Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 28 de outubro de 1996 Páx. 9.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1996 pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de setembro de 1996 no que se adxudican provisionalmente 2 emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de setembro de

1996, relativo á adxudicación provisional de dúas emisoras en ondas métricas con modulación de frecuencia para a súa explotación polas corporacións locais, resulta necesario darlle publicidade ó devandito acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regulan o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, e de acordo coa Orde do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo), que abre o prazo de presentación de solicitudes con esta finalidade.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa reunión do 13 de setembro de 1996, polo que se adxudican provisionalmente 2 emisoras de radiodifusión sonora para a súa explotación polos respectivos concellos, texto que figura no anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1996.

José Manuel Soto Vázquez

Director xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual

ANEXO

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de setembro de mil novecentos noventa e seis adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«De conformidade co establecido na Lei 11/1991, do 8 de abril, de organización e control das emisoras municipais de radiodifusión sonora, no Decreto 156/1989, do 27 de xullo (DOG nº 151, do 8 de agosto) modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro (DOG nº 27, do día 10 do mesmo mes), que regulan o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, na Orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo seguinte), e demais normativa estatal e autonómica, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura e Comunicación Social, acorda adxudicar con carácter provisional a explotación de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia ós concellos que se relacionan no anexo adxunto, con expresión das características que corresponden a cada unha das emisoras.

O outorgamento das concesións, que habilitarán para a posta en funcionamento das correspondentes emisoras, estará supeditado á aprobación previa do proxecto técnico, á realización das obras e instalacións correspondentes, así como á posterior inspección e autorización da posta en funcionamento.

A Consellería de Cultura e Comunicación Social adoptará as medidas necesarias para a execución do presente acordo, de conformidade coas funcións que lle outorga o artigo 2 do Decreto 212/1996, do 6 de xuño, que modifica parcialmente a estructura orgáncia da Xunta de Galicia».

Anexo do acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se adxudican provisionalmente dúas emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, para a súa explotación polas corporacións locais.

Prov.: C

Municipio: Betanzos.

F(Mhz): 107.9

Lonx.: 8W1237

Lat.: 43N1655

Cota: 38

HEFM: 37.5

PRAW: 150

P: M

D: N

Prov.: PO

Municipio: Arbo.

F(Mhz): 107.3

Lonx.: 8W1848

Lat.: 42N0650

Cota: 115

HEFM: 37.5

PRAW: 50

P: M

D: N

7753