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas actividades do curso. A ausencia xustificada deberá ser autorizada polo director ou responsable do curso.

A falta de asistencia inxustificada a 20 ou máis horas lectivas do curso determinará a cualificación de «non apto». A falta de asistencia, aínda que estea xustificada, a máis do 20% das horas lectivas, determinará tamén a cualificación de non apto no curso.

Artigo 5º

Os cursos terán por finalidade servir de instrumento para acredita-la preparación e capacidade técnica dos funcionarios no cumprimento das tarefas propias da escala técnica de finanzas.

Para a superación do curso deberá acreditarse o coñecemento das materias específicas mediante o procedemento de avaliación contínua a través das probas parciais e finais pertinentes.

O persoal que non superase algunha avaliación ou proba non poderá integrarse na escala técnica de finanzas ata obter unha avaliación favorable na totalidade das materias do curso, e deberá concorrer a novas convocatorias do curso nas materias que teñan pendentes de superar.

Artigo 6º

Por orde da Consellería de Economía e Facenda procederase á convocatoria do curso obxecto da presente orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

9607858