Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Piñeiro-Estacas-Cuntis (sector III) (Cuntis-Pontevedra), que co obxecto de que tomen posesión provisional deles, póñense á disposición dos respectivos propietarios os predios de substitución, fixándose como data límite para a dita toma de posesión o 4 de novembro de 1996, a falta de acordo do propietario delas e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.
Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, contados desde o 5 de novembro de 1996, os interesados poderán reclamar, acompañando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.
De acordo co artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios será obxecto de compulsión directa, logo
de apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.
Así mesmo, ponse en coñecemento de todos que a posesión dos predios de substitución outorga a aqueles que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios, os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada poderá verse privado das colleitas, a falta de acordo co adxudicatario.
Pontevedra, 26 de setembro de 1996.
Miguel Angel Pérez Dubois
Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural
7686