Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 29 de outubro de 1996 Páx. 9.582

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 25 de outubro de 1996 pola que se modifica a do 30 de novembro de 1995 pola que se declara a alienabilidade de varias parcelas sitas na parroquia de Mabegondo, termo municipal de Abegondo (A Coruña) e se acorda a permuta por outras propiedades do Concello de Abegondo.

A consecuencia da solicitude de ampliación da proposta de permuta de terreos municipais do Concello de Abegondo por outros do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, acordada polo Pleno do Concello de Abegondo na sesión celebrada o 15 de xuño de 1996, no sentido de incluír na oferta de terreos municipais a permutar os bens de propios que figuran no inventario de bens cos números 132 e 133, e unha vez acreditada a conveniencia e o valor económico da operación, por proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio, logo de informe da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda, de conformidade coas competencias atribuídas a esta consellería segundo os artigos 77 e seguintes do Regulamento para a execución da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o apartado 1 do artigo 2 da Orde do 30 de novembro de 1995, (DOG nº 242, do 20 de decembro), no sentido de que a superficie total dos terreos aportados polo Concello de Abegondo ascende aproximadamente a 54.400 m,

ó incluírse na lista de predios para permutar polo Concello de Abegondo os seguintes:

a) Terreo antes dedicado a camiño público do lugar de Barros ó de Monte, de trinta e dúas áreas e oitenta centiáreas, que limita ó norte, con María Dolores e Enrique Pardo de Andrade; ó sur, Ana Meas Ponte, Juan Aba Calviño, Manuel Muíño Crespo, María Dolores e Enrique Pardo de Andrade e terreo municipal, antes destinado a camiño público; ó leste, María Dolores e Enrique Pardo de Andrade e terreo municipal antes destinado a camiño e ó oeste, continuación do camiño que se describe ata o lugar de Monte, Pedro Calviño Ponte, María Dolores e Enrique Pardo de Andrade e terreo, antes camiño. Os terreos dos particulares estremeiros son na actualidade do INIA (Comunidade Autónoma de Galicia). Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 1448, libro 190, folio 200, predio 18.888, inscrición 1ª.

b) Terreo antes dedicado a camiño público de Beldoña ó lugar da Igrexa. Está atravesado por terreo antes camiño, da partida anterior. A súa cabida é de trinta e nove áreas e dez centiáreas. Linda ó norte, María Dolores e Enrique Pardo de Andrade, Ana Meas Ponte, Manuel Domínguez, Manuel Loureda Dans, Evangelino Zapata, María Manuela e Jesús Aba Taboada, Pedro Varela García, Antonio Dans Rodríguez e María del Amparo Quiroga Quiroga; ó sur, Benito García González, María Dolores e Enrique Pardo de Andrade, Salvador Mantiñan Fernández, Pedro Calviño Ponte, Lourdes Vicos García, Antonio Rey, Antonio Varela García e María del Amparo Quiroga Quiroga; ó leste, resto do camiño que se describe e que segue a Beldoña e ó oeste, resto tamén do camiño que se describe e que segue ó lugar da Igrexa. Os terreos dos particulares estremeiros son na actualidade do INIA (Comunidade Autónoma de Galicia). Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 1448, libro 190, folio 201, predio

18.889, inscrición 1ª.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

7735