Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 28 de outubro de 1996 Páx. 9.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1996 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, para a contratación da asistencia técnica consistente na execución de tarefas de carácter informático.

Obxecto: execucución de tarefas de carácter informático na sede central e nas áreas provinciais do Intituto Galego da Vivenda e Solo.

Orzamento: vintenove millóns cincocentas mil (29.500.000) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: un (1) ano.

Clasificación: grupo III; subgrupo 3; categoría B ou superior.

Garantía provisional: 590.000 ptas.

Garantía definitiva: 1.180.000 ptas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación, estarán a disposición dos interesados, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do Instituto Galego

da Vivenda e Solo (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de propostas: as proposicións presentaranse no antedito rexistro antes das 14 horas do décimo terceiro (13) día natural contado a partires do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou telefax no mesmo día.

Apertura de propostas: a apertura das propostas admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás once (11) horas do quinto día hábil contado a partir do seguinte ó remate do prazo de presentación de propostas. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reuniríase o luns seguinte á mesma hora.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

7770